Igrexa de Endre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 39: Liña 39:
== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==
<gallery mode=packed-hover heights=180px>
<gallery mode=packed-hover heights=180px>
Endre-kyrka-Gotland-interioer1.jpg|Interior da igrexa
Interior da igrexa de Endre 2.jpg|Interior da igrexa
Endre 022.jpg|Unha das vidreiras orixinais
Endre 022.jpg|Unha das vidreiras orixinais
Portal sur da nave da igrexa de Endre.jpg|Portal sur
Portal sur da nave da igrexa de Endre.jpg|Portal sur

Revisión como estaba o 5 de xuño de 2021 ás 20:12

Igrexa de Endre
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónGothem
Coordenadas57°36′37″N 18°27′55″L / 57.610253, 18.465405Coordenadas: 57°36′37″N 18°27′55″L / 57.610253, 18.465405
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Endre (sueco: Endre kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Endre, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

A presente igrexa estivo precedida por unha anterior de estilo románico. Desa primeira igrexa só se conserva a torre, construída no século XII e elevada no XIV. Un feixe de esculturas de pedra tamén foron reusadas no actual edificio, como por exemplo unha escultura dun dragón e outra dun león, que agora se atopan no muro da fachada sur da igrexa. O resto do edificio data do século XIII (o coro e a sancristía) e de principios do XIV (a nave).[1] A igrexa está construída con rocha calcaria.[2]

Ademais das mencionadas esculturas románicas, o exterior da igrexa tamén está adornada con portais esculpidos, tanto de estilo románico como gótico.[1]

Internamente a igrexa está decorada con frescos realizados polo artista coñecido como Passionsmästaren a mediados do século XV. Os frescos foron descubertos durante unha renovación en 1915. A igrexa tamén conserva varios paneis das vidreiras medievais. O retablo tamén é medieval, de finais do século XIV, ao iguual que o sagrario. A cruz triunfal data de ao redor do ano 1300, e a pía bautismal, posiblemente feita polo artista Hegvald, é unha peza románica do século XII ricamente decorada.[1]

A igrexa atópase nun cemiterio que está rodeado por unha muralla baixa de pedra calcaria, na cal aínda sobrevive unha lychgate medieval.[3]

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 125–128. ISBN 9129410355. 
  2. Region Gotland (ed.). "Endre kyrka". Consultado o 26 de abril de 2018. 
  3. Svenska Kyrkan (ed.). "Endre kyrka". Consultado o 26 de abril de 2018.