Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
{{Biografía
{{Biografía
|nome = Avelino Cachafeiro
|nome = Avelino Cachafeiro
|imaxe = Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG
|imaxe = Avelino Cachafeiro.png
|descrición = Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro.
|descrición =
|ocupación = Gaiteiro
|ocupación = Gaiteiro
}}
}}
Liña 9: Liña 9:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG|miniatura|Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro.]]
De familia de gaiteiros da [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras en canto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao [[bombo]]. Formou o grupo de gaiteiros [[Os Gaiteiros de Soutelo]] cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e [[caixa (música)|caixa]]), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o [[pandeiro]]. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
De familia de gaiteiros da [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras en canto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao [[bombo]]. Formou o grupo de gaiteiros [[Os Gaiteiros de Soutelo]] cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e [[caixa (música)|caixa]]), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o [[pandeiro]]. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.



Revisión como estaba o 21 de maio de 2021 ás 08:29

Infotaula de personaAvelino Cachafeiro
Biografía
Nacemento26 de maio de 1899 Editar o valor em Wikidata
Soutelo de Montes, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de abril de 1972 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Soutelo de Montes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónGaiteiro
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGaita e gaita galega Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 21aea23a-9639-40a0-a45c-c6baddf6a715 Discogs: 4702363 Editar o valor em Wikidata

Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo, nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899 e finado o 13 de abril de 1972, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria

Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes. Fermin, Avelino e Bautista Cachafeiro.

De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras en canto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o pandeiro. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.

En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924 (a parte literaria gañouna Eladio Rodríguez González).

En 1928 gravaron para a compañía Regal a "Foliada de Barro de Arén" (solo de gaita e canto), "La Alfonsina" (muiñeira, dúo de gaitas), "Eicho de dar queridiña" (foliada, dúo de gaitas), "A volta da festa" (pasacalles, dúo de gaitas), "Estroupeles-troupele" (muiñeira, dúo de gaitas), "Rianxeira" (foliada, dúo de gaitas), "Fandango de Pontevedra" (dúo de gaitas), "Muiñeira de Chantada" (solo de gaita, A. Cachafeiro), "Foliada de Luxán" (dúo de gaitas), "Farruquiña, chaman á porta" (muiñeira, dúo de gaitas), "Foliada de Tenorio" (solo de gaita e canto), "Alborada de Rosalía de Castro".

Xiras e retirada

Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Buenos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona. En 1928 morreu Fermín e en 1933 Bautista. A guerra civil española esfarelou o grupo, sorprendéndoos tocando en Barcelona, territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.

Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira).

Outros labores

En 1969 publicou o libro de poemas, Voando coas aas da vida, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Foi o valedor da "Muiñeira de Chantada", no seu labor de recuperación da música tradicional.

A discográfica galega Ouvirmos recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas