6.627
edicións
Sem resumo de edição |
Sem resumo de edição |
||
En [[1892]], [[Manuel Martínez Santiso]] na súa ''Historia de la Ciudad de Betanzos'' facía referencia á fortaleza e informaba de que xa non ficaban restos.<ref>{{Cita libro |nome=Manuel |apelidos={{Versaleta|Martínez Santiso}} |nome-editor=Alfredo |apelidos-editor=Erias Martínez |ligazón-editor=Alfredo Erias |título=Historia de la Ciudad de Betanzos |url=https://anuariobrigantino.betanzos.net/betanzos.pdf |tipo=facsímile |ano=1987 |ano-orixinal=1892 |editorial=[[Deputación da Coruña]] |lingua=es |isbn=84-86040-17-5 |páxina=142}}</ref> En [[1918]], o historiador e arqueólogo [[Ángel del Castillo]] cría que non había «xeito nin de reducir a súa situación nin de probar a súa existencia».<ref>{{Cita libro |nome=Ángel |apelidos={{Versaleta|Del Castillo}} |ligazón-autor=Ángel del Castillo |nome-editor=Francisco |apelidos-editor=Vales Villamarín |ligazón-editor=Francisco Vales Villamarín |título=1918. Xogos froraes de Betanzos |url=https://anuariobrigantino.betanzos.net/1918XF/XF1918.htm |ano=1918 |editorial=Imp. de Manuel Villuendas |lugar=Betanzos |lingua=es |páxinas=27-48, en 30 |capítulo=Reseña histórica dos monumentos y-obras d'arte qu'esistiron y-eisisten en Betanzos |urlcapítulo=https://anuariobrigantino.betanzos.net/1918XF/1918_29-48.pdf}}</ref>
No ano [[1994]] foi declarada [[Ben de Interese Cultural]] (BIC), malia non existir na altura indicio ningún sobre a localización nin estruturas.<ref name="BIC"/> Recibiu esta declaración por mor dun decreto estatal que protexía tódolos castelos independentemente do seu estado.<ref name="autorización">{{Cita web |url=https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58871/xunta-autorizara-nuevos-trabajos-prospeccion-para-localizar-torre-teodomiro-blindar?langId=gl_ES |título=A Xunta autorizará novos traballos de prospección para localizar a Torre de Teodomiro e blindar a súa protección |data=9 de xuño de 2021 |páxina-web=[[Xunta de Galicia]] |localización=[[Santiago de Compostela]]}}</ref> Tamén foi incluída no [[Plan Xeral de Ordenación Municipal]] do concello de [[Aranga]], que se aprobou en [[2013]]. Aínda que sen xeolocalizar, situouse na parroquia de [[Fervenzas]].<ref>{{Cita informe |ano=2013 |título=Catálogo de Patrimonio |url=http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARANGA/documents/27849ca004.PDF |institución=[[Aranga|Concello de Aranga]] |serie=[[Plan Xeral de Ordenación Municipal]] |en=Código do elemento 5-1}}</ref> A falla de indicios sobre os seus restos provocou a intención de analizar a súa baixa como Ben de Interese Cultural.<ref name="BIC"/>
[[Francisco Pato Fandiño]], na súa obra de [[2018]] sobre a parroquia de [[Santa María de Ois]] ([[Coirós]]), consideraba posíbel que a fortaleza se localizase no lugar denominado Cruz do Campo Xaneiro,<ref>{{Cita libro |nome=Francisco |apelidos={{Versaleta|Pato Fandiño}} |título=Historia documentada de Santa María de Ois |url=http://fillosdeois.org/hdocois.pdf |ano=2018 |editorial=[[Deputación da Coruña]] |lingua=es |páxina=18}}</ref> onde converxen as parroquias de Ois, Fervenzas, [[Bandoxa, Oza-Cesuras|Bandoxa]] e [[Rodeiro, Oza-Cesuras|Rodeiro]] (estas dúas últimas do concello de [[Oza-Cesuras]]).<ref>{{Cita mapa |autor=Instituto Geográfico Nacional de España |título=Mapa Topográfico Nacional de España |mapa=[[:Ficheiro:MTN25-0046c3-2001-Oza Dos Rios.jpg|Oza Dos Ríos, 46-III]] |ano=2001 |escala=1:25000 |edición=2.ª |lingua=es}}</ref> En abril de [[2021]], o arqueólogo [[Antón Malde]], seguindo a toponimia e empregando as modernas técnicas de análise xeográfica, achou «fortes indicios» dos restos algo máis ao sur, no lugar do [[O Castelo, Rodeiro, Oza-Cesuras|Castelo de Arriba]] (Rodeiro). A radiografía do terreo, o cal estaba totalmente cuberto de vexetación, permitiulle apreciar o que semella unha «muralla elipsoidal e probabelmente un corpo central».<ref name="Malde"/>
Ao mesmo tempo, as empresas [[Greenalia]] e Galernegy, que pretenden instalar até 40 [[Aeroxerador|muíños eólicos]] na mesma zona do castelo altomedieval, alén de
== Notas ==
|
edicións