Igrexa de Bäl: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 39: Liña 39:
<gallery mode=packed-hover heights=180px>
<gallery mode=packed-hover heights=180px>
Bal church on Gotland.jpg|Vista dende o sur
Bal church on Gotland.jpg|Vista dende o sur
Bäls kyrka - KMB - 16000200016301.jpg|Cruz triunfal
Cruz triunfal da igrexa de Bäl.jpg|Cruz triunfal
Baels-kyrka-Gotland-portal9.jpg|Portal sur da nave
Portal sur da nave da igrexa de Bäl.jpg|Portal sur da nave
</gallery>
</gallery>



Revisión como estaba o 5 de xuño de 2021 ás 18:09

Igrexa de Bäl
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónBäl
Coordenadas57°38′41″N 18°37′58″L / 57.64479, 18.6329Coordenadas: 57°38′41″N 18°37′58″L / 57.64479, 18.6329
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Bäl (sueco: Bäls kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Bäl, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

A igrexa actual foi construída durante a primeira metade do século XIII e substituíu a unha igrexa de pedra anterior da cal se conservan fragmentos no muro entre o coro e a nave. Do presente edificio, o coro é a parte máis antiga, coa nave e a torre construídas sucesivamente. Dende o século XIII ata o XV engadíronselle pinturas. Por algunha razón a torre nunca se rematou e non alcanzou a altura prevista orixinalmente.[1]

A igrexa ten dous portais na fachada sur, un que conduce ao coro, e outra máis grande na nave. O máis pequeno é o máis antigo e é de estilo románico, mentres que o principal é gótico e está máis decorado.[1] Ademais, hai unha entrada na fachada norte. As aperturas das fiestras son todas orixinais e non foron ampliadas en séculos posteriores.[2]

No interior a igrexa está decorada con frescos descubertos a comezos do século XXI. Estes representan a Paixón de Cristo e escenas da Biblia.[3] A igrexa ten varios obxectos medievais: unha cruz triunfal de finais do século XIII, unha pía bautismal dese mesmo século,[1] e unha escultura de madeira que representa á Virxe María.[3] O retablo é barroco, realizado en 1664, e o púlpito é de 1744.[1]

A igrexa foi restaurada en 1965-66,[1] e novamente a comezos dos anos 2000.[3]

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 115–116. ISBN 9129410355. 
  2. Region Gotland (ed.). "Bäl kyrka". Consultado o 27 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Svenska Kyrkan (ed.). "Bäl kyrka". Consultado o 27 de abril de 2018.