Ares: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.7
Liña 133: Liña 133:
== Política e goberno ==
== Política e goberno ==
=== Goberno municipal ===
=== Goberno municipal ===
[[Julio Iglesias Redondo]] é o alcalde de Ares dende xuño de [[2007]]. Goberna en solitario cos únicos apoios estables dos cinco concelleiros do seu grupo, o [[PSdeG]]. Na oposición, sentan os edís de [[PPdG]], [[BNG]] e do grupo independente [[NAL]].
[[Julio Iglesias Redondo]] é o alcalde de Ares dende xuño de [[2007]]. Goberna en solitario cos únicos apoios estables dos cinco concelleiros do seu grupo, o [[Partido dos Socialistas de Galicia|PSdeG-PSOE]]. Na oposición, sentan os edís de [[PPdG|PPdeG]], [[BNG]] e do grupo independente [[NAL]].

=== Eleccións municipais de 2007 ===
{| class="wikitable"
|+Eleccións municipais de 2007
!Partido político
!Concelleiros
!Votos
!Porcentaxes
|-
|[[Partido Popular de Galicia|PPdeG]]
|5
|1338
|35,59%
|-
|[[Partido dos Socialistas de Galicia|PSdeG-PSOE]]
|5
|1314
|34,95%
|-
|[[Bloque Nacionalista Galego|BNG]]
|2
|541
|14,39%
|-
|[[NAL]]
|1
|317
|8,43%
|-
|[[Union Popular|UPARES]]
|0
|197
|5,24%
|}


== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==

Revisión como estaba o 14 de maio de 2021 ás 11:18

Coordenadas: 43°25′43″N 08°14′34″O / 43.42861, -8.24278

Ares
Escudo de Ares
Vista panorámica da vila
Situación
Xentilicio[1]aresán/aresá
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ferrol
Poboación6.132 hab. (2023)[2][3]
Área18,3 km²[3]
Densidade335,08 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeJulio Iglesias Redondo (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 7
Outros: NAL 1
Eleccións municipais en Ares
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes12,37%
Na rede
www.concellodeares.gal
editar datos en Wikidata ]

Ares é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2014 tiña 5741 habitantes (2845 homes e 2896 mulleres)(en 2012 5839, 5673 no 2009, 5405 no 2006, 5301 no 2005, 5265 no 2004, 5188 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «aresán»[8].

Demografía

Censo total 2014 5741 habitantes
Menores de 15 anos 674 (11,74 %)
Entre 15 e 64 anos 3661 (63,77 %)
Maiores de 65 anos 1403 (24,44 %)
Evolución da poboación de Ares   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4209 4850 4724 4708 5265 5673 5801 5839 5801
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio histórico

Ares conta cun estilo arquitectónico orixinal, con casas dunha soa planta e galerías de madeira pintada de cores vivas. Todo o concello está salpicado por edificios de arquitectura indiana. Moitos deles son dunha grande beleza e gozan dun case perfecto estado de conservación. A súa singularidade converteuna nun destino de veraneo moi visitado nos anos 80 e 90. Este feito contribuíu á propia degradación do contorno arquitectónico, que se viu inundado de casas modernas de varios pisos, aínda que hai zonas que conservan o encanto orixinal da vila, como O Porto, onde abundan as casas dunha altura e paredes encaladas que envolven arrevesadas canellas.

As construcións máis relevantes son o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro e as Baterías militares do Segaño e Coitelada, ademais dos restos dunha antiga torre situada ao final do espigón, en dirección a Estacas.

Xeografía

Esténdese pola franxa costeira que vai desde a Ría de Ferrol ata o porto de Redes.

A vila aresá está situada á beira dunha enseada rodeada de praias que suman case tres quilómetros costeiros de areais de augas tranquilas. As praias máis coñecidas de Ares son A Rampa, O Cruceiro e a A Xunqueira, Redes, Seselle, O Raso, Sabadelle, Río Sandeu e Chanteiro. Tamén hai algunhas calas como Estacas e Centeás e outras calas máis illadas.

Fauna e flora

En Ares teñen presenza especies como as andoriñas, os morcegos ou os lucecús. A ría é rica en marisco; abundan as centolas, nécoras, ameixas, berberechos, percebes, vieiras etc. Tamén os muxos asoman pola ría e, nalgunhas épocas do ano, sobre todo no verán, é común divisar grupos de arroaces gozando das tranquilas augas desta ría.

Ares ten territorio, o seu litoral máis exterior na ría, dentro da zona especial de conservación (ZEC) e a zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa Ártabra".[9]

Economía

A economía de Ares baséase na pesca, así como na agricultura e o turismo.

Turismo

Entre as festas locais destacan O Voto de Chanteiro, O Carme e as súas procesións marítimas tanto en Redes como en Ares, San Roque en Ares, San Pedro en Cervás e a festividade do Corpus Christi. Na véspera desta última, ata ben entrada a madrugada, toda a xente da vila afánase en cubrir varias rúas do centro con alfombras feitas de flores polas que pasará o día seguinte a procesión.

Ares conta ademais con dous cámpings próximos ás praias, hotel, bares e lugares onde gozar da gastronomía local.

Hai varias rutas de sendeirismo e bicicleta de montala polas que se pode gozar de vistas como a de Montefaro, coas Rías Altas e un Océano Atlántico sempre custodiado pola Torre de Hércules.

Política e goberno

Goberno municipal

Julio Iglesias Redondo é o alcalde de Ares dende xuño de 2007. Goberna en solitario cos únicos apoios estables dos cinco concelleiros do seu grupo, o PSdeG-PSOE. Na oposición, sentan os edís de PPdeG, BNG e do grupo independente NAL.

Eleccións municipais de 2007

Eleccións municipais de 2007
Partido político Concelleiros Votos Porcentaxes
PPdeG 5 1338 35,59%
PSdeG-PSOE 5 1314 34,95%
BNG 2 541 14,39%
NAL 1 317 8,43%
UPARES 0 197 5,24%

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ares.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ares

Ares (San Xosé) | Caamouco (San Vicente) | Cervás (San Pedro)


Lugares de Ares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ares vexa Lugares de Ares.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ares".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións municipais 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Saúdo do alcalde, consultado o 14-09-2019
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  9. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Costa Ártabra". 

Véxase tamén

Ligazóns externas