Gutasaga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Beninho (conversa | contribucións)
→‎Gutasaga: Corrección ortográfica
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Snake-witch.JPG|miniatura|250px|O soño de Vitastjerna coas tres serpes entrelazadas simbolizando a Graip, Gute e Gunfjaun, con ela na parte inferior nunha pedra pintada atopada en När, Gotland.]]
[[Imaxe:Snake-witch.JPG|miniatura|250px|O soño de Vitastjerna coas tres serpes entrelazadas simbolizando a Graip, Gute e Gunfjaun, con ela na parte inferior nunha pedra pintada atopada en När, Gotland.]]
'''''Gutasaga''''' (tamén ''Gutasagan'') é unha saga sobre a historia de [[Gotland]] antes da súa [[Cristianización]]. Foi escrita no [[século XIII]] e sobreviví¡iu nun só manuscrito, o Codex Holm. B 64, que data de ao redor do ano [[1350]], conservado na [[Biblioteca Nacional de Suecia]] en [[Estocolmo]] xunto co ''[[Gutalag]]'', o código legal de Gotland. Foi escrito en [[gútnico antigo]], un dialecto do [[Lingua nórdica antiga|antigo nórdico]].<ref name="Projekt Runeberg">{{cita web|título=Gutasaga|url=http://runeberg.org/gutasaga/|editor=Projekt Runeberg|dataacceso=4 de maio de 2018}}</ref>
'''''Gutasaga''''' (tamén ''Gutasagan'') é unha saga sobre a historia de [[Gotland]] antes da súa [[Cristianización]]. Foi escrita no [[século XIII]] e sobrevivíu nun só manuscrito, o Codex Holm. B 64, que data de ao redor do ano [[1350]], conservado na [[Biblioteca Nacional de Suecia]] en [[Estocolmo]] xunto co ''[[Gutalag]]'', o código legal de Gotland. Foi escrito en [[gútnico antigo]], un dialecto do [[Lingua nórdica antiga|antigo nórdico]].<ref name="Projekt Runeberg">{{cita web|título=Gutasaga|url=http://runeberg.org/gutasaga/|editor=Projekt Runeberg|dataacceso=4 de maio de 2018}}</ref>


== Un mito de creación local ==
== Un mito de creación local ==

Revisión como estaba o 31 de maio de 2021 ás 18:55

O soño de Vitastjerna coas tres serpes entrelazadas simbolizando a Graip, Gute e Gunfjaun, con ela na parte inferior nunha pedra pintada atopada en När, Gotland.

Gutasaga (tamén Gutasagan) é unha saga sobre a historia de Gotland antes da súa Cristianización. Foi escrita no século XIII e sobrevivíu nun só manuscrito, o Codex Holm. B 64, que data de ao redor do ano 1350, conservado na Biblioteca Nacional de Suecia en Estocolmo xunto co Gutalag, o código legal de Gotland. Foi escrito en gútnico antigo, un dialecto do antigo nórdico.[1]

Un mito de creación local

A saga comeza con Gotland sendo descuberta por un home chamado Þieluar (Tjalve) (gútnico: Tjelvar). Era unha figura mitolóxica que aparece dúas veces na Edda prosaica e unha na Gutasaga. Gotland está baixo un feitizo e permanece baixo as augas durante o día e emerxe durante a noite. O feitizo é roto por Þieluar ao acender un lume na illa. O son de Þieluar, Hafþi (Havde) e a súa muller Vitastjerna (gútnico: Hwitastierna) tiveron tres fillos chamados Graip, Gute e Gunfjaun, os antepasados dos Gutes. Despois da primeira noite de Havde e Vitastjerna xuntos, ela tivo un soño sobre tres serpes entrelazadas no seu seo. Este feito interpretouse como un símbolo de que todas as cousas están conectadas en círculos e que eles terían tres fillos. Este tema aparece representado en varias pedras pintadas en Gotland.[2]

A saga di que despois de que o seu pai morrese, Gute foi elixido xefe e deulle o nome tanto á illa como aos seus habitantes. Os tres irmáns compartiron Gotland, mantendo Gute a parte do medio, Graip o norte e Gunnfjaun o sur. Gotland dividíuse en tres partes, feito que se reflectiu na partición da illa en tres Tredingar, unha división que permaneceu legalmente ata 1747[3] e aínda permanece dentro da Igrexa, que a día de hoxe conserva esa división en tres Decanatos.

Emigración cara ao sur de Europa

A saga fala dunha emigración, que está asociada coa migración histórica dos godos:

durante moito tempo, os descendentes daqueles tres multiplicáronse tanto que a terra non puido mantelos a todos. Entón botaron a sorte, e unha de cada tres persoas foi escollida para marchar, e podían manter todo o que tiñan e levalo con eles, agás a súa terra. ... dirixíronse ao río Dvina, camiño de Rusia. Foron tan lonxe que chegaron á terra dos gregos. ... establecéronse alí, onde aínda viven, e aínda conservan algo da nosa lingua.

Que os godos tiveron que marchar cara "á terra dos gregos" é consistente coa súa primeira aparición nas fontes clásicas: Eusebio de Cesarea reportou que eles devastaron "Macedonia, Grecia, Pontus e Asia" no ano 263.

A emigración tería lugar no século I d.C., e mantiveron un feble contacto coa súa terra durante outros dous séculos; o comentario de que os emigrados "aínda conservan algo da nosa lingua" amosa conciencia dunha separación dialectal. Os eventos tiveron que transmitirse oralmente durante case un milenio antes de que se escribise o texto.

A mención do río Dvina concorda coa cultura Wielbark. Historicamente, os Godos seguiron o río Vístula, pero durante a era viquinga a vía fluvial Dvina-Dniepr sucedeu ao Vístula como principal ruta de comercio cara a Grecia para os Gutes, e non sorprende que tamén substituíse ao Vístula nas tradicións migratorias.

Entrada no Reino de Suecia

A Gutasaga contén varias referencias ás relacións entre Gotland e Suecia, e afirma que se basean en acordos mutuos, e sinala os deberes e obrigas do rei e o bispo de Suecia en relación a Gotland. Polo tanto non só é un esforzo en escribir a historia de Gotland, senón tamén un esforzo por afirmar a independencia de Gotland con respecto a Suecia.[4]

Considérase a Awair Strabain o home que negociou o acordo de beneficio mutuo co rei sueco, un feito que puido ter ocorrido antes do final do século IX, cando Wulfstan de Hedeby anunciou que a illa estaba sometida aos suecos.

Gotland moderno

Tjelvar e varios nomes máis de xente da Gutasaga son usados en lugares, establecementos e outras cousas relacionadas con Gotland. Un barco de pedra en Boge é chamado Tjelvars Grav (a tumba de Tjelvar). Boge tamén é o lugar onde se atopa a baía de Tjäldersvik e a illa de Tjäldersholm. O amilladoiro de Digerrojr en Garde tamén é coñecido como Graips rojr.[5]

No ano 2011 celebrouse en Visby unha competición organizada pola Sociedade Astronómica de Suecia para nomear un asteroide que se acababa de descubrir no cinto de asteroides. Foi chamado 137052 Tjelvar pola primeira persoa mitolóxica en levar o lume á illa.[6]

Notas

  1. Projekt Runeberg (ed.). "Gutasaga". Consultado o 4 de maio de 2018. 
  2. Guteinfo (ed.). "Vitastjärnas dröm". Consultado o 4 de maio de 2018. 
  3. Projekt Runeberg (ed.). "Gotlands land och folk". Consultado o 4 de maio de 2018. 
  4. Guteinfo (ed.). "Gutarnas krönika - Gutasagan". Consultado o 5 de maio de 2018. 
  5. Guteinfo (ed.). "Tjelvar upptäckte Gotland". Consultado o 5 de maio de 2018. 
  6. Populär astronomi (ed.). "Tjelvar! Ove och Tommy döpte Gotlands nya asteroid". Consultado o 5 de maio de 2018.