Basílica de San Marcos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{cómpren coordenadas}}
{{cómpren coordenadas}}


{{sen referencias}}{{Templo|nome=Basílica de San Marcos|país={{ITA}}|imaxe=Venezia Basilica di San Marco Fassade 2.jpg|px=280px|pé=Fachada dende a [[praza de San Marcos]]|localización=[[Venecia]]|culto=[[Igrexa católica|Católico]]|estilo=[[Arte bizantina|Bizantino]] e [[Arquitectura gótica|gótico]]|construción=[[Século XI]]|diocese=Patriarcado de Venecia|advocación=[[San Marcos]]}}
{{sen referencias}}

[[Ficheiro:Venice - St. Marc's Basilica 01.jpg|miniatura|250px|Basílica de San Marcos]]


A '''basílica de San Marcos''' é a máis famosa das igrexas de [[Venecia]] e un dos exemplos máis coñecidos de [[arquitectura bizantina]]. Situada na praza de San Marcos e conectada co palacio do Dogo, é a sé do patriarcado de Venecia, nome do arcebispado de Venecia desde 1807.
A '''basílica de San Marcos''' é a máis famosa das igrexas de [[Venecia]] e un dos exemplos máis coñecidos de [[arquitectura bizantina]]. Situada na praza de San Marcos e conectada co palacio do Dogo, é a sé do patriarcado de Venecia, nome do arcebispado de Venecia desde 1807.

Revisión como estaba o 8 de xuño de 2021 ás 02:16

Basílica de San Marcos
Fachada dende a praza de San Marcos
Datos xerais
PaísItalia Italia
AdvocaciónSan Marcos
LocalizaciónVenecia
Coordenadas45°26′04″N 12°20′23″L / 45.434444444444, 12.339722222222Coordenadas: 45°26′04″N 12°20′23″L / 45.434444444444, 12.339722222222
Culto
CultoCatólico
DiocesePatriarcado de Venecia
Arquitectura
ConstruciónSéculo XI
EstiloBizantino e gótico
Páxina webhttp://www.basilicasanmarco.it/
editar datos en Wikidata ]

A basílica de San Marcos é a máis famosa das igrexas de Venecia e un dos exemplos máis coñecidos de arquitectura bizantina. Situada na praza de San Marcos e conectada co palacio do Dogo, é a sé do patriarcado de Venecia, nome do arcebispado de Venecia desde 1807.

Historia

A súa construción iniciouse en 828 para gardar o corpo de San Marcos, traído desde Alexandría. Destruída polo lume nun motín no 975, reconstruíuse no século XI por arquitectos e obreiros de Constantinopla. As obras iniciáronse probablemente en 1063, e o novo templo foi consagrado dez anos despois. Foi modificada nos séculos XIII, XV e XVII.

Arquitectura

A igrexa presenta unha planta de cruz grega, baseada nos exemplos de basílica de Santa Sofía e da basílica dos Apóstolos, ambas en Constantinopla. Posúe un coro elevado por riba da cripta. A planta do interior consiste en tres naves lonxitudinais e tres transversais. Un baldaquino cobre o altar principal, con columnas decoradas con relevos do século XI. O retablo é a famosa Pala d'Oro - un traballo feito en metal bizantino de 1105. Por tras do altar principal hai un segundo altar con columnas de alabastro. Os cercados do coro, enriba dos que hai tres relevos de Sansovino, mostran unha obra de marquetería de Fra Sebastiano Schiavone. Os dous púlpitos de mármore da nave están decorados con estatuíñas dos irmáns Massegne (1394).