Charles Baudelaire: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
RubenWGA (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
|tamaño_sinatura = 230px
|tamaño_sinatura = 230px
}}
}}
'''Charles Pierre Baudelaire''', nado en [[París]] o [[9 de abril]] de [[1821]] e finado na mesma cidade o [[31 de agosto]] de [[1867]], foi un dos máis influentes poetas [[Francia|franceses]] do [[século XIX]].
'''Charles Pierre Baudelaire''', nado en [[París]] o [[9 de abril]] de [[1821]] e finado na mesma cidade o [[31 de agosto]] de [[1867]], foi un dos máis influentes [[Poesía|poetas]] [[Francia|franceses]] do [[século XIX]].


Orfo de pai en [[1827]] a súa nai casou cun oficial, educado en [[Lión]] e París, descontenta a súa familia coa vida que levaba, en [[1841]] embarcouno nunha viaxe á [[India]], de volta a Francia instalouse en París e proseguiu coa vida desordenada, entrou nos círculos artísticos e literarios da capital, ao tempo que escandalizaba a cidade coas súas relacións con Jeanne Duval, unha mulata que inspiraría algunhas das súas mellores poesías.
Orfo de pai en [[1827]] a súa nai casou cun oficial, educado en [[Lión]] e París, descontenta a súa familia coa vida que levaba, en [[1841]] embarcouno nunha viaxe á [[India]], de volta a Francia instalouse en París e proseguiu coa vida desordenada, entrou nos círculos artísticos e literarios da capital, ao tempo que escandalizaba a cidade coas súas relacións con Jeanne Duval, unha mulata que inspiraría algunhas das súas mellores poesías.

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2021 ás 23:00

Infotaula de personaCharles Pierre Baudelaire

Charles Baudelaire
Nome orixinal(fr) Charles Baudelaire Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Charles-Pierre Baudelaire Editar o valor em Wikidata
9 de abril de 1821
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 1867
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Sífilis Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse, 6 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residenciarue d'Amsterdam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand
Lycée Saint-Louis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , crítico literario , tradutor , crítico , escritor , ensaísta , tradutor , crítico de arte , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1844 Editar o valor em Wikidata - 1866 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía
MovementoSimbolismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
ParellaJeanne Duval (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJoseph François Baudelaire (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Caroline Archimbaut-Dufays Baudelaire Aupick (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0061667 Allocine: 37038
Bitraga: 1006 Dialnet: 784175 Musicbrainz: a6985818-3431-4e4f-a7e9-0d375fdb40f1 Discogs: 648051 IMSLP: Category:Baudelaire,_Charles WikiTree: Baudelaire-1 Find a Grave: 66 Editar o valor em Wikidata

Charles Pierre Baudelaire, nado en París o 9 de abril de 1821 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1867, foi un dos máis influentes poetas franceses do século XIX.

Orfo de pai en 1827 a súa nai casou cun oficial, educado en Lión e París, descontenta a súa familia coa vida que levaba, en 1841 embarcouno nunha viaxe á India, de volta a Francia instalouse en París e proseguiu coa vida desordenada, entrou nos círculos artísticos e literarios da capital, ao tempo que escandalizaba a cidade coas súas relacións con Jeanne Duval, unha mulata que inspiraría algunhas das súas mellores poesías.

En 1857 publica As flores do mal. As autoridades acúsano de ultraxar a moral pública e prohíbese a difusión do libro.

Traxectoria

Infancia

Baudelaire naceu en París o 9 de abril de 1821. O seu pai, Joseph François Baudelaire, ex-sacerdote, antigo preceptor, foi tamén profesor de debuxo, pintor e funcionario xefe do Despacho do Senado de Francia (cámara alta do parlamento de Francia). Joseph ensinoulle as primeiras letras. Cando naceu Charles, o seu pai tiña a idade de sesenta anos, e xa tiña outro fillo, Claude Alphonse, froito do seu primeiro matrimonio. A súa nai foi Caroline Archimbaut-Dufays, quen non chegaba aos trinta anos ao nacer Baudelaire. Era filla de emigrantes franceses que emigraran a Londres durante a revolución de 1793. Foi ela a que lle ensinou Inglés de cativo.

Foi criado pola serventa da familia chamada, Mariette, coñécese moi pouco sobre ela pero intúese que debeu ter un gran peso na familia. Baudelaire lémbraa nun poema da súa obra As flores do mal.

Joseph François Baudelaire faleceu en 1827, cando Charles tiña seis anos. Deixou unha pequena herdanza. A súa nai mudou de residencia e, aos vinte meses, Caroline casou por conveniencia con Jacques Aupick, un veciño seu de corenta anos que chegaría a ser xeneral comandante da praza forte de París. É probable que fosen amantes antes de contraeren matrimonio. Baudelaire con iso recibiu un grande impacto emocional, vivíndoo como un abandono. Nunca chegou a ter boas relacións con Aupick.

Tralas xornadas revolucionarias de 1830, Aupick foi ascendido a tenente coronel pola súa participación na campaña de Alxeria. Dous anos máis tarde foi nomeado xefe do Estado Maior e trasládase coa súa familia a Lión; alí permaneceron catro anos, estudando Baudelaire no Collège Royal de Lyon, de cuxo ambiente non gardara bos recordos. Alí o futuro poeta aburríase e tentaba escapar do seu peche.

A súa nai, impregnándose da personalidade de Aupick, fórase volvendo cada vez máis ríxida e puritana. No 1836 o seu marido ascendeu a xeneral do Estado Maior. Daquela voltan a París, onde Baudelaire é internado no Collège Louis-lle-Grand; onde ía permanecer durante dous anos e medio. Nesa época le a Sainte-Beuve, a Chenier e Musset, a quen máis tarde vai criticar. Alí consegue o título de bacharelato superior mais, por unha falta aínda descoñecida, foi expulsado.

Xuventude

Baudelaire leva unha vida en oposición aos valores burgueses encarnados pola nai e o padrasto. Para Aupick a vida de bohemia de Baudelaire era un escándalo, enviouno de viaxe cara as Indias, periplo que rematou nas illas Mascareñas en 1841.

Un dandi díscolo

De volta à París, apaixónase por Jeanne Duval, moza mulata, coa cal coñecerá os encantos e as amarguras da paixón. Dandi endebedado, pasa baixo tutela xudicial, e coñece, dende 1842, unha vida disoluta. Empeza entón a compoñer varios poemas das Flores do mal. Crítico de Arte e xornalista, defende en Delacroix o representa do romanticismo en pintura, e tamén Balzac cando o autor da Comedia humana é atacado dunha maneira ben fata e caricaturizado pola súa paixón das cifras ou pola súa presuposta perversidade.

Na Revolución Francesa de 1848 tomou parte nas barricadas.

A obra

Baudelaire foi poeta, crítico de arte e tradutor.

Baudelaire proclama querer liberar a estética de toda consideración moral ou ética e nisto procede unha transformación radical coa estética dominante e renova en profundidade os motivos poéticos. Nos seus poemas intentou tecer e demostrar os lazos entre o mal e a beleza, a felicidade e o ideal inaccesible, a violencia e a voluptuosidade , entre o poeta e o lector, entre os artistas das diferentes épocas. En paralelo escribiu poemas graves ou escandalosos nesa época , expresou a melancolía e o desexo de ir alén . Extirpou a beleza do horror.

Rexeita o realismo e o positivismo dos cales é contemporáneo, Baudelaire sublima a sensibilidade e intenta acadar a verdade esencial, a verdade humana do universo.

O poeta

Como obra romántica, a poesía de Baudelaire testemuña da pasada do horror á éxtase e da éxtase o horror, estas impresións xorden nel do sentimento profundo da maldición que pesa sobre a criatura humana dende a caída orixinal.

Obras

Véxase tamén

Ligazóns externas