Composición fotográfica: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición Etiqueta: edición de código 2017 |
mSen resumo de edición Etiqueta: edición de código 2017 |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
{| |
{| |
||
|- align="center" |
|- align="center" |
||
|[[ |
|[[Ficheiro:encuadrevertical2.JPG|miniatura|150px|Encuadre vertical]] |
||
|[[ |
|[[Ficheiro:Ejemploencuadrehorizontal.JPG|miniatura|250px|Encuadre horizontal]] |
||
|[[ |
|[[Ficheiro:Ejemploencuadreinclinado.JPG|miniatura|300px|Encuadre inclinado]] |
||
|} |
|} |
Revisión como estaba o 5 de maio de 2021 ás 20:32
Do latín compositio, que significa ordenar, arranxar, pói unhas cousas sobre outras. A composición fotográfica é a distribución dos diferentes elementos dentro dos límites do encadramento da foto.
A perspectiva, o horizonte, a diagonal, a liña "S", a imaxe horizontal, a imaxe vertical, o centro de interese, o fondo, o contraste.. son elementos a ter en conta á hora de facer unha fotografía, que proveñen en orixe da composición na arte (en especial da pintura).
Elementos e ferramentas básicas da composición
• Elixir ben o encadramento e o punto de vista: temos que elixir o obxecto ó que queremos fotografar e buscar o punto de vista en que resalte máis, e evitar a aparición de elementos que desvíen a nosa atención.
• A regra dos terzos: esta regra consiste en dividir a pantalla, imaxinariamente, en terzos, tanto horizontal como verticalmente. O obxecto non debe estar no centro da imaxe, senón nun dos puntos de intersección da cuadrícula imaxinaria. Ademas da regra dos terzos hai outros métodos e teorías para acadar unha boa composición, como por exemplo o método diagonal.
• As liñas dominantes: estas liñas deben centrar a atención, non desviala. Pódese achar unha liña case en calquera cousa. Unha das normas máis populares da composición baséase na repetición das liñas e obxectos, especialmente cando o tema é unha estrutura. As liñas poden ser, horizontais, verticais, curvas ou oblicuas. As diagonais e liñas en "S" son moito máis interesante cás liñas paralelas, utilízanse para imprimar un certo movemento ás fotos.
• O espazo por diante: chamado lead room ou espazo de nariz, é preciso deixar ver o que está por diante na ollada ou no movemento dos suxeitos fotografados.