Pēteris Laķis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:

{Biografía}}
'''Pēteris Laķis''', nado en Riga, [[Letonia]], o [[1 de novembro]] de [[1952]] e finado o [[14 de novembro]] de [[2003]], foi un filósofo, sociólogo e político letón.
'''Pēteris Laķis''', nado en Riga, [[Letonia]], o [[1 de novembro]] de [[1952]] e finado o [[14 de novembro]] de [[2003]], foi un filósofo, sociólogo e político letón.



Revisión como estaba o 14 de marzo de 2021 ás 10:16

Pēteris Laķis, nado en Riga, Letonia, o 1 de novembro de 1952 e finado o 14 de novembro de 2003, foi un filósofo, sociólogo e político letón.

Traxectoria

Estuda en la escola secundaria N ° 3 de Riga e na Facultade de Historia e Filosofía da Universidade Estatal de Letonia (LVU). Traballa posteriormente na LVU como profesor (1976-1985), para en 1982 defender a súa disertación "Función pronóstica da teoría dos concentrados naturais" na Universidade Estatal de Leningrado. Ascendendo a profesor adxunto e director do Departamento de Socioloxía Aplicada e Psicoloxía Social da Universidade Estatal de Letonia (1985-1990). Foi membro das Xuventudes Comunistas. Durante o movimiento do Espertar, o 4 de outubro de 1989, foi elixido presidente da Sociedade Letoa de Riga. Despois da fundación do Frente do Pobo de Letonia (LTF), participa activamente no consello de redacción do 2º Congreso da LTF (1989) e vota a favor da declaración sobre o restablecemento da independencia ordinaria de Letonia. En paralelo, funda a Academia da Cultura de Letonia (1990), exercendo como o seu primeiro rector (1991) e profesor (1992). Tras a independencia ao conseguir a convalidación dos estudos soviéticos no novo país, obtuvo un novo doutorado en filosofía polo Consello Científico da República de Letonia (1992). En 1997, fundou o Fondo de Consolidación da Sociedade Letoa e presidente da xunta. En 1998 defende un segundo título de doutor en arte coa obra "O tempo e o mundo humano". No 2000 afíliase ao Partido Demócrata de Letonia e vicepreside o partido. En marzo de 2001, foi elixido deputado do Concello de Riga. Morre dunha enfermidade de longa duración o 14 de novembro de 2003 en Riga. [1]

Libros

  • Socioloģija: Ievads socioloģijā: 2002.
  • Vara un sabiedrība : varas maina Latvijā astondesmito un devindesmito gadu mijā}}: 1997.[2]

Notas