Calros Silvar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 50: Liña 50:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Rodriguez Silvar, Carlos}}
{{ORDENAR:Silvar, Calros}}
[[Categoría:Debuxantes de Galicia]]
[[Categoría:Debuxantes de Galicia]]
[[Categoría:Pintores de Galicia]]
[[Categoría:Pintores de Galicia]]

Revisión como estaba o 20 de abril de 2021 ás 20:40


Infotaula de personaCalros Silvar
Nome orixinalCarlos Rodríguez Silvar
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante , ilustrador , pintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Carlos Rodríguez Silvar, máis coñecido como Calros Silvar, nado o 31 de decembro de 1954 en Ferrol, é un debuxante, pintor e ilustrador galego.

Traxectoria

En 1977 graduouse en Artes Aplicadas, especialidade de Interiorismo, na Escola de Artes e Oficios Artísticos Nº 10 de Madrid. En 1983 Licenciouse en Belas Artes, especialidade Pintura, pola Universidade Complutense de Madrid.

Iniciuose como humorista gráfico, caricaturista, debuxante de banda deseñada e ilustrador en varias editoriais de Madrid, na súa etapa de estudante de Interiorismo e Belas Artes. No curso 1980-81, sendo aínda estudante, foi profesor de Debuxo na Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Desde finais da década de 1970 até mediados dos 90 colaborou en diversas publicacións periódicas como ilustrador, humorista gráfico e caricaturista, até que centrou a súa actividade no campo editorial, especializándose ao tempo na ilustración da natureza.

A súa actividade central durante 30 anos foi o deseño de produtos de porcelana, para o Grupo Sargadelos. Porén, a fotografía, o debuxo ou a pintura foron e seguen a ser actividades recorrentes, que se plasmaron en numerosas exposicións e publicacións ou produtos variados (libros de texto e literatura en xeral, guías de campo, paneis divulgativos, folletos, cartazes, autocolantes, camisetas etc).

Como debuxante da natureza, destacan as súas colaboracións en moitos traballos de Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, así como nas obras Guía de árboles de Euskal Herria, de Henrique Niño Ricoi; Guía de aves de Euskal Herria, de Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, ambas editadas por SUA Edizioak, editorial de Bilbao especializada en montaña, excursionismo, viaxes, sendeirismo e cartografía pirenaica, e Guía das árbores de Galicia, de Henrique Niño Ricoi, editado en 2001 por Baía Edicións. Tamén é un dos autores das ilustracións da obra en dous volumes Atlas de vertebrados de Galicia, editado en 1995 pola Sociedade Galega de Historia Natural e o Consello da Cultura Galega.

Así mesmo, é o autor e ilustradador de varios libros sobre diversos aspectos da natureza, narrados didacticamente co asesoramento de especialistas en cada materia.

Desde 2014 é o propietario de ACADA Comunicación S. L., sociedade localizada en Sada.

Obras

Premios

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas