Xanuli I da Coruña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Arranxiño
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 1: Liña 1:
{{biografía}}
{{biografía}}
'''Xanuli I da Coruña''' foi o primeiro señor autónomo de [[Sifnos]] (ou Sifanto), unha illa do [[Mar Exeo]], entre [[1307]] e [[1322]], e fundador da [[dinastía Coruña]], que gobernou esta illa e parte da de [[Ceos]] durante un cento de anos.
'''Xanuli I da Coruña''' foi o primeiro señor autónomo de [[Sifnos]] (ou Sifanto), unha illa do [[Mar Exeo]], entre [[1307]] e [[1322]], e fundador da [[dinastía da Coruña]], que gobernou esta illa e parte da de [[Ceos]] durante un cento de anos.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 9 de abril de 2021 ás 06:50

Xanuli I da Coruña
Nacementoséculo XII
Falecementoséculo XIII
editar datos en Wikidata ]

Xanuli I da Coruña foi o primeiro señor autónomo de Sifnos (ou Sifanto), unha illa do Mar Exeo, entre 1307 e 1322, e fundador da dinastía da Coruña, que gobernou esta illa e parte da de Ceos durante un cento de anos.

Traxectoria

Como o seu nome revela, Xanuli da Coruña probablemente procedía da Coruña (denominada Corusia nas fontes orixinais)[1], e foi un cabaleiro da Orde de Malta.[2] Xanuli (ou Januli no orixinal) é unha corrupción do nome en italiano Giovanni, é dicir, de Xan. En 1307, apoderouse da illa de Sifnos, que estaba en mans dos duques de Naxos, renunciando a súa lealdade aos cabaleiros e declarándose o seu señor.[2] Semella que erroneamente, algúns sosteñen que Xanuli pertencía ás compañías catalás que ocuparon parte de Grecia naquel tempo.[3]

Como a maior parte das Cícladas, Sifnos caera baixo o poder do Ducado do Arquipélago da familia Sanudo, como consecuencia da Cuarta Cruzada.[4] A continuación, recuperouna para o Imperio bizantino o aventureiro Licario na década de 1270,[5] e mantívose baixo control bizantino ata a conquista de Xanuli.[2] Os Sanudo, duques do Arquipélago, que consideraban a illa súa por dereito, protestaron a acción de Xanuli, pero foi en balde[2]. Xanuli I mantívose no poder ata 1322, en que sucedeuno o seu fillo Otuli ou Antonio.

Xanuli I casou cunha filla de Federigo II Giustiniani Belletto de Ceos, señor dunha parte de Ceos, dunha parte de Serifos e de Sifnos.[6][7] Con ela tivo ao seu sucesor e a unha filla que casou con Marino Barozzi de la Roche, da familia dos marqueses de Thirasia.[8]

A familia Coruña continuou mantendo a illa como un señorío independente ata 1456, cando pasou á familia Gozzadini, que á súa vez a gobernou ata que foi anexada polo Imperio otomán en 1617.[4]

Notas

  1. Tiepolo, Maria Francesca (1996). "Public Documents and Notarial Praxis: Some Examples from Venetian Greece of the Early Fourteenth Century". Intercultural Contacts in the Medieval Mediterranean: Studies in Honour of David Jacoby (en inglés). Londres: F. Cass. pp. 302–321. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Miller 1908, p. 584.
  3. Hopf, Carlo; Sardagna, G. B. di (tradutor) (1886). Stabilimento Tipografico Fratelli Visentini, ed. "Di alcune dinastie latine nella Grecia. I Giustiniani di Venezia. I De Corogna". Archivio Veneto (en italiano) (Venecia) XXXI. Consultado o 8-4-2021. 
  4. 4,0 4,1 Freely 2006, p. 50.
  5. Miller 1908, p. 141.
  6. "Da Corogna Family". Malta Genealogy (en inglés). 29-11-2018. Consultado o 8-4-2021. 
  7. "El Ducado de Naxos (1207-1572) II: La Dinastía Crispo (1383-1572)". Reyes y dinastías. Pueblos e Imperios de Tiempos Pasados. Blog dedicado a la Cronología y Genealogía de las Dinastías de todo el planeta y en todas las épocas (en castelán). 9-11-2015. Consultado o 8-4-2021. 
  8. "Lord Januli da Corogna, I". Geni Tree (en inglés). Consultado o 8-4-2021. 

Véxase tamén

Bibliografía