Charlie Parker: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: uk:Паркер Чарлі
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Liña 25: Liña 25:
<br>
<br>


[[Category:Personalidades do jazz|Parker, Charlie ]]
[[Categoría:Personalidades do jazz|Parker, Charlie ]]


[[Category:Afroamericanos (Estados Unidos)|Parker, Charlie]]
[[Categoría:Afroamericanos (Estados Unidos)|Parker, Charlie]]


[[ca:Charlie Parker]]
[[ca:Charlie Parker]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 12:06

Charlie Parker"
Charlie Parker"

Charles Christopher Parker Jr (29 de agosto de 1920, Kansas City, Kansas- 12 de marzo de 1955, Nova York), tamén coñecido como "Bird" é un saxofonista de jazz activo dos anos 30 aos 50, que axudou a crear o jazz moderno e é hoxe visto como o máis grande creador desta música.

Parker é un froito da efervescencia creativa da Kansas City dos anos trinta, onde a permisividade do goberno local facía que os locais onde se servía alcohol ilegal non só estivesen abertos, se non que o fixesen 24 horas. Isto provocou a afluencia de músicos en busca de traballo e creou unha escena onde predominaban os saxofonistas e o blues.

O seu pai, que fora cantante de variedades, abandonouno de novo e súa nai traballou duro de asistente nun hospital para que Charlie tivese estudos, pero xa na escola secundaria viuse que o seu interese só estaba na música. Ali estudou con Alonzo Lewis pero a maioría do que aprendeu fíxoo pola súa conta. Tras pasar por varios instrumentos quedouse no saxo alto, aínda que seguiría tocando o tenor esporadicamente (incluída unha sesión liderada por Miles Davis en 1947).

Con 15 anos xa era un músico profesional, bastante malo polo que din os que o coñeceron de novo, até que se foi de xira coa orquestra de George Lee e se encerrou a estudar, para volver sendo xa un dos grandes do seu tempo.

En 1938 emigra a Nova York temporalmente e volve a Kansas City para ingresar na banda de Jay McShann na que seguirá até 1942. É durante esta estancia que grava os seus primeiros temas e comeza a ter o seu estilo característico. Durante unha xira, para en Nova York e xa nunca volverá a Kansas. Participa activamente na creación do bebop nas jam sessions do Minton's e comeza a súa asociación creativa con Dizzy Gillespie. O seu estilo era incomprendido polo público e denostado pola crítica, pero o jazz é unha música de músicos e todos os intérpretes xoves (sobre todo de saxofón) estaban fascinados por Parker e cando comezaron a aparecer os seus discos estudábanos de tal forma que nuns anos o son de Charlie Parker conquistou o mundo do jazz. Por causa da folga de gravacións convocada polo sindicato de músicos non foi até 1945 que o novo estilo se viu rexistado, nunha sesión mítica celebrada o 26 de Novembro en Nova York para a Savoy e onde se gravou o primeiro himno do novo estilo: Now's the Time. Dai até 1947 foi unha sucesión de temas revolucionarios qeu hoxe son clásicos: Donna Lee, Ko-ko, Yardbird Suite, Ornithology, Cool Blues.

Axiña se viu que o extremo modo de vida de Parker: consumo de cantidades inxentes de comida, alcohol e heroína comezaron a minar a súa saúde, provocándolle un colapso nervioso en 1946 e levándoo a un deterioro creativo. Ainda asi, a sua produción até 1951 é salientábel e só despois comeza un lento declive.

Discografía

Todo o que gravou Charlie Paker en estudo fíxoo para tres selos: Dial, Savoy e Verve. Existen ademais algunhas gravacións en directo e as célebres cintas de Dean Benedetti.

  • The Complete Savoy Studio Sessions (3 CDs)
  • The Complete Dial Studio Sessions (3 CDs)
  • The Complete Charlie Parker on Verve (10 CDs)
  • At Storyville (Directo Blue Note, grabado en Boston en 1953)
  • The Complete Savoy Live Recordings (4 CDs)
  • The Massey Hall Concert (Directo Toronto, 1953)