Saruman: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Liña 20: Liña 20:
{{Ainur}}
{{Ainur}}


[[Category:Maiar]]
[[Categoría:Maiar]]
[[Category:Mitoloxía literaria]]
[[Categoría:Mitoloxía literaria]]


[[bg:Саруман]]
[[bg:Саруман]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 10:00

Saruman (do inglés antigo særu man, "home hábil") é unha personaxe creada por J. R. R. Tolkien que fai a súa aparición na novela "O Señor dos Aneis". Saruman era un dos cinco Istari (Maiar convertidos en Magos) que chegaron ós Portos Grises desde Valinor cando transcorreran mil anos da Terceira Idade do Sol. Tamén era coñecido polos elfos como Curunír ("varón de hábiles recursos"). Seica o seu nome de Maia era Curúmo.

Durante séculos tivo como propósito destruir a Sauron, o Señor Escuro, sendo elexido xefe do Concilio Branco, pero pouco a pouco, ó estudar a historia e a ciencia dos Aneis de Poder, empezou a desexar o poder para si mesmo. Durante o tempo da Segunda Liñaxe dos reis de Rohan converteuse en suposto aliado e amigo deste pobo, e eles aceptáronno compracidos. Máis adiante o Senescal rexente de Gondor entregoulle a chave da torre de Orthanc en Isengard, que sería o seu lugar de residencia. Logo de que o Concilio Blanco finalmente expulsara a Sauron da Fraga Negra, Saruman decidiu non oír máis consello que o seu, e retirouse a Isengard, fortificándoa e converténdoa en segredo nun lugar adicado ó mal. Conseguiu infiltrarse na corte do rei Théoden de Rohan por intermedio do conselleiro Gríma Lingua de Serpe, e Théoden foi vítima durante moitos anos do feitizo do Mago, que o mantiña como un vello débil.

Durante a Guerra do Anel soubo polas accións de Gandalf que o Anel Único atopábase na Comarca e non tardou en ter espías alí. Tratou de convencer a Gandalf para unirse xuntos e substituír a Sauron e facerse co poder supremo na Terra Media, pero ó non aceptar Gandalf, pechouno en Orthanc. Logo, mandou capturar ós Hobbits da Comunidade do Anel, sabendo que un deles portaba o Anel. Así foron capturados Merry e Pippin. Posterirmente, dirixiu un ataque de Orcos e Dunlendinos contra os Rohirrim, desatando así a Batalla de Cornavila.

Pero Isengard foi destruída polos ents e os ucornos da Fraga de Fangorn, e o seu exército foi aniquilado no Abismo de Helm, tamén coa axuda dos ucornos. Logo, Gandalf e os demais señores vitoriosos foron a Isengard a parlamentar. Saruman aínda intentou danalos co feitizo da súa voz, pero non o logrou. Entón, Gandalf botouno da Orde dos Istari e do Concilio, e confioulle a Bárbol a súa vixilancia.

Porén, Bárbol foi dalgún modo dominado polos argumentos do Mago, e finalmente deixouno libre. Derrotado e cheo de odio, Saruman intentou buscar vinganza na Comarca, dominándoa por medio de homes malvados que oprimían ós Hobbits. Pero foi vencido polos hobbits guiados por Frodo, Sam, Merry e Pippin. Finalmente, no outeiro de Bulseiro Pechado, el e o seu servinte Gríma Lingua de Serpe son obrigados a fuxir da Comarca. Pero Gríma de súpeto reacciona ante anos de abusos e malos tratos e, tolo de ira, apuñala a Saruman. Entón intenta fuxir, pero as frechas dos Hobbits alcánzano.

O espírito de Saruman elévase no aire e é visto polos Hobbits. Vólvese ó Oeste, de onde viñera orixinalmente, pero desde alí sopra un vento que o dobrega e difumina. Mentres, o cadáver corrómpese e podrece rapidamente, quedando só os ósos.

Na Película

Na versión estendida da película O retorno do rei morre ó principio, no parlamento con Gandalf, apuñalado por Gríma Lingua de Serpe, a quen á súa vez mata Legolas. O cadáver cae da torre de Orthanc e queda empalado nunha das súas máquinas, que á súa vez xira e o afunde na inundada Isengard, caendo o seu Palantir á auga. Entón é cando Pippin o colle. Gríma mátao porque Théoden lle dá a liberdade, pero Saruman denégalla e agrídeo; entón apuñálao nas costas. O cadáver do conselleiro rohirrim queda na cúspide da Torre do Mago.

Na triloxía de películas de Peter Jackson sobre O Señor dos Aneis, Saruman foi interpretado polo actor británico Christopher Lee.

Zarquino é o nome que dan os Uruk-hai e os habitantes de Isengard a Saruman. Durante a súa estancia na Comarca todos se refiren ó Mago así. Probablemente teña a súa orixe na palabra sharku, que na lingua dos orcos significa "ancián".