Palabra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de es.wiki
Liña 63: Liña 63:


== Estrutura das palabras ==
== Estrutura das palabras ==
A palabra está composta dun núcleo semántico que é a súa base mórfica ou raíz. Alén dela, os demais elementos son periféricos. A palabra pode estar composta só pola raíz, como ''mar'' ou ''feliz'', ou posuír tamén morfemas periféricos, como ''marinho'' ou ''infeliz''.<ref name="azeredo143" />
A palabra está composta dun núcleo semántico que é a súa base mórfica ou raíz. Alén dela, os demais elementos son periféricos. A palabra pode estar composta só pola raíz, como ''mar'' ou ''feliz'', ou posuír tamén morfemas periféricos, como ''marinho'' ou ''infeliz''.<ref name="azeredo143" /> O [[lexema]] é a parte fundamental dunha palabra, ten significado léxico definido por conceptos e entidades tanto reais como imaxinarias que se recollen no [[dicionario]], que explica a que se refiren esas raíces. En ocasións a raíz constitúe a palabra enteira, mais noutras aparece algún morfema máis.


Hai catro tipos de morfemas gramaticais:<ref name="azeredo143" />
Hai catro tipos de morfemas gramaticais:<ref name="azeredo143" />
* Bases: as palabras a partir das que se crean outras denomínanse [[base léxica|bases léxicas]]. Raíz non é o mesmo que base léxica. Por exemplo, en ''froiteira'', a raíz é ''froit-'' e a base léxica é ''froita''.
* Bases;
* [[Afixo]]s ou [[Derivación (lingüística)|morfemas derivacionais]];
* [[Afixo]]s ou [[Derivación (lingüística)|morfemas derivacionais]]: van unidos ás raíces e modifican o seu significado. Segundo a posición dos morfemas derivativos distínguense tres tipos de palabras:
** [[Prefixo]]s: sitúanse diante da raíz.
* [[Vogal temática|vogais temáticas]];
** [[Sufixo]]s: sitúanse detrás da raíz ([[diminutivo]]s, [[aumentativo]]s, [[despectivo]]s).
* [[Desinencia]]s ou morfemas flexionais.
** [[Interfixo]]s: elementos de unión que non posúen ningún significado.
* [[Vogal temática|vogais temáticas]].
* [[Desinencia]]s ou morfemas flexionais: van situados ao final das palabras e permiten que as mesmas se presenten nas súas diferentes formas. Indican o xénero e o número nos substantivos e nos pronomes e no caso dos adxectivos e dos determinantes indican concordancia.


== Palabra primitiva ==
Unha palabra primitiva é unha palabra na que a súa formación non tivo orixe a partir doutro [[Radical (lingüística)|radical]] (por exemplo: pedra, flor, casa, libro, papel).<ref name="PLeL">{{cita libro
Unha palabra primitiva é unha palabra na que a súa formación non tivo orixe a partir doutro [[Radical (lingüística)|radical]] (por exemplo: pedra, flor, casa, libro, papel).<ref name="PLeL">{{cita libro
|apelidos1=Abaurre|nome1=Maria Luiza|apelidos2=Pontara|nome2=Marcela Nogueira|apelidos3=Fadel|nome3=Tatiana|título=Português: língua e literatura|volume=1|edición=2.ª|páxina=161|ano=2005|editorial=Moderna|lugar=São Paulo|isbn=85-16-03845-9}}</ref> Estas palabras, mediante un proceso derivativo poden dar orixe a novas palabras: pedra''ría'', flor''ecer'', cas''eiro'', libr''aría'', papel''aría'').<ref name="PLeL"/>
|apelidos1=Abaurre|nome1=Maria Luiza|apelidos2=Pontara|nome2=Marcela Nogueira|apelidos3=Fadel|nome3=Tatiana|título=Português: língua e literatura|volume=1|edición=2.ª|páxina=161|ano=2005|editorial=Moderna|lugar=São Paulo|isbn=85-16-03845-9}}</ref> Estas palabras, mediante un proceso derivativo poden dar orixe a novas palabras: pedra''ría'', flor''ecer'', cas''eiro'', libr''aría'', papel''aría'').<ref name="PLeL"/>

Revisión como estaba o 24 de maio de 2021 ás 18:01

A Casa das Palabras na Coruña.

Unha palabra é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (salvo nos casos en que se usa apóstrofo ou guión), é dicir é a unidade formada por un ou varios fonemas, illable e dotada de significado.

A ciencia que estuda a composición e estrutura interna das palabras é a morfoloxía.

As palabras poden clasificarse segundo a clase sintáctica (categoría gramatical), segundo a súa acentuación ou segundo o seu número de sílabas.

Concepto

Cando nos referimos á palabra como "conxunto de letras" é parte da linguaxe escrita ou gráfica. Cando nos referimos á palabra como "conxunto de sons" é parte da linguaxe falada ou glótica. En ambos os casos, denomínase aspecto externo ou representación material da palabra, e a este aspecto externo, material, dáselle o nome de vocábulo.[1][2]

Cando nos referimos á palabra como "índice da idea que representa", é dicir, cando se fala do sentido tras da palabra escrita ou falada, estamos a referirnos ao aspecto interno ou representación inmaterial da palabra, e a este aspecto interno, inmaterial, dáselle o nome de termo.[1][3]

É por isto que o correcto é "explicar ben un termo", non "explicar ben un vocábulo". Do mesmo modo, o correcto é "pronunciar ben un vocábulo", non "pronunciar ben un termo".

As palabras poden ser combinadas para crear frases.

Unha palabra tamén pode ser definida como un conxunto de morfemas. Con todo, aínda que na lingua escrita a demostración deste concepto sexa relativamente simple (e en moitos sistemas de escrita as palabras sexan delimitadas por espazos entre si), hai idiomas que non empregan divisores de plabras, como no sánscrito. Alén disto, en manuscritos antigos latinos (e no xaponés, no que o uso do kanji era frecuente) o uso de delimitadores de palabra era optativo.

Clasificación

As palabras posúen trazos que permiten clasificalas en diferentes grupos, chamados categorías gramaticais ou clases de palabras. Tamén poden clasificarse segundo criterios morfosintácticos (categoría sintáctica e tipo de flexión), fonolóxicos (acentuación, número de sílabas) ou funcionais.

Clasificacións morfosintácticas

Segundo a clase de palabras á que correspondan

Tipicamente os adxectivos, substantivos, verbos e adverbios pertencen á categoría léxica; os demais tipos de palabras pertencen á categoría funcional.

Clasificacións fonolóxicas

Segundo a súa acentuación

En certas linguas con acento de intensidade fonolóxico, a posición do acento de intensidade non está fixada sempre na mesma sílaba; estas linguas denomínanse linguas de acento libre. En linguas de acento libre como o galego pode facerse a seguinte clasificación:

  • As palabras agudas ou oxítonas son aquelas na que recae o acento na última sílaba. Por exemplo: canón.
  • As palabras graves ou paroxítonas son aquelas nas cales o acento recae na penúltima sílaba. Por exemplo: padiola.
  • As palabras esdrúxulas ou proparoxítonas son aquelas nas que recae o acento na antepenúltima sílaba. Por exemplo: cóengo.

Fonoloxicamente o acento axuda a segmentar a cadea falada en grupos fónicos ou en palabras. En linguas de acento en posición fixa como o francés onde o acento cae ao final de cada palabra tónica, a identificación da posición do acento permite segmentar en palabras (exceptuando as palabras clíticas).

Segundo o seu número de sílabas

En galego o concepto de sílaba non é problemático e pode facerse recorrendo a criterios estritamente fonolóxicos: a posición das vogais determina que outros fonemas son inicio de sílaba (ataque silábico) ou final de sílaba (coda silábica). De acordo co número de sílabas as palabras poden clasificarse en:

  • Palabra monosílaba: aquela palabra cunha soa sílaba. Por exemplo: sol.
  • Palabra bisílaba: aquela palabra con dúas sílabas. Por exemplo: gui-ón, fi-el, ba-úl
  • Palabra trisílaba: aquela palabra con tres sílabas. Por exemplo: mu-í-ño, sa-í-a, ó-e-as, ví-de-o
  • Palabra etrasílaba ou cuadrisílabas:[4] son palabras de catro sílabas: xe-ne-ro-so, la-pi-sei-ro, po-li-cí-a...
  • Palabra pentasílabas: son palabras de cinco sílabas: com-pu-ta-do-ra, con-me-mo-ra-ción, he-li-cóp-te-ro...

As palabras con varias sílabas denomínanse polisílabas.[5]

Noutras linguas o concepto de sílaba é máis problemático e non existe acordo entre os especialistas sobre como construír segmentacións en sílabas. Un exemplo moi claro son as linguas salish, que admiten grupos consonánticos de enorme complexidade, entre as que non hai ningunha vogal ou sonorante que permita establecer núcleos silábicos claros. A análise convencional das sílabas presenta algunhas dificultades en varias destas linguas. Algúns exemplos de palabras longas nestas linguas son:[6]

sčkʷkʼkʷƛus.tn 'ollos pequenos' (spokane, salish de Montana).
xłp̓x̣ʷłtłpłłskʷc̓ [xɬpʼχʷɬtʰɬpʰɬːskʷʰts͡ʼ] 'tivo no seu poder unha planta de Cornus (Cornus canadensis)'.

Palabras variables e invariables

As palabras poden ser invariables, se sempre se empregan da mesma forma (cada, alguén) ou variables, se poden presentarse de maneiras diferentes de acordo coa súa especificación morfosintáctica (o, a, os, as, lea, len).[7] As invariables preséntanse sempre da mesma forma como constan nun dicionario. As preposicións, as conxuncións e os adverbios son sempre invariables.[7]

Os artigos, os pronomes e os verbos son sempre variables.[7] Entre os adxectivos e os substantivos, case sempre son variables, a pesar de existir algúns invariables (tórax).[8]

Estrutura das palabras

A palabra está composta dun núcleo semántico que é a súa base mórfica ou raíz. Alén dela, os demais elementos son periféricos. A palabra pode estar composta só pola raíz, como mar ou feliz, ou posuír tamén morfemas periféricos, como marinho ou infeliz.[8] O lexema é a parte fundamental dunha palabra, ten significado léxico definido por conceptos e entidades tanto reais como imaxinarias que se recollen no dicionario, que explica a que se refiren esas raíces. En ocasións a raíz constitúe a palabra enteira, mais noutras aparece algún morfema máis.

Hai catro tipos de morfemas gramaticais:[8]

  • Bases: as palabras a partir das que se crean outras denomínanse bases léxicas. Raíz non é o mesmo que base léxica. Por exemplo, en froiteira, a raíz é froit- e a base léxica é froita.
  • Afixos ou morfemas derivacionais: van unidos ás raíces e modifican o seu significado. Segundo a posición dos morfemas derivativos distínguense tres tipos de palabras:
  • vogais temáticas.
  • Desinencias ou morfemas flexionais: van situados ao final das palabras e permiten que as mesmas se presenten nas súas diferentes formas. Indican o xénero e o número nos substantivos e nos pronomes e no caso dos adxectivos e dos determinantes indican concordancia.

Unha palabra primitiva é unha palabra na que a súa formación non tivo orixe a partir doutro radical (por exemplo: pedra, flor, casa, libro, papel).[9] Estas palabras, mediante un proceso derivativo poden dar orixe a novas palabras: pedraría, florecer, caseiro, libraría, papelaría).[9]

Unha familia de palabras é un conxunto de palabras que comparten a mesma raíz e constitúen, como o seu propio nome indica, unha familia de palabras, xa que presentan esa idéntica raíz, o que explica os trazos comúns no seu significado.

Notas

  1. 1,0 1,1 Napoleão Mendes de Almeida. Gramática Metódica da Língua Portuguesa. 45. ed., São Paulo: Saraiva, 2005. Pág. 18. ISBN 978-85-02-05430-1
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vocábulo.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para termo.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuadrisílabo.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polisílabo.
  6. Salish languages and linguistics: theoretical and descriptive perspectives p. 17
  7. 7,0 7,1 7,2 Azeredo, páx. 142
  8. 8,0 8,1 8,2 Azeredo, páx. 143
  9. 9,0 9,1 Abaurre, Maria Luiza; Pontara, Marcela Nogueira; Fadel, Tatiana (2005). Português: língua e literatura 1 (2.ª ed.). São Paulo: Moderna. p. 161. ISBN 85-16-03845-9. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas