San Miguel de Sarandón, Vedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
|provincia = A Coruña|preposición1 = da |concello = Vedra
|provincia = A Coruña|preposición1 = da |concello = Vedra
|superficie =
|superficie =
|poboación = 364
|poboación = 357
|ano = 2017
|ano = 2019
|entidades = 11
|entidades = 11
}}
}}

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2021 ás 02:46

Coordenadas: 42°45′20″N 08°27′21″O / 42.75556, -8.45583

San Miguel de Sarandón
Pazo de Ximonde.
ConcelloVedra[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°45′20″N 8°27′21″O / 42.75555556, -8.45583333Coordenadas: 42°45′20″N 8°27′21″O / 42.75555556, -8.45583333{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación357 hab. (2019)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Sarandón é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Vedra. Segundo o IGE en 2010 tiña 357 habitantes (174 mulleres e 183 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 387 habitantes. Linda coas parroquias San Mamede de Ribadulla, San Cristovo, San Pedro de Sarandón e Santa Eulalia de Vedra e no sur con Río Ulla. Está formado por once aldeas: Canicova, A Casanova, Casansula, Caxaraville, Cimadevila, Dozar, A Pedreira, Sarandón, A Silva de Abaixo, A Silva de Arriba e Ximonde.

Na aldea de Ximonde atópase o couto de pesca, importante couto salmoneiro.[2]

Patrimonio

  • Pazo de Ximonde. De finais do século XVIII, é un edificio en forma en escuadra que se desenvolve cara á súa parte posterior. Polo menos unha parte da zona posterior debe corresponder ao último terzo do século XVI, momento en que cabe encadrar o escudo. Aos lados da portada corren sartas de froitos que vinculan a obra con Compostela. No que foi o patio interior, pódese admirar a fachada barroca en figura de "L", un fermoso soportal e a solaina do primeiro piso. No patio hai dúas fontes, unha delas encaixada no edificio. Destaca na fachada o escudo cos brasóns dos Cisneros.

En 1776 Carlos III de España concedeu o Condado de Ximonde a Xoán Antón Cisneros de Castro e da Barrera (1747-1798), rexedor da cidade de Santiago de Compostela e señor do Couto de Ximonde.

Festexos

Na parroquia de San Miguel celébranse anualmente tres festas.

  • Festa do viño da Ulla[3], festa popular onde se exaltan os viños da zona da Ulla, recollidos na subzona da denominación de orixe Rias Baixas. Celébrase o segundo domingo do mes de abril.
  • Festa do San Campio, festas patronais en honor a San Campio e San Antonio. Sempre se celebra os días 9, 10 e 11 de agosto.
  • Festa do San Migueliño, festas patronais en honor a San Miguel, que se celebra no mes de setembro.

Deportes

A parroquia de Sarandón é un dos lugares por onde transcorre dende hai anos un dos treitos do Rally Botafumeiro[4], proba de rally que se disputa anualmente e que forma parte do calendario do Campionato de Galicia de Rally.

Lugares e parroquias

Lugares de San Miguel de Sarandón

Lugares da parroquia de San Miguel de Sarandón no concello de Vedra (A Coruña)

Canicova | A Casanova | Casansula | Caxaraville | Cimadevila | Dozar | A Pedreira | Sarandón | A Silva de Abaixo | A Silva de Arriba | Ximonde

Parroquias de Vedra

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vedra

Illobre (Santo André) | Merín (San Cristovo) | A Ponte Ulla (Santa María Madanela) | San Fins de Sales (San Fins) | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) | San Miguel de Sarandón (San Miguel) | San Pedro de Sarandón (San Pedro) | San Pedro de Vilanova (San Pedro) | San Xián de Sales (San Xián) | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) | Trobe (Santo André) | Vedra (Santa Eulalia)


Notas

Véxase tamén

Outros artigos