Igrexa de Alva: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 40: Liña 40:
<gallery mode=packed-hover heights=180px>
<gallery mode=packed-hover heights=180px>
Alva Church Gotland fresco.jpg|Fresco do século XV
Alva Church Gotland fresco.jpg|Fresco do século XV
Alva kyrka - KMB - 16000200013351.jpg|Portal sur da torre
Portal sur da torre da igrexa de Alva.jpg|Portal sur da torre
Alva kyrka - KMB - 16000200013340.jpg|Vista dende o sueste
Alva kyrka - KMB - 16000200013340.jpg|Vista dende o sueste
Sagrario da igrexa de Alva.jpg|Sagrario
</gallery>
</gallery>



Revisión como estaba o 5 de xuño de 2021 ás 17:33

Igrexa de Alva
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónAlva
Coordenadas57°12′27″N 18°21′41″L / 57.20749, 18.36146Coordenadas: 57°12′27″N 18°21′41″L / 57.20749, 18.36146
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Alva (sueco: Alva kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Alva, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

As partes máis antigas da igrexa son o coro e a ábsida do románico tardío, que datan de finais do século XII.[1] A nave foi engadida durante os últimos anos do mesmo século. A construción da ancha torre comezou uns cen anos despois, pero nunca foi rematada; de aí a súa aparencia actual desproporcionadamente baixa. De feito, semella que a construción da igrexa se parou dun xeito rápido: ademais da torre a medio construír, o portal principal do sur tamén semella que foi rematado dunha forma desordeada e caótica.[2]

O portal do coro é de estilo románico e ten algúns relieves esculpidos, posiblemente executados polo mestre escultor local Sigraf. Do mesmo xeito, o portal románico do norte tamén está decorado con esculturas.[2]

No seu interior a igrexa mostra un conxunto de frescos realizados ao final da Idade Media, probablemente xusto antes da Reforma e posiblemente polo mesmo artista que decorou a igrexa de Lau. Entre o mobiliario, destaca a dominante cruz triunfal, que data de mediados do século XIII e unha pía bautismal parcialmente conservada, realizada polo mestre escultor románico Hegvald a finais do século XII. O púlpito é do ano 1740 e o retablo con decoración pouco común é de 1653.[2]

A igrexa foi restaurada entre os anos 1953 e 1954.[2]

Galería de imaxes

Notas

  1. Lindgren, Mereth (1995). Signum, ed. Signums svenska konsthistoria: Den romanska konsten. Lund. p. 90. ISBN 91-87896-23-0. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 90–92. ISBN 9129410355.