Usuario:Viascos/Placa indoaustraliana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
working
Viascos (conversa | contribucións)
working
 
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Placas tectonicas mayores.svg|miniatura|300x300px| Mapa das placas tectónicas. A placa indoaustraliana divídese na placa australiana (laranxa) e a placa india (vermella).]]
[[Ficheiro:Placas tectonicas mayores.svg|miniatura|300x300px| Mapa das placas tectónicas. A placa indoaustraliana divídese na placa australiana (laranxa) e a placa india (vermella).]]
A '''placa indoaustraliana''' é unha [[placa tectónica]] principal que inclúe o continente de Australia e o océano circundante, extendéndose cara ao noroeste para incluir o [[subcontinente indio]] e as augas adxacentes. Formóuse pola fusión das placas india e australiana hai aproximadamente 43 millóns de anos. A fusión ocurriu cando a [[dorsal oceánica]], que separaba ambas placas, cesou a súa actividade e deixou de extenderse.
A '''placa indoaustraliana''' é unha [[placa tectónica]] principal que inclúe o continente de Australia e o océano circundante, estendéndose cara ao noroeste para incluír o [[subcontinente indio]] e as augas adxacentes. Formóuse pola fusión das placas india e australiana hai aproximadamente 43 millóns de anos. A fusión ocurriu cando a [[dorsal oceánica]], que separaba ambas placas, cesou a súa actividade e deixou de extenderse.


Esténdese desde a fronteira [[India|da India]] [[República Popular da China|con China]] e [[Nepal]], abarcando o [[subcontinente indio]], o leste do [[océano Índico]], [[Australia]], [[Melanesia]] e estendéndose ata [[Nova Zelandia]] . Está subdividida en dúas placas que se fusionaron hai 50-55 millóns de anos e cuxos límites manteñen unha baixa actividade tectónica: a placa australiana e a placa indica.
Esténdese desde a fronteira [[India|da India]] [[República Popular da China|con China]] e [[Nepal]], abarcando o [[subcontinente indio]], o leste do [[océano Índico]], [[Australia]], [[Melanesia]] e estendéndose ata [[Nova Zelandia]] . Está subdividida en dúas placas que se fusionaron hai 50-55 millóns de anos e cuxos límites manteñen unha baixa actividade tectónica: a placa australiana e a placa indica.

Revisión actual feita o 7 de marzo de 2021 ás 08:27

Mapa das placas tectónicas. A placa indoaustraliana divídese na placa australiana (laranxa) e a placa india (vermella).

A placa indoaustraliana é unha placa tectónica principal que inclúe o continente de Australia e o océano circundante, estendéndose cara ao noroeste para incluír o subcontinente indio e as augas adxacentes. Formóuse pola fusión das placas india e australiana hai aproximadamente 43 millóns de anos. A fusión ocurriu cando a dorsal oceánica, que separaba ambas placas, cesou a súa actividade e deixou de extenderse.

Esténdese desde a fronteira da India con China e Nepal, abarcando o subcontinente indio, o leste do océano Índico, Australia, Melanesia e estendéndose ata Nova Zelandia . Está subdividida en dúas placas que se fusionaron hai 50-55 millóns de anos e cuxos límites manteñen unha baixa actividade tectónica: a placa australiana e a placa indica.

Movemento da placa[editar | editar a fonte]

A parte oriental (Australia) móvese cara ao norte a unha velocidade de 5,6 cm/ano, mentres que a parte occidental (India) só se move a unha velocidade de 3,7 cm/ano debido ao impedimento do Himalaia. Este movemento diferencial resultou na compresión da placa anterior preto do seu centro en Sumatra e na división nas placas India e Australiana.

Unha terceira placa, coñecida como a placa Capricornio, tamén se pode estar a separar do lado occidental da placa india como parte da continua ruptura da placa indoaustraliana.

Separación[editar | editar a fonte]

Estudos recentes e evidencias de eventos sísmicos como os terremotos do océano Índico de 2012, suxiren que a placa indoaustraliana puido dividirse en dúas ou tres placas separadas principalmente debido ás tensións inducidas pola colisión da placa indoaustraliana con Eurasia ao longo do que máis tarde se converteu no Himalaia, e que a placa india e a placa australiana levan separadas dende hai polo menos 3 millóns de anos.

Véase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]