Skogsrået: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
| intérpretes_estrea = [[Helsingin kaupunginorkesteri]]
| intérpretes_estrea = [[Helsingin kaupunginorkesteri]]
}}
}}
'''''Skogsrået''''' (trad. ''A ninfa do bosque''; subtitulada ''{{lang|fr|[[ballade]] pour l'orchestre}}''), [[Opus number|Op.]] 15,{{efn|During the tone poem's long period of obscurity, the dramatic monologue was listed as 'Op.15' in the Sibelius worklists and the tone poem was omitted.{{sfn|Wicklund|2015|p=vi}}}} é un [[poema sinfónico]] [[música programática|programático]] escrito entre [[1884]] e [[1885]] polo compositor finlandés [[Jean Sibelius]]. A balada, que se estreou o [[17 de abril]] de 1895 en [[Helsinqui]] ([[Finlandia]]), baixo a dirección do propio Sibelius, segue o poema homónimo de [[1882]] do escritor sueco [[Viktor Rydberg]], no cal un mozo, Björn, se interna no bosque e é seducido e levado á desesperación por unha ''skogsrå'', ou ninfa do bosque. Organizativamente, o poema sinfónico consiste en catro seccións informais, cada unha das cales correspóndese cunha das catro estrofas do poema e evoca o estado de ánimo dun episodio en particular: primeiro, vigor heroico; segundo, actividade frenética; terceiro, amor sensual; e cuarto, dor inconsolable.
'''''Skogsrået''''' (traducible dende o sueco como ''A ninfa do bosque''), subtitulada ''{{lang|fr|[[ballade]] pour l'orchestre}}'', [[Opus number|Op.]] 15,{{efn|During the tone poem's long period of obscurity, the dramatic monologue was listed as 'Op.15' in the Sibelius worklists and the tone poem was omitted.{{sfn|Wicklund|2015|p=vi}}}} é un [[poema sinfónico]] [[música programática|programático]] escrito entre [[1884]] e [[1885]] polo compositor finlandés [[Jean Sibelius]]. A balada, que se estreou o [[17 de abril]] de 1895 en [[Helsinqui]] ([[Finlandia]]), baixo a dirección do propio Sibelius, segue o poema homónimo de [[1882]] do escritor sueco [[Viktor Rydberg]], no cal un mozo, Björn, se interna no bosque e é seducido e levado á desesperación por unha ''skogsrå'', ou ninfa do bosque. Organizativamente, o poema sinfónico consiste en catro seccións informais, cada unha das cales correspóndese cunha das catro estrofas do poema e evoca o estado de ánimo dun episodio en particular: primeiro, vigor heroico; segundo, actividade frenética; terceiro, amor sensual; e cuarto, dor inconsolable.


''Skogsrået'' foi interpretada tres veces máis esa década; logo, por petición do compositor, unha vez máis en [[1936]]. Nunca publicada, pensouse que a balada era comparable a obras insubstanciais e de xuventude que Sibelius suprimira ata que o musicólogo finlandés [[Kari Kilpeläinen]] 'redescubriu' o manuscrito nos arquivos da [[Universidade de Helsinqui]], "[atrapando] Finlandia, e o mundo musical, por sorpresa".{{Harvnp|Anderson|1996|pp=51–52}} [[Osmo Vänskä]] e a [[Sinfonia Lahti]] realizaron a estrea moderna da balada o [[9 de febreiro]] de [[1996]]. Aínda que a partitura permanecera 'perdida' durante sesenta anos, o seu material temático era coñecido de xeito reducido a través dun [[melodrama]] para narrador, piano, dúas trompas, e cordas. Sibelius probablemente arranxou o melodrama a partir do poema sinfónico, aínda que afirmou o contrario. Algúns críticos, se ben admiten a beleza das ideas musicais, critican a Sibelius pola súa excesiva confianza na narrativa do material orixinal e a falta dunha da estrutura rigorosamente unificada que caracterizou a súa produción posterior, mentres que outros, como [[Veijo Murtomäki]], calificaron á obra como "obra mestra"{{Harvnp|Murtomäki|2001|p=95}} digna de ser clasificada entre as mellores obras orquestrais de Sibelius.
''Skogsrået'' foi interpretada tres veces máis esa década; logo, por petición do compositor, unha vez máis en [[1936]]. Nunca publicada, pensouse que a balada era comparable a obras insubstanciais e de xuventude que Sibelius suprimira ata que o musicólogo finlandés [[Kari Kilpeläinen]] 'redescubriu' o manuscrito nos arquivos da [[Universidade de Helsinqui]], "[atrapando] Finlandia, e o mundo musical, por sorpresa".{{Harvnp|Anderson|1996|pp=51–52}} [[Osmo Vänskä]] e a [[Sinfonia Lahti]] realizaron a estrea moderna da balada o [[9 de febreiro]] de [[1996]]. Aínda que a partitura permanecera 'perdida' durante sesenta anos, o seu material temático era coñecido de xeito reducido a través dun [[melodrama]] para narrador, piano, dúas trompas, e cordas. Sibelius probablemente arranxou o melodrama a partir do poema sinfónico, aínda que afirmou o contrario. Algúns críticos, se ben admiten a beleza das ideas musicais, critican a Sibelius pola súa excesiva confianza na narrativa do material orixinal e a falta dunha da estrutura rigorosamente unificada que caracterizou a súa produción posterior, mentres que outros, como [[Veijo Murtomäki]], calificaron á obra como "obra mestra"{{Harvnp|Murtomäki|2001|p=95}} digna de ser clasificada entre as mellores obras orquestrais de Sibelius.

Revisión como estaba o 25 de abril de 2021 ás 18:12

Artigos bos
Artigos bos
Este artigo é actualmente un candidato a artigo bo. Un artigo bo debe servir como exemplo para a gran maioría dos artigos da Galipedia, e, polo tanto, agárdase que cumpra varios criterios. Por favor, se queres, deixa comentarios na votación.
Skogsrået
de Jean Sibelius
Jean Sibelius en 1891.
XéneroSinfónico
FormaPoema sinfónico
Composición1884-85
Publicación2006
EditorialBreitkopf & Härtel
GravaciónOsmo Vänskä, Sinfonia Lahti, 1996
Estrea
Data17 de abril de 1885
LugarHelsinqui
DirectorJean Sibelius
IntérpretesHelsingin kaupunginorkesteri

Skogsrået (traducible dende o sueco como A ninfa do bosque), subtitulada ballade pour l'orchestre, Op. 15,[a] é un poema sinfónico programático escrito entre 1884 e 1885 polo compositor finlandés Jean Sibelius. A balada, que se estreou o 17 de abril de 1895 en Helsinqui (Finlandia), baixo a dirección do propio Sibelius, segue o poema homónimo de 1882 do escritor sueco Viktor Rydberg, no cal un mozo, Björn, se interna no bosque e é seducido e levado á desesperación por unha skogsrå, ou ninfa do bosque. Organizativamente, o poema sinfónico consiste en catro seccións informais, cada unha das cales correspóndese cunha das catro estrofas do poema e evoca o estado de ánimo dun episodio en particular: primeiro, vigor heroico; segundo, actividade frenética; terceiro, amor sensual; e cuarto, dor inconsolable.

Skogsrået foi interpretada tres veces máis esa década; logo, por petición do compositor, unha vez máis en 1936. Nunca publicada, pensouse que a balada era comparable a obras insubstanciais e de xuventude que Sibelius suprimira ata que o musicólogo finlandés Kari Kilpeläinen 'redescubriu' o manuscrito nos arquivos da Universidade de Helsinqui, "[atrapando] Finlandia, e o mundo musical, por sorpresa".[2] Osmo Vänskä e a Sinfonia Lahti realizaron a estrea moderna da balada o 9 de febreiro de 1996. Aínda que a partitura permanecera 'perdida' durante sesenta anos, o seu material temático era coñecido de xeito reducido a través dun melodrama para narrador, piano, dúas trompas, e cordas. Sibelius probablemente arranxou o melodrama a partir do poema sinfónico, aínda que afirmou o contrario. Algúns críticos, se ben admiten a beleza das ideas musicais, critican a Sibelius pola súa excesiva confianza na narrativa do material orixinal e a falta dunha da estrutura rigorosamente unificada que caracterizou a súa produción posterior, mentres que outros, como Veijo Murtomäki, calificaron á obra como "obra mestra"[3] digna de ser clasificada entre as mellores obras orquestrais de Sibelius.

Composición

Sibelius admiraba a Rydberg e frecuentemente puxo música á súa poesía, como o melodrama Snöfrid, Op. 29, e Atenarnes sång, Op. 31/3 (traducible como Canción dos atenienses).[b][4][5][6][7] O poema Skogsrået foi publicado por primeira vez en 1882, e en 1883 o futuro amigo de Sibelius, o artista Akseli Gallen-Kallela, ilustrouno. En 1888 ou 1889, aproximadamente cando se coñeceron, Sibelius arranxou por primeira vez Skogsrået para voz e piano. Esta versión non ten relación musical co tratamento que Sibelius deulle en 1894-95.[c][9][1]

Rydberg en 1876.

En 1894, aínda que Sibelius era unha figura nacional en Finlandia e completara obras imnportantes como Kullervo e a Suite Karelia, aínda loitaba por liberarse dos modelos wagnerianos e desenvolver un estilo verdadeiramente individual.[1] A orixe do poema sinfónico segue a ser descoñecida, mais Skogsrået puido ter evolucionado fora da música cara a unha ópera verista que Sibelius planeara pero que nunca realizou. O libreto, como relataba nunha carta de Sibelius datada o 28 de xullo de 1894, conta a historia dun xove estudante comprometido que, mentres viaxa polo estranxeiro, coñece e é atraído por unha bailarina exótica. Ao seu regreso, o estudiante describe o baile e á bailarina dun xeito tan vívido que a súa moza deduce que lle foi infiel; o ópera finaliza cunha procesión funeraria pola moza do estudante (a carta non é clara respecto ás causas da morte). Amais, nunha carta do 10 de agosto de 1894, Sibelius informa á súa muller, Aino, dunha nova composición "ao estilo dunha marcha". Murtomäki argumenta que Sibelius adaptou de xeito doado as súas ideas musicais previas á trama de Skogsrået: a marcha converteuse no tema de Björn na primeira sección da obra, o protagonista "quítase a si mesmo (no estranxeiro)" convértese na frenética persecución do segundo, a infelicidade coa bailarina convértese na sedución da malvada skogsrå na terceira, e a procesión funeraria da ópera convértese na desesperanza final de Björn.[10]

Aínda que tanto o poema sinfónico como o melodrama xorden deste material, non está claro que forma musical empregou inicialmente Sibelius para emprender o poema de Rydberg. Na década de 1930, o compositor afirmou que primeiro escribira o melodrama (estresado o 9 de marzo de 1895 nunha bola de lotaría a beneficio do Teatro Finlandés no que foi narrado por Axel Ahlberg), só para darse conta de que "o materíal podía permitir un tratamento máis extenso" como poema sinfónico. Con todo, os estudosos, cuestionaron esta cronoloxía, argumentando que, realizando a estrea do poema sinfónico tan só un mes despois, é "improbable, se non totalmente imposible" que Sibelius puidera ter expendido o melodrama dun xeito tan rápido. Probablemente "comprimiu" o poema sinfónico previo, eliminando pontes e repeticións, para compoñer o melodrama.[11][10][12] O manuscrito do melodrama ten moitas menos correccións que o do poema sinfónico, o que apoia este punto de vista.[1] Sibelius tamén arranxou a conclusión para piano solista.[d][9]

Historia das interpretacións

Nymfen, obra do pintor noruegués Hans Heyerdahl, ca. 1890.

O poema sinfónico estreouse o 17 de abril de 1895 no Gran Salón da Universidade de Helsinqui, co propio Sibelius dirixindo a Helsingin kaupunginorkesteri; o programa tamén incluíu o poema sinfónico Vårsång (Canción da primavera) e seleccións da Suite Carelia. Dous días despois repetiuse a interpretación. A pesar da súa acollida positiva, Skogsrået tan só foi interpretada outras cinco veces en vida de Sibelius: dúas en Turku o 29 e o 30 de novembro de 1897; dúas en Helsinqui na estrea da súa Primeira Sinfonía o 26 e o 30 de abril de 1899 (un acontecemento de gran importancia na carreira de Sibelius, e un sinal de que o compositor vía ‘’Skogsrået’’ como un contrapunto digno para a sínfonía[13]); e, logo dunha paréntese de 37 anos, unha vez máis en Helsinqui o 27 de outubro de 1936.[e] Sibelius, que aos seus setenta anos retirárase a Ainola, non estivo presente nesta última interpretación, aínda que parete ter seleccionado personalmente Skogsrået para o programa;[2] Georg Schnéevoigt, que reduciu a partitura amplamente para adaptar o tempo da interpretación ao asignado á súa retransmisión radiofónica, dirixiu a Helsingin kaupunginorkesteri, co Presidente Pehr Evind Svinhufvud, o Primeiro Ministro Kyösti Kallio, e o Mariscal Carl Gustaf Emil Mannerheim entre o público.[11]

Despois de 1936, Skogsrået desapareceu do repertorio de novo. Ao longo again disappeared from the repertoire. Ao longo da súa carrier, Sibelius tivo problemas con 'bloqueos' creativos e episodios de depresión. Isto levouno a tirar ao lume as partituras cando se sentiu incapaz de revisalas ao nivel que el mesmo esixía. Este foi o destino máis notorio da súa Oitava Sinfonía, mais tamén o de moitas obras das décadas de 1880 e 1890.[14][15] Con todo, non destruiu Skogsrået. A balada permanecía abandonada entre as máis de 10 000 páxinas de papeis e partituras que a familia do compositor depositara en 1982 no arquivo da Biblioteca da Universidade de Helsinqui.[3] A obra foi 'redescuberta' polo experto en manuscritos Kari Kilpeläinen; o seu posterior recoñecemento por parte de Fabian Dahlström "colleu a Finlandia, e ao mundo da música, por sorpresa": o poema sinfónico, de 22 minutos de duración e escrito para orquestar completa, foi moito máis que o melodrama "refundido sen o orador" que moitos no establecimiento de Sibelius lle outorgaran.[2] Skogsrået tivo a súa 'estrea mundial' moderna o 9 de febreiro de 1996 pola Sinfonia Lahti, baixo a batuta de Osmo Vänskä. Vänskä recibiu permiso da familia de Sibelius para interpretar a obra.[16] Por necesidade, Vänskä complementou o manuscrito cheo de edicións e, polo tanto, "moi difícil de ler" de forma illada, con notas da interpretación de 1936.[17] En 2006, Breitkopf & Härtel publicou a primeira edición de Skogsrået.[18]

Orquestración

A partitura de Sibelius require da utilización de:

Orquestración de Skogsrået
Madeiras
2 frautas, piccolo, 2 óboes, 2 clarinetes,

clarinete baixo, 2 fagots

Metais
4 trompas, 3 trompetas, 3 trombóns
Percusión
Timbais, pratos, bombo, ferriños e pandeireta
Cordas
Violíns (primeiros e segundos), violas, violonchelos e contrabaixos

Estrutura

En 1893, Sibelius expresara a súa crenza na necesidade de motivación poética na música nunha carta ao poeta J. H. Erkko, "creo que a música son, que é a música absoluta, non pode satisfacer. Esperta sentimentos e estados de ánimo pero sempre algo insatisfactorio permanece nas nosas almas..."[1] Nunha carta a Aino en agosto de 1894, Sibelius afirmou ser "realmente un pintor de tons e poeta" no molde dos poemas sinfónicos de Liszt.[19] En Skogsrået, Sibelius adhírese estreitamente á estrutura narrativa do poema de Rydberg, tanto que na estrea de 1895, ás persoas da audiencia proporcionáronselles copias do material orixinal, indicando o centro da trama de Rydberg na interpretación.[20][11] Debido ás súas calidades programáticas, as personalidades da musicoloxía adoitan describir Skogsrået, aínda que nun só movemento, como unha obra con catro seccións informais ou "tableaux dramáticos", cada un dos cales corresponde a a unha das catro estrofas do poema:[21][11]

  1. Alla marcia
  2. Vivace assai—Molto vivace
  3. Moderato
  4. Molto lento

Primeira sección

Unha heroica fanfarria de metais anuncia a Björn, "un mozo alto e guapo". A súa forza e boa aparencia espertaron aos "espíritos astutos", e no seu camiño a unha festa unha noite de verán, está fascinado polo bosque "cantor". A música de apertura, "leda" e triunfante en dó maior, lumbar a Abertura Carelia, Op. 10 (non confundir coa Suite Carelia, Op. 11) que Sibelius escribiu en 1893,[20] e non revela ningún sinal do destino inminente de Björn. O tema de Björn recapitúlase ao final da segunda sección.


{  <<
   \new Staff  \relative c'{  \set Staff.midiInstrument = #"french horn"  \tempo "Alla marcia" \clef bass <e c>2--^"Trombóns" \mf <c g>4 \tuplet 3/2 { <c g>8 <c g> <c g> } <f a,>4-. <c f,>2 <c f,>4  <e c>4-. <c g>4-. <d b>4.-- <c a>8 <c a>1 } 
   \new Staff \relative c { \clef bass  \set Staff.midiInstrument = #"trombone"  \clef bass <c>2-- <e,>4 \tuplet 3/2 { e8 e e } f4-. a2 a4  c4-. e,4-. f4.-- a8 a1 } >> }
Orixinal en sueco

Han Björn var en stor och fager sven
med breda väldiga skuldror
Med smärtare midja än andre män
slikt retar de snöda huldror.
Till gille han gick en höstlig kväll,
då månen sken över gran och häll,
och vinden drog
med hi och ho
över myr och skog,
över hult och mo;
då var honom trolskt i hågen,
han ser åt skogen och har ej ro,
han skådar åt himlabågen,
men träden de vinka och nicka,
och stjärnorna blinka och blicka:
gå in, gå in, gå in i vinande furumo!

Segunda sección

Björn "voluntariamente mais baixo coacción", somérxese profundamente no máxico bosque nórdico e é encantado por ananos malignos e traviesos, que "tecen unha rede de rains de lúa" e rinse roncamente do seu prisioneiro". Considerada por algúns críticos como a sección máis chamativa do poema sinfónico,[9][22] a música "protominimalista" en la menor é á vez hipnótica e deliciosamente propulsiva: Sibelius repite e reelabora o mesmo motivo curto (pertencente inicialmente aos clarinetes) nun rico tapiz das madeiras, acelerando o tempo e engadindo trompas fora de ritmo e trombóns pulsantes, para producir o que Mortomäki describiu como "campo sonoro modal-diatónico".[23]

 
    \relative c'{  \set Staff.midiInstrument = #"clarinet"  \tempo "Vivace assai"  \clef treble a8[^"Clarinete" a8 c8. b16] a8[ a8 r8 a8]~ a8[ a8 c8. d16] e8[ a,8 r8 a8]~ a8[ a8 c8. b16] a8[ a8 r8 a8]( fis8[) fis8 gis8 a8] b8[ a8] r8}
Orixinal en sueco

Han går, han lyder det mörka bud,
han gör det villig och tvungen;
men skogens dvärgar i kolsvart skud,
de fara med list i ljungen
och knyta ett nät af månens sken
och skuggan från gungande kvist och gren,
ett dallrande nät
i ris och snår
bak vandrarens fjät,
där fram han går
och skratta så hest åt fången.
I hidena vakna ulv och lo,
men Björn han drömmer vid sången
som runt från furorna ljuder
och viskar, lockar och bjuder:
gå djupare, djupare in i villande furumo!

Terceira sección

O tema dun home mortal (neste caso o Hylas durmido), seducido e condenado por unha muller sobrenatural é un tema recorrente no folclore e na arte. Aquí está Hylas cunha Ninfa, 1893, por John William Waterhouse[24]

Björn encontrase e é seducido por unha fermosa ninfa de madeira (skogsrå). A sensual música da noite de Midsommar en dó sostido maior está "bañada nun resplandor erótico";[22] unha cantinela do violonchelo solista, unido á trompa e ás cords en pizzicato, representan o avances eróticos da ninfa. "Quen poderío resistirse," escribiu Glenda Dawn Goss como defensa burlona, "a súa [da ninfa] rouca voz do violonchelo solista, os seus movementos sensualmente oscilantes, unha extremidade branca vislumbrada, suave coma o mel, baixo un vestido branco como a lúa, un docemente ondulante peito?".[25]


{ \new PianoStaff <<
   \new Staff \relative c { \key e \major \time 3/4 \clef bass \tempo "Moderato" \set Staff.midiInstrument = #"cello" gis'2(^"Cello solo"  gis8 gis8 ais4)  bis2^\markup { \italic { dolcissimo } } cis2( cis8 cis8 bis4) b2~ b2.~ b4 b2  ais2( ais8 ais8 bis4) cis2 dis2( cis8 dis8 bis4.)( cis8 dis8 eis8) fis2( dis4) fis2( dis4) gis2( fis8 eis8 dis2 eis8 fis8)  gis2( fis8 eis8 dis2 eis8 fis8) gis2( dis4 gis,2.) 
  }

   \new Staff \relative c { \key e \major \time 3/4 \clef bass  \set Staff.midiInstrument = #"strings" 
\new CueVoice { \set Staff.midiInstrument = #"pizzicato strings"
     \stemDown <eis gis, cis,>2.^"Strings" <eis gis, cis,>2. <eis gis, cis,>2. <eis gis, cis,>2. <eis gis, cis,>2. <eis gis, cis,>2. < ais fis dis gis, cis,>2. < ais fis dis gis, cis,>2. < ais fis dis gis, cis,>2. < ais fis dis gis, cis,>2. < ais fis dis gis, cis,>2. < fis dis bis gis cis,>2. < fis dis bis gis cis,>2. < fis dis bis gis cis,>2. < fis dis bis gis cis,>2. < fis dis bis gis cis,>2. < fis dis bis gis cis,>2. < fis dis bis gis cis,>2.

  }}
  >> }
Orixinal en sueco

Nu tystnar brått den susande vind,
och sommardäglig är natten,
och vällukt ångar från blommig lind
vid kärnens sovande vatten.
I skuggan hörs ett prasslande ljud:
Där böljar en skär, och månvit skrud,
där vinkar en arm,
så mjäll och rund,
där häves en barm,
där viskar en mund,
där sjunka två ögon i dina
och leka så blå en evig tro,
att alla minnen försina;
de bjuda dig domna och glömma,
de bjuda dig somna och drömma
i älskogsro i vyssande sövande furumo.

Cuarta sección

Tendo perdido toda esperanza de felicidade terrenal (no folclore sueco, un home que sucumbía a unha skogsrå estaba condenado a perder a súa alma),[9] Björn desespera. A música muta do erótico dó sostuvo maior a un escuro e lógobre 'marcha fúnebre' en dó sostuvo menor.[26] A medida que o ondulante e "dorido" tema do violín choca contra os metais, Björn queda cunha "dor inconsolable", obsesionado polo recordo da skogsrå. "Case nunca escribiuse música," escribiu o crítico musical do xornal Uusi Suometar logo da interpretación de 1899, "que poida describir máis claramente o remordemento".[27]


{ \new PianoStaff <<
   \new Staff \relative c { \key e \major \time 3/2 \clef treble \tempo "Molto lento" \set Staff.midiInstrument = #"strings" r2\mp^"Cordas" cis'2.( c4 b16) r4. b16( e4 b2 cis4 dis16) dis4. fis16 gis2 gis2 ~  
<<
    {
            gis4 gis2 gis2 gis4 
          }
  \new CueVoice { \set Staff.midiInstrument = #"oboe"
    \stemDown dis16_"Oboe" dis4. fis16 gis2 gis2
  }
>>
}
   \new Staff \relative c { \key e \major \time 3/2 \clef bass  \set Staff.midiInstrument = #"strings" \override Staff.NoteSpacing.stem-spacing-correction = #1.8
  \override Staff.StaffSpacing.stem-spacing-correction = #1.8  <gis' e gis, cis,>16 <gis e gis, cis,>4. <gis e gis, cis,>16 ~  <gis e gis, cis,>1 <b gis e b e,>16 <b gis e b e,>4. <b gis e b e,>16 ~  <b gis e b e,>1  <bis gis fis gis, dis>16 <bis gis fis gis, dis>4. <bis gis fis gis, dis>16 ~  <bis gis fis gis, dis>1 <bis gis fis gis, dis>16 <bis gis fis gis, dis>4. <bis gis fis gis, dis>16 ~  <bis gis fis gis, dis>1 } >> }
Orixinal en sueco
Men den, vars hjärta ett skogsrå stjäl,
får aldrig det mer tillbaka:
till drömmar i månljus trår hans själ,
kan han ej älska en maka.
De ögon blå i nattlig skog
ha dragit hans håg från harv och plog,
han kan ej le
och fröjdas som förr,
och åren de se
inom hans dörr,
men finna ej barn och blomma;
han vesäll åldras i öde bo,
kring härden stå sätena tomma,
och väntar han något av åren,
så väntar han döden och båren,
Han lyss, han lyss med oläkeligt ve till suset i furumo.

Recepción

Aínda que foi ben recibida na súa estrea, a opinión da crítica sobre o mérito de Skogsrået ten variado. Logo da estrea de 1895, Oskar Merikanto, escribindo en Päivälehti, eloxiou a Sibelius por ter recreado "maxistralmente" o argumento de Rydberg co uso de "cores únicas e fascinantes",[11] mentres que o crítico Karl Flodin queixouse en Nya Pressen de que era "incuestionablemente demasiado longo".[11] A opinión actual ten sido igualmente equívoca. Se ben recoñécese que Skogsrået contén "algunhas ideas melódicas espléndidas" e unha "partitura exuberante", Erik Tawaststjerna ten caracterizado a obra como un "experimento" dun compositor "aínda tentando encontrar a súa base como poeta sinfónico", suxerindo que Sibelius é demasiado dependente da estrutura narrativa do material fonte.[28][f] Murtomäki, aínda que alaba a balada pola súa "frescura non forzada de visión e audacia tonal" e "personaxes ben elaborados, orixinais e inventivos", concorda con Tawaststjerna en que Skogsrået ten unha construción demasiado episódica:[29]

En conxunto, Skogsrået non é un organismo altamente unificado como as grandes obras orquestrais posteriores de Sibelius: as cart lendas de Lemminkäinen e as dúas primeiras sinfonías...O problema formal é que, na súa maior parte, faltan os enlaces; Sibelius simplemente xuxtapón seccións formais diferentes sen elementos conectores que suavicen os enlaces. En vista da súa mestría posterior na "arte da transición", alcanzado superpoñendo de xeito sutil diferentes texturas e tempos, en Skogsrået Sibelius está aínda no principio deste desenvolvemento.
Erik Tawaststjerna, musicólogo, amigo e biógrafo de Sibelius

Guy Rickards, coincidindo en que Skogsrået "nunca escapa á dependencia dos versos", fíxose eco de Tawaststjerna ao preguntarse que tería ocorrido se Sibelius tivera revisado Skogsrået na súa madurez, como pasou con En saga.[30] A resposta do compositor finlandés Kalevi Aho foi similar, denominando a balada como "unha obra interesante" que precisa de "máis pulimento".[23] O director de orquestra finlandés Osmo Vänskä, con todo, defendeu a balada. "É unha preza tremenda", sinalou Vänskä nunha entrevista. "El [Sibelius] nunca puido revisala, mais a música non ten nada malo. Sibelius nunca prohibiu a interpretación de Skogsrået".[17] Estilisticamente, os estudosos teñen detectado en Skogsrået a influencia de Richard Wagner.[31][20][23] Murtomäki, por exemplo, discierne o "vocabulario erótico harmónico" de Tristan und Isolde na terceira sección e o "motivo da pregunta prohibida" de Lohengrin na marcha fúnebre dende o finale.[32] Á luz da "resposta nietzscheana" de Sibelius[20] ás óperas de Wagner (inicialmente namorado, en xullo de 1894 Sibelius repudiara as ideas de Wagner como "calculadas" e "fabricadas"), tales observacións son de particular interese porque ilustran ata que punto Sibelius, no momento en que escribiu Skogsrået, non conseguira romper co mestre alemán.[33]

Análise

Sibelius in 1907

Detalles autobiográficos

Algúns musicólogos teñen especulado con que Skogsrået é potencialmente autobiográfica. Mortomäki, en particular, argumentou que a descrición do poema sinfónico de "unha conxunción sexual fatal" entre Björn e a skogsrå é unha posible alusión ás propias indiscrecións xuvenís do compositor. "O forte elemento autobiográfico en Skogsrået é inconfundible", escribiu Murtomäki, engadindo que na balada, "Sibelius probablemente confesa un romance con Aino".[34] Para Murtomäki, a natureza da balada de Skogsrået é clave, xa que no xénero "esperábase que o cantante/narrador/compositor se revelara". Nese momento, era común que para os homes da clase de Sibelius as primeiras parellas sexuais foran prostitutas. Murtomäki di que "nas súas vida sexuais ocultas ou "non oficiais", experimentaron un certo tipo de aventura sexual feminina que as súas esposas non podían igualar facilmente". Plantexa a hipótese de que Skogsrået e outras composicións contemporáneas eran o método de Sibelius para lidiar coas consecuencias emocionais que isto lle provocaba e a súa culpa cara á súa muller Aino.[35]

Co seu enfoque na fantasía sexual, Skogsrået difire marcadamente do poema de Rydberg Snöfrid que Sibelius musicou en 1900. En Snöfrid, Gunnar, o heroe patriótico, resístese á sensual "aperta" dunha ninfa de auga para no seu lugar "pelejar a loita desesperada" polo seu país e "morrer sen nome". O contraste entre Björn e Gunnar, argumenta Murtomäki, reflicte a propia transformación persoal de Sibelius: coroado como "heroe nacional" logo da estrea da súa Sinfonía núm. 1 en 1899, Sibelius desexaba demostrar que tiña "superado o seu aventurismo inicial" e aprendera a colocar o país antes do exceso "libertino".[36] A conclusión de Murtomäki, con todo, non é aceptada universalmente. David Fanning, na súa recensión do volume editado no que aparece o ensaio de Murtomäki, sinalou como "dubidosas" e "tendenciosas" estas especulacións autobiográficas. Segundo Fanning: "Para Murtomäki todo acorde semidiminuído parece ser un acorde de Tristan, con todo o bagaxe simbólico que entraña...Tal hermenéutica a medias desconcierta e aliena... o entusiasmo ocasionalmente permitiuse que se desboque".[37]

Carencia de publicación

Por que Sibelius non puido preparar Skogsrået para a súa publicación é unha pregunta que ten deixado perplexos aos estudosos. Seguindo o consello de Ferruccio Busoni, Sibelius ofreceu Skogsrået en 1895 ao editor musical ruso Mitrofan Belyayev mais non foi publicada.[18] Murtomäki suxeriu que Sibelius, malia a ter sido afectuoso con Skogsrået, estaba "inseguro sobre o valor real" da súa produción da década de 1890,[38] unha ambivalencia que quizais se ilustre mellor polo historial de publicacións pouco sistemáticas e múltiples revisiónns ás catro lendas de Lemminkäinen (que aparecen no diario do compositor en 1911 nunha listaxe de obras para ser reescribas, Skogsrået tamén parece ter sido programada por Sibelius para un novo exame, aínda que nunca se realizou).[11] Os estudosos teñen dado unha explicación a por que Sibelius puido terlle "dado as costas" as súas primeiras compositions. Quizais, como mestre, considerou as obras da súa xuventude como tecnicamente "inferiores" á súa produción madura; ou, como artista en evolución, buscou distanciarse das exclamacións apaixonadas e nacionalistas para desenvolver o see propio e único estilo musical e apuntar á transición de "heroe local" a "compositor internacional"; ou, como ancián estadista, temía ter "revelado demasiado" nas primeiras obras "confesionais", como En saga, Lemminkäinen ja saaren neidot, e Skogsrået.[39] Na ausencia de algunha información nova dos papeis de Sibelius, con todo, a razón pola que Skogsrået nunca foi publicada finalmente "parece condenada a seguir sendo suxeito de especulación".[11]

Discografía

Mesmo despois da onda de publicidade que seguiu á súa reaparición, Skogsrået segue a ser raramente gravada en comparación con outras obras temperás de Sibelius. Foi gravada por primeira vez polo selo BIS con Osmo Vänskä á fronte da Sinfonia Lahti. Algún material musical non estivo dispoñible ata a publicación da edición crítica de Breitkopf & Härtel JSW en 2006 e polo tanto non se incluíu en gravacións anteriores. A versión de 1888 para voz e piano foi gravada por Anne Sophie von Otter. Erik Tawaststjerna tamén gravou a versión para piano só xunto co resto de transcricións para piano de Sibelius. A gravación de 1996 de Vänskä tamén inclúe a primeira gravación do melodrama, narrado por Lasse Pöysti.

Director Orquestra Ano Duración Dispoñible en
Vänskä, OsmoOsmo Vänskä Sinfonia Lahti 1996 21:36 BIS (BIS-CD-815)
Sato, ShuntaroShuntaro Sato Orquestra Filharmónica de Kuopio 2003 22:22 Finlandia (0927-49598-2)
Vänskä, OsmoOsmo Vänskä Sinfonia Lahti 2006 21:37 BIS (BIS-SACD-1745)
Bostock, DouglasDouglas Bostock Orquestra Filharmónica de Gothenburg-Aarhus 2007 21:05 Classico (CLASSCD733)
Storgårds, JohnJohn Storgårds Orquestra Filharmónica de Helsinqui 2010 24:05 Ondine (ODE 1147-2)

Notas

  1. During the tone poem's long period of obscurity, the dramatic monologue was listed as 'Op.15' in the Sibelius worklists and the tone poem was omitted.[1]
  2. A obra tamén é coñecida en lingua inglesa polo título War Song Of Tyrtaeus.
  3. In the collected works, it is catalogued as JS 171.[8]
  4. Co título Ur "Skogsrået" (galego: De "Skogsrået").[8]
  5. O melodrama foi representado en Tampere en 1898 e en Joensuu en 1911.[11]
  6. Cómpre sinalar que Tawaststjerna debe ter sido unha das poucas persoas que examinaron o manuscrito da versión orquestral durante o seu longo período de escuridade.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Wicklund 2015, p. vi.
  2. 2,0 2,1 2,2 Anderson 1996, pp. 51–52.
  3. 3,0 3,1 Murtomäki 2001, p. 95.
  4. Barnett 2007, p. 139.
  5. Mäkelä 2007, p. 311.
  6. Tawaststjerna 1976, p. 200.
  7. "List in order by opus number. 31-40" (en inglés). fibelius.fi. Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  8. 8,0 8,1 Goss 2009, p. 543.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Goss 2009, p. 202.
  10. 10,0 10,1 Murtomäki 2001, p. 102–103.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 11,7 11,8 Kurki 1999.
  12. Barnett 2007, p. 97.
  13. Wicklund 2015, p. vii.
  14. Barnett 2007, p. 345.
  15. Howell, 2006 & 32.
  16. Tumelty 1996, p. 13.
  17. 17,0 17,1 Grimley 2004, p. 240.
  18. 18,0 18,1 Wicklund 2015, p. viii.
  19. Murtomäki 2001, p. 102.
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 Grimley 2004, p. 100.
  21. Goss 2009, p. 204-206.
  22. 22,0 22,1 Grimley 2004, p. 101.
  23. 23,0 23,1 23,2 Sirén 2005.
  24. Kilinski 2013, p. 91-3.
  25. Goss 2009, p. 204.
  26. Murtomäki 2001, p. 119.
  27. Murtomäki 2001, p. 126.
  28. Tawaststjerna 1976, p. 163.
  29. Murtomäki 2001, p. 123.
  30. Rickards 1996, pp. 43–45.
  31. Barnett 2007, p. 98.
  32. Murtomäki 2001, pp. 101–102, 119.
  33. Murtomäki 2001, pp. 101–102.
  34. Murtomäki 2001, p. 127.
  35. Murtomäki 2001, pp. 129–130.
  36. Murtomäki 2001, pp. 99, 137–138.
  37. Fanning 2001, pp. 663–666.
  38. Murtomäki 2001, pp. 96–97.
  39. Murtomäki 2001, pp. 97, 99.

Véxase tamén

Bibliografía