Coxín de seguridade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Iniciando páxina traducindo dende ca:Coixí de seguretat
 
m engado a Categoría:Automóbiles mediante HotCat
Liña 10: Liña 10:
== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

[[Categoría:Automóbiles]]

Revisión como estaba o 18 de maio de 2021 ás 00:51

Coxíns de seguridade desinchados nun Peugeot 306.

Un coxín de seguridade (en inglés airbag, traducíbel como bolsa de ar), é un sistema de protección dos ocupantes dos vehículos. Consiste nunha bolsa inchábel que se activa de golpe cando o vehículo sofre un choque. Deste xeito, os ocupantes, coa inercia, non baten contra elementos duros do vehículo, senón cunha bolsa de ar. Aínda que o coxín de seguridade se desincha rapidamente, amortece o golpe e evita lesións.

Os coxíns de seguridade actívanse cun pequeno explosivo. Hai de dianteiros e de laterais.

A súa finalidade é de dar protección aos corpos dos ocupantes do vehículo no intre dunha colisión respecto ao choque contra obxectos interiores do vehículo como o volante ou unha fiestra. Os coxíns de seguridade están deseñados para que só se inchen en choques frontais dende moderados a severos e suplementen a protección que ofrecen os cintos de seguridade. A maioría dos deseños de coxíns de seguridade ínchanse mediante un proceso pirotécnico e só funcionan unha vez. Considérase un aparello pasivo, debido a que non require a acción humana para activarse, en contraste co cinto de seguridade que se considera un mecanismo activo.[1][2][3] Os coxíns de seguridade non son unha alternativa ao uso do cinto de seguridade, xa que poden causar lesións se os ocupantes non abrochan o cinto.

Os primeiros coxíns de seguridade en vehículos de pasaxeiros apareceron na década de 1970 pero non foron amplamente utilizados até os derradeiros anos da década de 1980.

Notas