Rotacismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''rotacismo''' é un fenómeno [[fonética|fonético]] que consiste na [[realización]] dun [[fonema]] coma un [[son]] de [[consoante]] [[vibrante simple]] [[alveolar]] [[sonora]] [r]. En galego coloquial o fonema realizado deste xeito é o /s/, condicionado distribucionalmente ante [[consoante]] [[sonora]], /f/ ou [[interdental]]. Exemplos de rotacismo son ''ar vacas'' en vez de ''as vacas'', ou tamén ''or días'' en vez de ''os días''.
O '''rotacismo''' é un fenómeno [[fonética|fonético]] que consiste na [[realización]] dun [[fonema]] coma un [[son]] de [[consoante]] [[Consoante vibrante|vibrante simple]] [[Consoante alveolar|alveolar]] [[Consoante sonora|sonora]] /ɾ/. Constitúe un dos [[Historia da lingua galega|fenómenos]] característicos do [[Lingua galega|galego]] na adaptación dos grupos consonánticos (xeralmente [[Latín vulgar|latinos]]) bl-, cl-, fl-, gl- e pl- perante [[vogal]]<ref>{{Cita web|título=Debullando a fala: O rotacismo no galego|url=http://debullandoafala.blogspot.com/2019/07/o-rotacismo-no-galego.html|páxina-web=Debullando a fala|data=2019-07-07|data-acceso=2021-03-23|nome=L. c|apelidos=Carballal}}</ref>. Nos exemplos<ref>{{Cita web|título=Os grupos consonánticos (e exercicios)|url=https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1326967726/contido/ortografia/ortografia/os_grupos_consonnticos_e_exercicios.html|páxina-web=www.edu.xunta.es|data-acceso=2021-03-23}}</ref> a seguir indícanse os étimos non latinos<ref>[https://www.estraviz.org/ Dicionário Estraviz]

[https://dle.rae.es/ Diccionario de la lengua española]</ref>:

* /BL/: '''branco''' < ([[Antigo alto alemán|alto alemán antigo]]) ''blank''; '''brando''' < ''blandus''; '''obrigar''' < ''obligare''; '''nubrar''' < ''nub(i)lare''
* /CL/: '''cravo''' < ''clavus''; '''escravo''' < ''sclavus''; '''segrar''' < ''saec(u)laris''
* /FL/: '''frouxo''' < ''fluxus''; '''fraco''' < ''flaccus''; '''frauta''' < ([[Provenzal|prov.]]) ''flauta''; '''frota''' < ([[Lingua francesa|fr.]]) ''flotte''; '''chifre''' < ([[Lingua francesa|fr.]]) ''chiffler'' < ([[Latín macarrónico|lat. dialectal]]) ''sif(i)lare''
* /GL/: '''regra''' < ''reg(u)la''; '''singradura''' < ([[Lingua francesa|fr.]]) ''singler'' < ([[Antigo alto alemán|alt. ale. ant.]]) ''segelen''; '''xograr''' < ([[Provenzal|prov.]]) ''joglar'' < ([[Latín|lat.]]) ''joc(u)laris''
* /PL/: '''praza''' < ''platea'', '''cumprir''' < ''complere''; '''dobre''' < ''duplu''

Nalgunhas zonas do interior de [[Galicia|Galiza]] (triángulo entre [[A Estrada|Tabeirós]], [[A Ulloa]] e a [[Terra de Celanova]]) e esporadicamente por todo o país, o fonema /s/ realízase con rotacismo perante [[consonante sonora]] (''ar vacas'' en vez de ''as vacas'', ''or días'' en vez de ''os días''). Máis minoritario é o rotacismo perante [[Consoante fricativa|fricativa]] [[Consonante xorda|xorda]] (''ar flores'', ''or seis'', ''or zapatos'').


No [[latín clásico]] deuse na época inicial para o /s/ en posición intervocálica, convertendo ''fuesim'' en ''fuerim''. Exemplos de rotacismo tamén se dan en certos dialectos do [[grego antigo]] e na historia do [[lingua alemá|alemán]].
No [[latín clásico]] deuse na época inicial para o /s/ en posición intervocálica, convertendo ''fuesim'' en ''fuerim''. Exemplos de rotacismo tamén se dan en certos dialectos do [[grego antigo]] e na historia do [[lingua alemá|alemán]].

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2021 ás 16:11

O rotacismo é un fenómeno fonético que consiste na realización dun fonema coma un son de consoante vibrante simple alveolar sonora /ɾ/. Constitúe un dos fenómenos característicos do galego na adaptación dos grupos consonánticos (xeralmente latinos) bl-, cl-, fl-, gl- e pl- perante vogal[1]. Nos exemplos[2] a seguir indícanse os étimos non latinos[3]:

  • /BL/: branco < (alto alemán antigo) blank; brando < blandus; obrigar < obligare; nubrar < nub(i)lare
  • /CL/: cravo < clavus; escravo < sclavus; segrar < saec(u)laris
  • /FL/: frouxo < fluxus; fraco < flaccus; frauta < (prov.) flauta; frota < (fr.) flotte; chifre < (fr.) chiffler < (lat. dialectal) sif(i)lare
  • /GL/: regra < reg(u)la; singradura < (fr.) singler < (alt. ale. ant.) segelen; xograr < (prov.) joglar < (lat.) joc(u)laris
  • /PL/: praza < platea, cumprir < complere; dobre < duplu

Nalgunhas zonas do interior de Galiza (triángulo entre Tabeirós, A Ulloa e a Terra de Celanova) e esporadicamente por todo o país, o fonema /s/ realízase con rotacismo perante consonante sonora (ar vacas en vez de as vacas, or días en vez de os días). Máis minoritario é o rotacismo perante fricativa xorda (ar flores, or seis, or zapatos).

No latín clásico deuse na época inicial para o /s/ en posición intervocálica, convertendo fuesim en fuerim. Exemplos de rotacismo tamén se dan en certos dialectos do grego antigo e na historia do alemán.

  1. Carballal, L. c (2019-07-07). "Debullando a fala: O rotacismo no galego". Debullando a fala. Consultado o 2021-03-23. 
  2. "Os grupos consonánticos (e exercicios)". www.edu.xunta.es. Consultado o 2021-03-23. 
  3. Dicionário Estraviz Diccionario de la lengua española