Revolución Cultural: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Engado o modelo ''Chinés''
Liña 2: Liña 2:
{{Contén texto chinés}}
{{Contén texto chinés}}
[[Ficheiro:Ahfaz farmers1.jpg|miniatura|280px|Granxeiros na época da Revolución Cultural chinesa.]]
[[Ficheiro:Ahfaz farmers1.jpg|miniatura|280px|Granxeiros na época da Revolución Cultural chinesa.]]
'''A Gran Revolución Cultural Proletaria''' (chinés simplificado: 无产阶级文化大革命; chinés tradicional: 無產階級文化大革命; pinyin: chǎn jiē wén huà dà gé mìng) na [[República Popular Chinesa]] foi un movemento revolucionario dos estudantes e traballadores chineses contra dos burócratas do [[Partido Comunista Chinés]], dirixido polo xefe do Partido Comunista, [[Mao Tse Tung]], en [[1966]] para consolidar o [[maoísmo]] como [[ideoloxía]] dominante e eliminar a oposición política. Oficialmente rematou en [[1969]], aínda que a maioría dos historiadores consideran que rematou en [[1976]] co arresto da coñecida como [[Banda dos Catro]].
A {{Chinés|termo='''Gran Revolución Cultural Proletaria'''|s=无产阶级文化大革命|t=無產階級文化大革命|p=Wúchǎnjiējí wénhuà dàgémìng}}, tamén chamada simplemente '''Revolución Cultural''', foi un movemento revolucionario dos estudantes e traballadores chineses contra dos burócratas do [[Partido Comunista Chinés]], dirixido polo xefe do Partido Comunista, [[Mao Tse Tung]], en [[1966]] para consolidar o [[maoísmo]] como [[ideoloxía]] dominante e eliminar a oposición política. Oficialmente rematou en [[1969]], aínda que a maioría dos historiadores consideran que rematou en [[1976]] co arresto da coñecida como [[Banda dos Catro]].


== Lanzamento da Revolución Cultural ==
== Lanzamento da Revolución Cultural ==

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2021 ás 12:00

Granxeiros na época da Revolución Cultural chinesa.

A Gran Revolución Cultural Proletaria (en chinés tradicional: 無產階級文化大革命; en chinés simplificado: 无产阶级文化大革命; pinyin: Wúchǎnjiējí wénhuà dàgémìng), tamén chamada simplemente Revolución Cultural, foi un movemento revolucionario dos estudantes e traballadores chineses contra dos burócratas do Partido Comunista Chinés, dirixido polo xefe do Partido Comunista, Mao Tse Tung, en 1966 para consolidar o maoísmo como ideoloxía dominante e eliminar a oposición política. Oficialmente rematou en 1969, aínda que a maioría dos historiadores consideran que rematou en 1976 co arresto da coñecida como Banda dos Catro.

Lanzamento da Revolución Cultural

Mentres Lin Biao alentaba o culto á personalidade cara á figura de Mao, a súa dona Jiang Qing, antiga actriz implicada na vida cultural do país, promovía a defensa dos ideais revolucionarios na produción artística. A Revolución Cultural desencadeouse precisamente a través dun ataque a unha obra literaria. En 1961, Wu Han, escritor de prestixio e vicealcalde de Pequín, publicara unha obra de teatro, Hǎi Ruì Bàguān (海瑞罢官 / 海瑞罷官: Hai Rui cesado do seu cargo), na que se empregaban personaxes da dinastía Ming para aludir ao conflito entre Mao Zedong e Peng Dehuai. Esta obra indignara a Mao, que recoñeceu as alusións evidentes á súa persoa. Outros dous membros do goberno municipal de Pequín, Deng Te e Liao Mosha, recorreron tamén á ficción histórica para criticar a Mao. Naquel momento, o goberno municipal de Pequín, co seu alcalde Peng Zhen á fronte, albergaba moitos dos partidarios de Liu Shaoqi e Deng Xiaoping e contra eles dirixíronse as primeiras críticas dos maoístas. Consciente da hostilidade cara á súa persoa en Pequín, Mao viaxou a Shanghai no verán de 1965. Nesa cidade, durante unha reunión do Comité Central no mes de setembro, Mao fixo un chamamento á resistencia fronte á ideoloxía burguesa reaccionaria. A contraofensiva comezara e Mao preparaba a súa volta. Mediante a influencia de Jiang Qing e grazas ao apoio do exército, o editorialista da edición de Shanghai do Diario do Exército de Liberación Yao Wenyuan, estreito colaborador de Jiang Qing, escribiu un agresivo editorial no que se atacaba a Wu Han pola deslealdade do argumento da obra Hai Rui cesado do seu cargo.

A estratexia de Mao e os seus seguidores eludía o ataque directo a Liu Shaoqi e Deng Xiaoping e centrábase en quen os apoiaban. Isto puña nunha situación difícil os líderes do partido, xa que a pesar de todo, Mao seguía a ter o recoñecemento como máximo ideólogo do réxime e as críticas ao equipo do goberno municipal de Pequín fundamentábanse na obediencia estrita á ideoloxía de Mao, polo que resultaban difíciles de contrarrestar ante a opinión dos cadros do partido. Os ataques tiveron o éxito esperado e o 30 de decembro de 1965 Wu Han recoñeceu publicamente o seu erro. Isto animou os seguidores de Mao a aumentar a presión. O 26 de marzo de 1966 aproveitando a ausencia de Liu Shaoqi, que estaba en visita oficial en Paquistán e Afganistán, os partidarios de Mao secuestraron o alcalde de Pequín e membro destacado do buró político Peng Zhen. Ao apoio de Yao Wenyuan en Shanghai uniuse o control da capital por parte do exército, leal a Lin Biao e a Mao. A partir deste momento, a edición nacional do Diario do Exército de Liberación pasou a estar controlada polos seguidores de Mao, e o 18 de abril un histórico editorial nese diario proclamou levantemos o grande estandarte vermella do pensamento de Mao Zedong e participemos de forma activa na Gran Revolución Cultural Socialista. O editorial daba xa nome ao movemento e confirmaba o apoio do exército. O 1 de xuño, o Diario do Pobo, principal órgano de expresión do Partido Comunista, caeu tamén baixo o control dos maoístas.

Consecuencias da Revolución Cultural

Rastros dunha máxima propagandística da Revolución Cultural, inscrita nun muro, que invoca a confianza no presidente Mao

Ao contrario da anterior campaña maoísta, o Gran Salto Adiante, que tivera como vítimas os sectores máis desfavorecidos do medio rural, a Revolución Cultural tivo como albo a clase intelectual e dirixente do país. As acusacións xeneralizadas de "actividades contrarrevolucionarias" a técnicos cualificados e a profesores universitarios levaron a unha paralización do desenvolvemento tecnolóxico e educativo do país. Os programas de estudos foron redefinidos para primar o ensino de valores ideolóxicos sobre aquelas materias puramente intelectuais e científicas consideradas "burguesas". Unha xeración enteira de mozos viuse privada da posibilidade dunha educación superior alén da repetición de lemas revolucionarios. Fronte a esta crise do ensino superior, o espírito maoísta de igualdade tivo unha consecuencia positiva no aumento da escolarización primaria e da alfabetización.

Tumba de Confucio en Qufu, que sufriu os ataques dos gardas vermellos durante a Revolución Cultural

A idea maoísta de que a nova China debía romper cos hábites feudais do pasado tivo tamén consecuencias nefastas para a cultura tradicional chinesa. Jiang Qing e os seus colaboradores instaron aos mozos a acabaren cos chamados "Catro antigos" (四旧 / 四舊 / sì jiù, ás veces traducido como "os catro vellos"): os usos antigos, os costumes antigos, a cultura antiga e o pensamento antigo. A interpretación de que elementos da sociedade merecían a consideración de antigos ou burgueses quedou, non obstante, nas mans dos propios gardas vermellos, quen, ávidos de amosar o seu espírito revolucionario, se embarcaron nunha campaña de destrución de obras de arte, libros, templos e edificios antigos, á vez que sometían a humillantes sesións de autocrítica a intelectuais e altos cargos do Partido aos que acusaban de reaccionarios.

Dado que calquera que expresase na súa vida pública interese cultural ou artístico cara a calquera asusnto que non fose a exaltación da figura de Mao podía ser acusado de reaccionario, non é de estrañar que a inmensa maioría dos escritores e artistas sufrisen persecucións durante esta época e fosen moitos os que resultaron feridos e mesmo mortos pola violencia dos gardas vermellos. Outros suicidáronse, como o escritor Lao She. Estímase que foron miles as vítimas mortais da violencia e máis de tres millóns de membros do Partido foron vítimas das purgas na cúpula do poder.

No ámbito da cultura, ademais da destrución de obras de arte, a Revolución Cultural tamén afectou a relixión tradicional chinesa e o sistema de escritura. A maior parte dos templos budistas e taoístas foron pechados e moitos monxes foron obrigados a seguir programas de reeducación. Tamén o pensamento confucianista foi albo das iras dos gardas, pois se identificaba coa sociedade feudal antiga. Debido a isto, a cidade natal de Confucio, Qufu, na provincia de Shandong, sufriu os ataques de grupos de gardas que destruíron gran parte do seu patrimonio, que foi restaurado anos despois. En canto á escrita chinesa, o proceso de simplificación dos caracteres, aínda que comezara con anterioridade, coas listaxes de caracteres reformados publicadas en 1956 e 1964, consolidouse grazas ao espírito de ruptura co pasado impulsado pola Revolución Cultural. Neste sentido, moitas das diferenzas culturais que se perciben entre a China continental e as sociedades chineses de Taiwán, Hong Kong e Macau teñen as súas raíces na Revolución Cultural, cuxos efectos se prolongaron ata a actualidade.

Educación

A Revolución Cultural levou ao sistema educativo da China a un parón. Nos primeiros meses da Revolución Cultural pecháronse escolas e universidades. As escolas de primaria e secundaria abriron máis tarde, máis todos os institutos e universidades estiveron pechadas ata 1970, e a maioría das universidades non reabriron ata 1972.[1] Os exames para entrar na universidade canceláronse despois de 1966, para ser logo substituídos por un sistema onde os estudantes eran recomendados por fábricas, vilas e unidades militares; as probas non foron restauradas ata 1977 baixo o mandato de Deng Xiaoping. Segundo os documentos para perseguir a Banda dos Catro, foron perseguidos 142 000 cadros do exército e profesores nos círculos educativos e menciónanse académicos, científicos e educadores que morreron, incluíndo a Xiong Qinglai, Jian Bozan, Rao Yutai, Wu Dingliang e Zhao Jiuzhang.[2] A xerración enteira de individuos aflixidos precariamente cualificados denomínase comunmente como a "xeración perdida".[3][4][5]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos