Malmö: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Woden (conversa | contribucións)
Liña 45: Liña 45:


=== Idade Moderna ===
=== Idade Moderna ===
Durante todo o [[século XVII]], a rexión histórica de [[Skåneland]] no sur da [[península escandinava]] foi obxecto de disputa entre Dinamarca e Suecia. Logo da [[guerra sueco-danesa (1657-1658)|segunda guerra sueco-danesa]], o monarca [[Carlos X Gustavo de Suecia]] logrou a anexión de [[Escania]] mediante o [[Tratado de Roskilde]].<ref name=":4">{{Cita web|url=http://www.sydsverige.dk/?pageID=321|título=Freden i Roskilde - Roskildefreden (1658)|dataacceso=3 de xuño de 2016|lingua=danés|páxinaweb=www.sydsverige.dk}}</ref> A partir do [[28 de febreiro]] de [[1658]], Malmö quedaría baixo control do reino de Suecia e iniciouse a [[asimilación cultural]] de toda a poboación.<ref name=":4" /> Tres meses máis tarde estalaría [[Guerra sueco-danesa (1658-1660)|outra guerra entre ambos reinos]] que concluíu en [[1660]] coa firma do [[Tratado de Copenhaguen]], certificando a soberanía sueca. En [[1677]], en plena [[Guerra Escanesa]], máis de 14.000 soldados daneses asediaron o pobo fortificado durante case un mes, pero foron derrotados polos 2000 militares suecos que a defendían.
Durante todo o [[século XVII]], a rexión histórica de [[Skåneland]] no sur da [[Península Escandinava|península escandinava]] foi obxecto de disputa entre Dinamarca e Suecia. Logo da [[guerra sueco-danesa (1657-1658)|segunda guerra sueco-danesa]], o monarca [[Carlos X Gustavo de Suecia]] logrou a anexión de [[Escania]] mediante o [[Tratado de Roskilde]].<ref name=":4">{{Cita web|url=http://www.sydsverige.dk/?pageID=321|título=Freden i Roskilde - Roskildefreden (1658)|dataacceso=3 de xuño de 2016|lingua=danés|páxinaweb=www.sydsverige.dk}}</ref> A partir do [[28 de febreiro]] de [[1658]], Malmö quedaría baixo control do reino de Suecia e iniciouse a [[Aculturación|asimilación cultural]] de toda a poboación.<ref name=":4" /> Tres meses máis tarde estalaría [[Guerra sueco-danesa (1658-1660)|outra guerra entre ambos reinos]] que concluíu en [[1660]] coa firma do [[Tratado de Copenhaguen]], certificando a soberanía sueca. En [[1677]], en plena [[Guerra Escanesa]], máis de 14.000 soldados daneses asediaron o pobo fortificado durante case un mes, pero foron derrotados polos 2000 militares suecos que a defendían.


Os conflitos continuaron a comezos do [[século XVIII]], cando as tropas danesas entraron en Malmö durante a [[Gran Guerra do Norte]] (1709). Un ano despois, o batallón sueco a cargo do xeneral [[Magnus Stenbock]] logrou expulsar aos daneses e retomar o control. Todos estes episodios, sumados á chegada da [[Peste negra|peste bubónica]], rebaixaron a poboación local a pouco máis de 300 habitantes na [[Anos 1720|década de 1720]].
Os conflitos continuaron a comezos do [[século XVIII]], cando as tropas danesas entraron en Malmö durante a [[Gran Guerra do Norte]] (1709). Un ano despois, o batallón sueco a cargo do xeneral [[Magnus Stenbock]] logrou expulsar aos daneses e retomar o control. Todos estes episodios, sumados á chegada da [[Peste negra|peste bubónica]], rebaixaron a poboación local a pouco máis de 300 habitantes na [[Anos 1720|década de 1720]].
Liña 57: Liña 57:
Porén, na [[Anos 1970|década de 1970]] produciuse unha grave crise económica que afectou aos estaleiros suecos. ''Kockums'' tivo que ser rescatada polo estado, e en [[1986]] cesou toda a produción de barcos civís para especializarse en buques militares, coa consiguiente destrución de empregos. Ademais, moitas familias de clase media mudáronse a [[Cidade dormitorio|cidades dormitorio]] como Vellinge, Lomma e Staffanstorp.
Porén, na [[Anos 1970|década de 1970]] produciuse unha grave crise económica que afectou aos estaleiros suecos. ''Kockums'' tivo que ser rescatada polo estado, e en [[1986]] cesou toda a produción de barcos civís para especializarse en buques militares, coa consiguiente destrución de empregos. Ademais, moitas familias de clase media mudáronse a [[Cidade dormitorio|cidades dormitorio]] como Vellinge, Lomma e Staffanstorp.


Ante esa situación, o municipio apostou pola [[reconversión industrial]] a través de dotacións culturais, da remodelación do barrio portuario (Västra Hamnen) e de importantes obras arquitectónicas para reducir o desemprego.<ref>{{Cita web|url=http://esctoday.com/63442/eurovision-2013-discover-the-transformation-of-malmo/|título=Eurovision 2013: Discover the transformation of Malmö|dataacceso=3 de xuño de 2016|data=8 de maio de 2013|lingua=inglés|páxinaweb=ESCToday}}</ref> Parte dos edificios do antigo estaleiro foron rehabilitados para albergar outras instalacións, tales como o campus da [[Escola Superior de Malmö]] ([[1998]]).<ref>{{Cita web|url=https://studyinsweden.se/university/malmo-university/|título=Malmö University|dataacceso=3 de xuño de 2016|idioma=inglés|páxinaweb=Study in Sweden}}</ref> No [[2000]] inaugurouse o [[ponte de Øresund]] que conecta a Malmö con [[Dinamarca]] a través do [[mar Báltico]],<ref>{{Cita web|url=http://economia.elpais.com/economia/2016/02/10/actualidad/1455099888_010337.html|título=Así es el puente escandinavo que asombra en las redes|dataacceso=3 de xuño de 2016|data=10 de febreiro de 2016|páxinaweb=El País}}</ref> e en [[2005]] completáronse as obras do ''[[Turning Torso]]'', un rañaceos residencial de 190 metros deseñado por [[Santiago Calatrava]].<ref>{{Cita web|url=http://www.elmundo.es/cultura/2015/08/07/55c4c3b846163fc85b8b4583.html|título=Calatrava, premio '10 year Award' por su edificio Turning Torso|dataacceso=3 de xuño de 2016|data=7 de agosto de 2015|páxinaweb=El Mundo}}</ref> O xesto que confirmou a transformación de Malmö foi o desmantelamento da [[guindastre Kockums]] en [[2002]]. Por outra banda, o centro urbano viviu un [[Gentrificación|proceso de gentrificación]].<ref name=":1" />
Ante esa situación, o municipio apostou pola [[reconversión industrial]] a través de dotacións culturais, da remodelación do barrio portuario (Västra Hamnen) e de importantes obras arquitectónicas para reducir o desemprego.<ref>{{Cita web|url=http://esctoday.com/63442/eurovision-2013-discover-the-transformation-of-malmo/|título=Eurovision 2013: Discover the transformation of Malmö|dataacceso=3 de xuño de 2016|data=8 de maio de 2013|lingua=inglés|páxinaweb=ESCToday}}</ref> Parte dos edificios do antigo estaleiro foron rehabilitados para albergar outras instalacións, tales como o campus da [[Escola Superior de Malmö]] ([[1998]]).<ref>{{Cita web|url=https://studyinsweden.se/university/malmo-university/|título=Malmö University|dataacceso=3 de xuño de 2016|idioma=inglés|páxinaweb=Study in Sweden}}</ref> No [[2000]] inaugurouse o [[ponte de Øresund]] que conecta a Malmö con [[Dinamarca]] a través do [[mar Báltico]],<ref>{{Cita web|url=http://economia.elpais.com/economia/2016/02/10/actualidad/1455099888_010337.html|título=Así es el puente escandinavo que asombra en las redes|dataacceso=3 de xuño de 2016|data=10 de febreiro de 2016|páxinaweb=El País}}</ref> e en [[2005]] completáronse as obras do ''[[Turning Torso]]'', un rañaceos residencial de 190 metros deseñado por [[Santiago Calatrava]].<ref>{{Cita web|url=http://www.elmundo.es/cultura/2015/08/07/55c4c3b846163fc85b8b4583.html|título=Calatrava, premio '10 year Award' por su edificio Turning Torso|dataacceso=3 de xuño de 2016|data=7 de agosto de 2015|páxinaweb=El Mundo}}</ref> O xesto que confirmou a transformación de Malmö foi o desmantelamento da [[guindastre Kockums]] en [[2002]]. Por outra banda, o centro urbano viviu un [[Xentrificación|proceso de xentrificación]].<ref name=":1" />


Malmö foi sede do [[Festival de Eurovisión]] en dúas ocasións: [[Festival de Eurovisión 1992|1992]] (no [[Malmömässan|Malmö isstadion]]) e [[Festival de Eurovisión 2013|2013]] (no [[Malmö Arena]]).<ref>{{Cita web|url=http://cultura.elpais.com/cultura/2012/07/09/television/1341830699_308285.html|título=La ciudad sueca de Malmö acogerá Eurovisión 2013|dataacceso=10 de xuño de 2016|apelido=|nome=|data=9 de xuño de 2012|idioma=|páxinaweb=El País}}</ref>
Malmö foi sede do [[Festival de Eurovisión]] en dúas ocasións: [[Festival de Eurovisión 1992|1992]] (no [[Malmömässan|Malmö isstadion]]) e [[Festival de Eurovisión 2013|2013]] (no [[Malmö Arena]]).<ref>{{Cita web|url=http://cultura.elpais.com/cultura/2012/07/09/television/1341830699_308285.html|título=La ciudad sueca de Malmö acogerá Eurovisión 2013|dataacceso=10 de xuño de 2016|apelido=|nome=|data=9 de xuño de 2012|idioma=|páxinaweb=El País}}</ref>

Revisión como estaba o 20 de maio de 2021 ás 18:06

Coordenadas: 55°35′N 13°02′L / 55.583, -13.033 Modelo:Cidade Malmö, situada no Condado de Escania (Skåne, en sueco), é a terceira cidade máis grande de Suecia con 270.000 habitantes. O seu desenvolvemento vai dende a industrialización ata converterse aos poucos nunha cidade universitaria.

Historia

Idade Media

Cidade fortificada de Malmö, segundo o Civitates orbis terrarum (1588).

Considérase que Malmö foi fundada entre os séculos XII e XIII, cando a rexión de Escania pertencía ao reino de Dinamarca. Nos anos 1200 erixiuse unha pedanía costeira entre a igrexa de Copenhaguen e o arcebispado de Lund. Máis tarde ordenouse construír unha fortaleza no mesmo punto. A partir de 1275 podíase cruzar o estreito de Øresund por barco, o cal impulsou o desenvolvemento comercial de Malmö ao estar dentro da ruta da Liga Hanseática.[1]

En 1319 comezaron as obras da Igrexa de San Pedro, a primeira igrexa gótica de ladrillos dentro das fronteiras actuais de Suecia.

Xa no século XV, Malmö superara en importancia a Lund e era unha das cidades máis poboadas de Dinamarca con aproximadamente 5000 habitantes, un importante mercado e unha puxante industria pesqueira de arenques.[1] Durante o reinado de Erico de Pomerania produciuse a creación da aduana de Øresund (1429), a construción do primeiro castelo de Malmö (1434) e a entrega en 1437 do escudo de armas local: unha cabeza de grifón, máis tarde convertida en símbolo representativo de Escania. Malmö foi tamén un dos primeiros lugares escandinavos que adoptou o luteranismo durante a reforma protestante.

A estrutura orixinal do castelo de Malmö foi derruída a comezos do século XVI, e o rei Cristián III de Dinamarca ordenou a súa reconstrución na década de 1530. Entre 1568 e 1573, a fortaleza foi tamén a prisión de James Hepburn, IV conde de Bothwell, terceiro marido da raíña María I de Escocia.[2]


Idade Moderna

Durante todo o século XVII, a rexión histórica de Skåneland no sur da península escandinava foi obxecto de disputa entre Dinamarca e Suecia. Logo da segunda guerra sueco-danesa, o monarca Carlos X Gustavo de Suecia logrou a anexión de Escania mediante o Tratado de Roskilde.[3] A partir do 28 de febreiro de 1658, Malmö quedaría baixo control do reino de Suecia e iniciouse a asimilación cultural de toda a poboación.[3] Tres meses máis tarde estalaría outra guerra entre ambos reinos que concluíu en 1660 coa firma do Tratado de Copenhaguen, certificando a soberanía sueca. En 1677, en plena Guerra Escanesa, máis de 14.000 soldados daneses asediaron o pobo fortificado durante case un mes, pero foron derrotados polos 2000 militares suecos que a defendían.

Os conflitos continuaron a comezos do século XVIII, cando as tropas danesas entraron en Malmö durante a Gran Guerra do Norte (1709). Un ano despois, o batallón sueco a cargo do xeneral Magnus Stenbock logrou expulsar aos daneses e retomar o control. Todos estes episodios, sumados á chegada da peste bubónica, rebaixaron a poboación local a pouco máis de 300 habitantes na década de 1720.

As autoridades suecas asumiron a reconstrución de Malmö cando a situación xa se había estabilizado. Ademais da inauguración dun novo porto en 1775, desenvolvéronse servizos básicos como escolas, hospitais, a central eléctrica e unha planta de tratamento de augas residuais.[1]

Idade Contemporánea

A cidade viviu unha época de esplendor grazas ao novo porto e ao comezo da Revolución Industrial. Houbo dous feitos que contribuíron a iso. Por unha banda, o empresario Frans Suell dedicouse a importar tabaco de América do Norte ao resto de Europa durante a Revolución das Trece Colonias, e máis tarde o porto explotaríase como ruta de contrabando durante as Guerras Napoleónicas.[4] E doutra banda, o navieiro Frans Henrik Kockum fundou o estaleiro Kockums Naval en 1840, o que levou a especialización de Malmö no sector industrial.[5][6] Finalmente, o negocio local viuse impulsado en 1856 coa inauguración do ferrocarril entre Malmö e Lund, ampliado en 1874 ata Katrineholm.

En 1870, Malmö superara a Norrköping como a terceira cidade sueca máis habitada, e en 1900 a súa poboación pasaría os 60.000 habitantes. Ao longo do século XX, a chegada de inmigrantes (suecos e estranxeiros) motivou a construción de novas zonas residenciais e vivendas de protección oficial repartidas polo municipio de Malmö. Todas esas casas construíronse baixo o proxecto polo millón de vivendas.[7]

Porén, na década de 1970 produciuse unha grave crise económica que afectou aos estaleiros suecos. Kockums tivo que ser rescatada polo estado, e en 1986 cesou toda a produción de barcos civís para especializarse en buques militares, coa consiguiente destrución de empregos. Ademais, moitas familias de clase media mudáronse a cidades dormitorio como Vellinge, Lomma e Staffanstorp.

Ante esa situación, o municipio apostou pola reconversión industrial a través de dotacións culturais, da remodelación do barrio portuario (Västra Hamnen) e de importantes obras arquitectónicas para reducir o desemprego.[8] Parte dos edificios do antigo estaleiro foron rehabilitados para albergar outras instalacións, tales como o campus da Escola Superior de Malmö (1998).[9] No 2000 inaugurouse o ponte de Øresund que conecta a Malmö con Dinamarca a través do mar Báltico,[10] e en 2005 completáronse as obras do Turning Torso, un rañaceos residencial de 190 metros deseñado por Santiago Calatrava.[11] O xesto que confirmou a transformación de Malmö foi o desmantelamento da guindastre Kockums en 2002. Por outra banda, o centro urbano viviu un proceso de xentrificación.[7]

Malmö foi sede do Festival de Eurovisión en dúas ocasións: 1992 (no Malmö isstadion) e 2013 (no Malmö Arena).[12]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Malmö history". malmo.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  2. "Les Affaires du Conte de Boduel - A translation of Bothwell's Memoirs". www.marie-stuart.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Freden i Roskilde - Roskildefreden (1658)". www.sydsverige.dk (en danés). Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  4. Bylund, Jesper. "Tobaksindustri". Malmö Stad (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  5. "The Stirling Engine: an engine for the future". Saab Solutions (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  6. Bylund, Jesper. "Kockums". Malmö Stad (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  7. 7,0 7,1 "Malmö: una pequeña gran ciudad". geoface.es. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  8. "Eurovision 2013: Discover the transformation of Malmö". ESCToday (en inglés). 8 de maio de 2013. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  9. "Malmö University". Study in Sweden (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  10. "Así es el puente escandinavo que asombra en las redes". El País. 10 de febreiro de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  11. "Calatrava, premio '10 year Award' por su edificio Turning Torso". El Mundo. 7 de agosto de 2015. Consultado o 3 de xuño de 2016. 
  12. "La ciudad sueca de Malmö acogerá Eurovisión 2013". El País. 9 de xuño de 2012. Consultado o 10 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas