Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 325357 de 213.60.144.113 (disc.) spam
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Liña 15: Liña 15:
* [[Reintegracionismo]]
* [[Reintegracionismo]]


[[Category:Lingua galega]]
[[Categoría:Lingua galega]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 09:46

As Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) son o documento en que se plasma o acordo de 3 de xullo de 1982 entre a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en materia de unificación ortográfica e morfolóxica.

A elaboración das presentes Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego fíxose atendendo aos seguintes principios:

  • A proximidade entre a lingua escrita e a lingua oral popular ha de ser máxima, para ser continuadora da lingua viva, pero tamén ten que depurar as interferencias producidas pola presión do español.
  • O galego normativo ten que servir para a expresión de todas as persoas en todos os usos comunicativos e por tanto ha de ser supradialectal e representativo da diversidade dos falantes.
  • A lingua moderna debe enraizar coa tradición escrita antiga e recente e debe dar preferencia ás formas tradicionais en detrimento das innovadoras.
  • As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, que é considerado recurso fundamental para o léxico culto.

Ver tamén