Masonaría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Liña 47: Liña 47:
*[[Gran Loxa Simbólica Española]].
*[[Gran Loxa Simbólica Española]].
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.masoneria.com Buscador masonaría]
* [http://www.masoneria.com Buscador masonaría] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20200714142752/http://www.masoneria.com/ |date=14 de xullo de 2020 }}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2021 ás 09:41

Francmasonaría
O escuadro e o compás é quizais o máis coñecido emblema masónico.
Fundador Hiram Abif
Deidade Máxima Grande Arquitecto do Universo
Tipo Esoterismo
Nome de seguidores Masóns ou francmasones
Ramas Masonería de York, Masonaría Escocesa, Masonaría Mixta, Dereito Humano, Rito de Menfis-Mizraim, Masonaría Exipcia
País con maior cantidade de masóns Estados Unidos
Iniciación á francmasonaría.

A masonaría, masonería, francmasonaría ou francmasonería[1] é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxas que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxa", "Grande Oriente" ou "Gran Priorado".

Aparecida en Europa entre finais do século XVII e comezos do XVIII, a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como un sistema particular de moral ilustrada por símbolos. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.

A historia institucional da masonaría presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonaría, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a natureza dos temas tratados ou a forma de traballar das loxas, así como coas bases sobre as que se fundamenta a regularidade masónica. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas. Moitos personaxes da historia foron membros desta organización, por exemplo Mozart, Washington e outros moitos personaxes que tamén chegaron a formar parte dalgunha Loxa.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para masonaría.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas