Chacho: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5773572 de Anton45 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Anton45 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5773571 de Anton45 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 91: Liña 91:
[[Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña]]
[[Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña]]
[[Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia]]
[[Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia]]

Revisión como estaba o 8 de maio de 2021 ás 12:11

Chacho
Información persoal
Nome Eduardo González Valiño
Nacemento 14 de abril de 1911
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 21 de outubro de 1979
Lugar de falecemento A Coruña
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1926–1934 Deportivo da Coruña 46 (24)
1934–1936 Atlético de Madrid 39 (14)
1936–1944 Deportivo da Coruña 56 (19)
1945–1946 Xuvenil
1945–1946 Deportivo da Coruña 4 (1)
Selección nacional
1933–1934 España 3 (7)
Adestrador
1936 Deportivo da Coruña
1941–1943 Deportivo da Coruña
1951–1952 Deportivo da Coruña
Na rede
FIFA: 47457 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Eduardo González Valiño, máis coñecido como Chacho, nado na Coruña o 14 de abril de 1911 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1979, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria

Iniciouse como futbolista en 1927 no Deportivo da Coruña, na Segunda División. Xogou no club ata o ano 1934 (obtendo como mellor posición un cuarto posto en 1932), cando fichou por dúas tempadas polo Atlético de Madrid, que acababa de subir a Primeira División. Con este equipo quedou en sétima e undécima posición. En 1936, e coincidindo co inicio da guerra civil española, volveu ao Deportivo, onde exerceu como xogador-adestrador primeiro,[1] e logo só como xogador, e co que conseguiu o ascenso a Primeira no ano 1941, e un cuarto posto o ano seguinte, na primeira tempada deste equipo na máxima categoría. Na tempada 1941-1942 fixo de novo de xogador-adestrador, e 1944 deixou o club.

Non xogou en ningún equipo por un tempo pero seguiu adestrando, e en 1945 fichou polo Deportivo Xuvenil para axudalo a ascender á Terceira División. Pouco despois volveu ao Deportivo, co que disputou a parte final da tempada 1945/46 e tras o remate desta retornou ao Xuvenil para xogar a Copa Galicia. Retirouse definitivamente ese ano, 1946. Volveu ao banquiño coruñés na tempada 1951–52.[2]

Está considerado un dos mellores xogadores da historia do Deportivo e en 1988 inaugurouse unha escultura dedicada a el xunto ao estadio de Riazor.

Faleceu na Coruña o 21 de outubro de 1979.

Selección nacional

Chacho foi internacional coa selección española en tres ocasións, logrando 7 tantos. Participou no Mundial de Italia de 1934. Ten o récord de maior número de goles marcados nun partido coa selección española, cos seis goles que anotou fronte a Bulgaria nun partido amigábel en 1933, no seu debut.[3]

Familia

Era fillo de Carlos González e Irene Valiño Pérez, irmán entre outros de Baldomero González Valiño, "Mero", tamén futbolista e máis tarde presidente do Sporting Ciudad, e cuñado de Eduardo Viso, futbolista e adestrador.[4]

Foi pai dos tamén futbolistas Antonio e Jaime González Meilán, alcumados "Chacho II" e" Chacho III" respectivamente.

Notas

  1. "Chacho, entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xullo de 1936. p. 8. 
  2. "Chacho". Vavel (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  3. "Morreu Chacho, "recordman" español". El País (en castelán). 23 de outubro de 1979. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  4. "Necrología". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de decembro de 1966. p. 14. 

Véxase tamén

Ligazóns externas