Torre de Teodomiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
|estadoactual = vestixios
|estadoactual = vestixios
|11 = Galiza
|11 = Galiza
}}
{{Ben de Interese Cultural
|largo = 22em
|declaración=Resolución DGBAA
|data_declaración=17 de outubro de 1994
|figura=[[Lista de monumentos da provincia da Coruña|Monumento]]
}}
}}
A '''Torre de Teodomiro''', tamén coñecida como o '''Castelo de Teodomiro''',<ref name="BIC">{{Cita web |url=http://ficheiros-web.xunta.gal/patrimonio/bic/relacion_bic.ods |título=Relación de Bens de Interese Cultural |páxina-web=Portal Datos Abertos da [[Xunta de Galicia]] |formato=[[OpenDocument|ODS]]}}</ref> foi un [[Castelo (fortificación)|castelo]] [[Alta Idade Media|altomedieval]] situado no [[monte do Gato]]. Foi declarada [[Ben de Interese Cultural]] no ano [[1994]].
A '''Torre de Teodomiro''', tamén coñecida como o '''Castelo de Teodomiro''',<ref name="BIC">{{Cita web |url=http://ficheiros-web.xunta.gal/patrimonio/bic/relacion_bic.ods |título=Relación de Bens de Interese Cultural |páxina-web=Portal Datos Abertos da [[Xunta de Galicia]] |formato=[[OpenDocument|ODS]]}}</ref> foi un [[Castelo (fortificación)|castelo]] [[Alta Idade Media|altomedieval]] situado no [[monte do Gato]]. Foi declarada [[Ben de Interese Cultural]] no ano [[1994]].
Liña 30: Liña 36:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Castelos e fortalezas de Galicia]]
[[Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia]]
[[Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia]]
[[Categoría:Castelos e fortalezas de Galicia]]
[[Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña]]
[[Categoría:Aranga]]
[[Categoría:Aranga]]
[[Categoría:Oza-Cesuras]]
[[Categoría:Castelos e fortalezas de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Castelos e fortalezas de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Aranga sen imaxes]]
[[Categoría:Aranga sen imaxes]]
[[Categoría:Oza-Cesuras sen imaxes]]

Revisión como estaba o 12 de maio de 2021 ás 20:47

Torre de Teodomiro
ben de interese cultural
ParroquiaFervenzas, Rodeiro
ConcelloAranga, Oza-Cesuras
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galiza
Coordenadas43°11′59″N 8°07′13″O / 43.19968, -8.12028Coordenadas: 43°11′59″N 8°07′13″O / 43.19968, -8.12028
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século VI)
Estado actualvestixios
Véxase tamén
Castelos de Galiza
editar datos en Wikidata ]
Torre de Teodomiro
Ben de Interese Cultural
Coordenadas43°11′59″N 8°07′13″O / 43.19968, -8.12028Coordenadas: 43°11′59″N 8°07′13″O / 43.19968, -8.12028{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
DeclaraciónResolución DGBAA
Data17 de outubro de 1994
CategoríaMonumento
CódigoRI-51-0008825

A Torre de Teodomiro, tamén coñecida como o Castelo de Teodomiro,[1] foi un castelo altomedieval situado no monte do Gato. Foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1994.

Historia

A fundación desta fortificación produciríase na Alta Idade Media, na época do reino suevo de Galiza. Segundo o Cronicón de Walfrido foi o rei suevo Teodomiro quen arredor do ano 550 encargou a súa construción no Monte Cato. Recibía o nome de Castrum Feacium, topónimo que hoxe dá nome á inmediata parroquia de Feás, e situábase fronte ao camiño que ligaba Betanzos con Curtis, Sobrado ou Lugo, isto é, nun contexto viario estratéxico.[2]

Posteriormente houbo unha ocupación medieval dos condes de Présaras.[1]

En 1892, Manuel Martínez Santiso na súa Historia de la Ciudad de Betanzos facía referencia á fortaleza e informaba de que xa non ficaban restos.[3] En 1918, o historiador e arqueólogo Ángel del Castillo cría que non había «xeito nin de reducir a súa situación nin de probar a súa existencia».[4]

No ano 1994 foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC), malia non existir na altura indicio ningún sobre a localización nin estruturas.[1] Tamén foi incluída no Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Aranga, que se aprobou en 2013. Aínda que sen xeolocalizar, situouse na parroquia de Fervenzas.[5] A falla de indicios sobre os seus restos provocou a intención de analizar a súa baixa como Ben de Interese Cultural.[1]

Francisco Pato Fandiño, na súa obra de 2018 sobre a parroquia de Santa María de Ois (Coirós), consideraba posíbel que a fortaleza se localizase no lugar denominado Cruz do Campo Xaneiro,[6] onde converxen as parroquias de Ois, Fervenzas, Bandoxa e Rodeiro (estas dúas últimas do concello de Oza-Cesuras).[7] En abril de 2021, o arqueólogo Antón Malde, seguindo a toponimia e empregando as modernas técnicas de análise xeográfica, achou «fortes indicios» dos restos algo máis ao sur, no lugar do Castelo de Arriba (Rodeiro). A radiografía do terreo, o cal se atopa totalmente cuberto de vexetación, permitiulle apreciar o que semella unha «muralla elipsoidal e probabelmente un corpo central».[2]

Ao mesmo tempo, as empresas Greenalia e Galernegy, que pretenden instalar até 40 muíños eólicos na mesma zona do castelo altomedieval, alén de omitir a existencia dunhas mámoas no seu estudo arqueolóxico, tampouco facían referencia ó BIC.[2][8] Perante esta situación, o BNG reclamou no Parlamento protección para a fortificación, así como medidas concretas para a súa conservación e posta en valor.[9]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Relación de Bens de Interese Cultural" (ODS). Portal Datos Abertos da Xunta de Galicia. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Pérez, Antares (6 de maio de 2021). "Un arqueólogo localiza “fuertes indicios” de un castillo de la Alta Edad Media en Monte do Gato". La Opinión A Coruña (en castelán) (Aranga). 
  3. Martínez Santiso, Manuel (1987) [1892]. Erias Martínez, Alfredo, ed. Historia de la Ciudad de Betanzos (PDF) (facsímile) (en castelán). Deputación da Coruña. p. 142. ISBN 84-86040-17-5. 
  4. Del Castillo, Ángel (1918). "Reseña histórica dos monumentos y-obras d'arte qu'esistiron y-eisisten en Betanzos" (PDF). En Vales Villamarín, Francisco. 1918. Xogos froraes de Betanzos (en castelán). Betanzos: Imp. de Manuel Villuendas. pp. 27–48, en 30. 
  5. Catálogo de Patrimonio (PDF) (Informe). Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Aranga. 2013. Código do elemento 5-1. 
  6. Pato Fandiño, Francisco (2018). Historia documentada de Santa María de Ois (PDF) (en castelán). Deputación da Coruña. p. 18. 
  7. Instituto Geográfico Nacional de España (2001). "Oza Dos Ríos, 46-III" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional de España (2.ª ed.). 1:25000 (en castelán). 
  8. "Xunta e Greenalia, abertos a cambios nos parques eólicos do Monte do Gato ao darse cunha fortaleza". Europa Press. 6 de maio de 2021. 
  9. "O BNG demanda no Parlamento protección para a Torre de Teodomiro". Bloque Nacionalista Galego das Mariñas. Betanzos. 6 de maio de 2021.