José Luís Pires Laranjeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 44: Liña 44:
{{control de autoridades}}
{{control de autoridades}}


{{DEFAULTSORT:Pires Laranjeira, José Luís}}
{{DEFAULTSORT:Laranjeira, Jose Luis Pires }}
[[Categoría:Críticos literarios de Portugal]]
[[Categoría:Críticos literarios de Portugal]]
[[Categoría:Nados no distrito de Viana do Castelo]]
[[Categoría:Nados no distrito de Viana do Castelo]]

Revisión como estaba o 20 de abril de 2021 ás 20:48

José Luís Pires Laranjeira
Nacemento1950
Lugar de nacementoMelgaço
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade do Porto
Ocupaciónprofesor universitario
editar datos en Wikidata ]

José Luis Pires Laranjeira, nado en 1950 en Melgaço, Portugal,[1] é un profesor e escritor portugués especializado nas literaturas africanas.

Traxectoria

Estudou no Instituto Alexandre Herculano do Porto e licenciouse en Estudos Portugueses (Universidade do Porto, 1980), Mestrado en Literaturas Africanas e Brasileira (Universidade de Lisboa, 1985) e Doutor en Literaturas Africanas (Universidade de Coímbra, 1994). Efectuou unha estadía de pos-doutoramento na Universidade de Cergy-Pontoise (Paris, 1998 e 1999).

Ten o doutoramento en Literaturas Africanas pola Facultade de Letras da Universidade de Coimbra (FLUC) onde exerceu de Profesor Associado. É tamén responsábel das cadeiras de Literaturas Africanas de Lingua Portuguesa, desde 1981, e tamén de Culturas Africanas.[2] Ensina tamén literatura brasileira, cultura brasileira e estudos culturais (Universidade de Salamanca, FLUC etc.).[3] É o decano dos profesores de Literaturas Africanas en Portugal.

Creou en Coímbra o Mestrado e a Pos-graduación de Literaturas e Culturas Africanas e da Diáspora (2001-2005) e foi profesor no mestrado en Relacións Interculturais da Universidade Aberta (Porto, 1996-2000). Foi profesor convidado da Universidade de Salamanca (1996-1997), inaugurando o ensino de Literaturas Africanas de Lingua Portuguesa, ensinando tamén Historia do Brasil, Cultura Brasileira e Literatura Brasileira. Participou, ademais, no Laboratorio de Estudos Afro-Brasileiros da Universidade Estadual de Londrina. Dirixiu na Universidade de Salamanca o Curso Extraordinario: “Literaturas africanas y poscolonialidad: tradición, tragedia, género y derechos humanos”[4]. Dirixiu teses e participou en múltiples palestras e actividades.[5]

Foi xornalista en Luanda (1974) e no Porto (1977-1983). Exerceu a crítica lieraria nos xornais Diário de Luanda e A Província de Angola (1972-1974), África (Lisboa, anos 1980-1990) e do Jornal de Letras, Artes & Ideias (Lisboa, 2002-2012). Coordenou (con Ernesto Rodrigues e José Viale Moutinho) os tres volumes de Atualização (2002-2003) do Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira dirixido por Jacinto do Prado Coelho, na Editora Figueirinhas (Porto), tendo escrito cerca de 440 entradas de Literaturas Africanas e Brasileira. Dirixiiu uma colección de ensaios sobre literaturas e culturas africanas, na Editora Novo Imbondeiro, de Lisboa (2001-2007), e uma breve colección de ficción brasileira da Editora Figueirinhas, do Porto (2003-2005).[6] As súas investigacións diríxense á Historia, Sociedade, Política e Cultura e ás Literaturas Africanas, alén do estudo de aforismos e outros textos curtos en várias culturas e tamén algús aspectos de culturas orientais e do Medio Oriente.[7]

As categorias da poesia (com referências à negritude) é a súa contribución nos Estudos dedicados a Carvalho Calero, Vol. II (ed. de José Luís Rodríguez), 2000. Participou nas X Jornadas do Ensino - Escola de Verão da Galiza e Portugal (1986): Literaturas africanas de língua portuguesa: problemas de análise textual. En 1987 no Encontro sobre Castelao: Castelao e a Lusofonia.[8] Colaborou nos Cadernos de Literatura e Diversidade, v. 10, 1981: "Conflitos sociais nas literaturas africanas de língua portuguesa". En Agália, v. 4, 1985: "A linguagem poética da angolanidade".

Publicacións

Ensaio

  • Literatura calibanesca 1(1985). Porto: Afrontamento. 142 p .
  • De letra em riste. Identidade, autonomia e outras questões na literatura de Angola, Cabo Verde, Moçambique e S. Tomé e Príncipe (1992). Porto: Afrontamento. 107 p .
  • Literatura africana de expressão portuguesa (1995). c/ Inocência Mata e Elsa R. dos Santos. Lisboa, Universidade Aberta. 423 p.
  • A negritude africana de língua portuguesa (1995). Porto, Afrontamento. 533 p.
  • Identidades (1996). ed. Coimbra: A Mar Arte/D-G/AAC. 117 p.
  • Ensaios afro-literários (2001). 2ª ed. 2005). Lisboa, Novo Imbondeiro. 222 p.
  • Cinco povos cinco nações. Estudos de literaturas africanas,(2007). Con Maria João Simões & Lola Geraldes Xavier (orgs.). Lisboa, Novo Imbondeiro.
  • Santa Barbara Portuguese Studies. Vol. 10 - "As Literaturas Africanas de Língua Portuguesa" (English and Spanish Edition) (2008). De João Camilo dos Santos (Editor) Pires Laranjeira and Lola Geraldes Xavier (org.) (Author), João Camilo dos Santos (Editor). Center for Portuguese Studies, Santa Barbara. ISBN 978-0978817978.
  • A noção de ser. Textos escolhidos sobre a poesia de Agostinho Neto (2014). (org. c/ Ana T. Rocha). Luanda : Fundação Dr. António Agostinho Neto.

Poesía

  • Vinte e seis poemas iniciais (1971). Coimbra: Livros Sem Editor. 56p .
  • As portas do corpo (1980).Porto: Oiro do Dia. 35p .
  • As figuras de estilo e outras figuras (1990). Pontevedra/Braga, Fundação Europeia Viqueira. 178 p.

Notas

  1. "Laranjeira, Pires 1950". worldcat.org. Consultado o 14/03/2020. 
  2. Coimbra, Universidade de. "Faculdade de Letras". Faculdade de Letras (en portugués). Consultado o 2020-03-14. 
  3. "Conferência com o Prof. Doutor Pires Laranjeira (Universidade de Coimbra)". www.fflch.usp.br (en portugués). Consultado o 2020-03-14. 
  4. admin (2014-04-07). "Curso Extraordinario: "Literaturas africanas y poscolonialidad: tradición, tragedia, género y derechos humanos" // Dr. José Luis Pires Laranjeira (Universidad de Coimbra, Portugal)". Posgrado en Letras // Campo de Conocimiento: Literatura Comparada (en castelán). Consultado o 2020-03-14. 
  5. "Relatório de Licença Sabática de 1-9-2016 a 6 de 2 de 2017 (de José Luís Pires Laranjeira)" (PDF). www.uc.pt/fluc. Consultado o 14/03/2020. 
  6. "Aula inaugural do semestre terá presença do professor Pires Laranjeira, da Universidade de Coimbra. Letras". www.letras.bh.cefetmg.br. Consultado o 2020-03-14. 
  7. "Universidade de Coimbra - - Pires Laranjeira". www.uc.pt. Consultado o 2020-03-14. 
  8. "José Luís Pires Laranjeira". Escavador (en portugués). Consultado o 2020-03-14. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista en 2018. Vídeo