Graf: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de pt:Graf
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de maio de 2021 ás 16:05

Coroa heráldica de graf

Graf (en alemán: Graf, Gräfin) é un título nobiliario histórico xermánico, equivalente en xeral ao título de conde (derivado do comes latino, e cunha historia propia) e ao título de earl británico (título anglosaxón similar ao jarl viquingo). É inmediatamente superior a freiherr ("barón") e inferior a raugraf.

Historia

A súa orixe do graf é incerta; Paulo, o Diácono escribiu (en latín) contra 790:

o conde dos bávaros, que eles chaman gravio, que gobernaba Bauzanum e outras prazas fortes…[1]

Isto leva a crer que o termo sexa de orixe xermánica, aínda que tamén se suxeriu unha relación co termo grego graphēin ("escribir").

Desde agosto de 1919, en Alemaña, Graf e todos os outros títulos pasaron a ser considerados parte integrante do sobrenome dos titulares e dos seus descendentes que aínda residían no país.[2] O título condal Graf tamén era utilizado entón por falantes do alemán (tanto como lingua oficial como vernácula) en Austria e noutras terras dominadas polos Habsburgo (como Hungria e as terras eslavas), en Liechtenstein e boa parte de Suíza.

Primeiramente, ata o século XV, un graf obrigatoriamente exercía autoridade ou xurisdición sobre un territorio coñecido como Grafschaft, literalmente "condado", mais desde esa data o título pasou a ser empregado só como grao de nobreza.

Os títulos nobiliarios de graf concedidos na primeira metade do Sacro Imperio Romano Xermánico (962-1806), frecuentemente estaban relacionados coa xurisdición ou a autoridade sobre un territorio, ou ao exercicio dalgunha función pública e representabam concesións especiais, tanto en termos de autoridade como de posición. Após o século XV, recibiron o título membors da nobreza, mais sen que tivesen adscrita ningunha función pública, só como grao de nobreza. Só os títulos nobiliarios máis importantes permanecen en uso na actualidade.

Títulos nobiliarios que conteñen o termo graf

Alguns teñen aproximadamente o grao de conde, algúns un pouco superior e outros un pouco inferior.

Título Etimoloxía
Markgraf Mark: marca de fronteira + Graf. Autoridade exercida sobre un territorio na fronteira do Sacro Imperio Romano Xermánico. O grao equivalente na nobreza ibérica era marqués.
Landgraf[3] Land: terra + Graf. Autoridade exercida sobre unha provincia enteira. O grau equivalente na nobreza ibérica era conde.
Reichsgraf Reich: o Sacro Império + Graf. Conde imperial, cun título garantido ou recoñecido polo emperador romano xermánico.
Pfalzgraf Pfalz: Palatinado + Graf. Orixinalmente gobernado "coa autoridade do palacio imperial", posteriormente, gobernador da "Terra do Palacio", é dicir, o Palatinado.
Rheingraf Rhein: Rin + Graf. Gobernador do territorio veciño ao río Rin.
Burggraf[4] Burg: castelo, burgo + Graf. Gobernador do territorio en volta ou dominado por unha fortificación ou un castelo fortificado.
Altgraf Alt: vello + Graf. Condado cun título preimperial que garante o título actual. Unicamente na familia Salm.
Freigraf Frei: libre + Graf. Ambos os títulos feudais da faixa de conde mais un despacho técnico.
Wildgraf Wild: salvaxe + Graf. Gobernador dun territorio centrado nunha área salvaxe.
Raugraf Rau: deshabitado, salvaxe + Graf. Gobernador dun territorio centrado unha área subdesenvolvida.
Vizegraf Vize: vice, substituto + Graf

Notas

  1. Historia gentis Langobardorum, V.xxxvi
  2. Segundo o artigo 109 da constitución creada na fundación da República de Weimar, en decorrencia da disolución do Imperio Alemán en 1918.
  3. En galego: landgrave, Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para landgrave.
  4. En galego: burgrave, Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para burgrave.

Véxase tamén

Ligazóns externas