Río Guadalquivir: Diferenzas entre revisións
m Desfixéronse as edicións de 83.165.72.75 (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez Etiqueta: Reversión |
Sen resumo de edición |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
<gallery> |
<gallery> |
||
Ficheiro:Spain Andalusia Cordoba BW 2015-10-27 12-15-09.jpg|[[Ponte romana de Córdoba|Ponte romana]], [[Córdoba, España|Córdoba]] |
Ficheiro:Spain Andalusia Cordoba BW 2015-10-27 12-15-09.jpg|[[Ponte romana de Córdoba|Ponte romana]], [[Córdoba, España|Córdoba]] |
||
Ficheiro:Sevilla2005July 040.jpg| |
Ficheiro:Sevilla2005July 040.jpg|A ponte ''Quinto Centenario'', [[Sevilla]] |
||
Ficheiro:Cormoranes.jpg| |
Ficheiro:Cormoranes.jpg|[[Corvo mariño|Corvos mariños]] en [[Doñana]] |
||
Ficheiro:Guadalquivir mouth.JPG|Imaxe aérea da desembocadura |
|||
</gallery> |
</gallery> |
||
{{Wikidata pontes}} |
{{Wikidata pontes}} |
Revisión como estaba o 9 de xuño de 2021 ás 16:36
Río Guadalquivir | |
---|---|
País | España |
Lonxitude | 657 km |
Conca | 59.978 km² |
Caudal medio | 164,3 m³/s (ao seu paso por Sevilla) |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Situación do Guadalquivir. | |
O río Guadalquivir é un río andaluz. O seu nome procede do árabe wadi al-Kabir ("río grande"), chamado Betis (Baetis) desde a era prerromana ata a invasión árabe.
Percorrido
Nace no concello de Quesada, na serra de Cazorla, na provincia de Xaén, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) no océano Atlántico, pasando polas cidades de Sevilla e Córdoba. A súa lonxitude é de 657 km. É navegable desde a súa foz ata Sevilla, uns 80 km aproximadamente. Desde esta cidade ata o mar esténdese unha ampla chaira, coñecida como as marismas do Guadalquivir.
O Guadalquivir é o único río de España con tráfico fluvial significativo. Na actualidade só é navegable ata Sevilla. En tempos dos romanos era navegable ata Córdoba e mesmo ata Andújar. As augas do Guadalquivir viron pasar algunhas das civilizacións que determinaron o curso histórico da Península Ibérica, como os fenicios, tartessos, iberos, romanos ou árabes.
Afluentes
Pola beira esquerda: Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones, Guadaira.
Pola beira dereita: Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Viar, Rivera de Huelva, e Guadiamar.
Localidades importantes nas beiras
Provincia de Xaén: Mengíbar, Villanueva de la Reina, Andújar, Marmolejo e Santo Tomé.
Provincia de Córdoba: Villa del Río, Montoro, El Carpio, Córdoba e Palma del Río.
Provincia de Sevilla: Peñaflor, Lora del Río, Villaverde del Río, Brenes, Alcalá del Río, La Rinconada, La Algaba, Camas, Sevilla, San Juan de Aznalfarache, Gelves, Coria del Río e La Puebla del Río.
Provincia de Cádiz: Sanlúcar de Barrameda e Trebujena.
Protección medioambiental
Na cabeceira da conca do Guadalviquir sitúase o Parque Nacional das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas, nas que o río percorre uns 50 km, pero encadra ademais os vales altos doutros afluentes. No estuario da desembocadura, está asentado, en parte, o Parque nacional de Doñana.
Galería de imaxes
-
A ponte Quinto Centenario, Sevilla
-
Imaxe aérea da desembocadura