Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Avelino Cachafeiro»

Sem resumo de edição
De familia de gaiteiros da [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras en canto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao [[bombo]]. Formou o grupo de gaiteiros [[Os Gaiteiros de Soutelo]] cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e [[caixa (música)|caixa]]), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o [[pandeiro]]. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
 
En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en [[1924]] (a parte literaria gañouna [[Eladio Rodríguez González]]), na véspera do día do Apóstolo. [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]] inmortalizou o momento nunha memorábel caricatura na que aparece o retrato invertido de [[Rosalía de Castro]] no fol da súa gaita.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Rodríguez Castelao|nome=Alfonso Daniel|data=10/08/1924|título=O gaiteiro de Soutelo|revista=Galicia: diario de Vigo|número=582|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1143762&presentacion=pagina&posicion=1&registrardownload=0}}</ref>
 
En 1928 gravaron para a compañía [[Regal]] a "Foliada de Barro de Arén" (solo de gaita e canto), "La Alfonsina" (muiñeira, dúo de gaitas), "Eicho de dar queridiña" (foliada, dúo de gaitas), "A volta da festa" (pasacalles, dúo de gaitas), "Estroupeles-troupele" (muiñeira, dúo de gaitas), "Rianxeira" (foliada, dúo de gaitas), "Fandango de Pontevedra" (dúo de gaitas), "[[Muiñeira de Chantada]]" (solo de gaita, A. Cachafeiro), "Foliada de Luxán" (dúo de gaitas), "Farruquiña, chaman á porta" (muiñeira, dúo de gaitas), "Foliada de Tenorio" (solo de gaita e canto), "Alborada de Rosalía de Castro".
A discográfica galega [[Ouvirmos]] recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
4.230

edicións