Erwin Panofsky: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Liña 73: Liña 73:
[[Categoría:Profesores da Universidade de Princeton]]
[[Categoría:Profesores da Universidade de Princeton]]
[[Categoría:Historiadores da arte]]
[[Categoría:Historiadores da arte]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Friburgo]]

Revisión como estaba o 2 de marzo de 2021 ás 16:00

Infotaula de personaErwin Panofsky

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1892 Editar o valor em Wikidata
Hannover, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte14 de marzo de 1968 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Princeton, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesA. F. Synkop Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Múnic
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Director de teseWilhelm Vöge (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudo da historia da arte Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Universidade de Nova York
Universidade de Hamburgo
Universidade Harvard
Institute for Advanced Study Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresMargarete Bieber (pt) Traducir e Adolph Goldschmidt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoLotte Brand Philip (en) Traducir e Ursula Hoff (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDora Panofsky Editar o valor em Wikidata
FillosHans Panofsky (en) Traducir, Wolfgang Panofsky (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 122854 WikiTree: Panofsky-1

Erwin Panofsky, nado en Hannover o 30 de marzo de 1892 e finado en Princeton (Nova Jersey o 14 de marzo de 1968,[1] foi un historiador da arte e ensaísta alemán, exiliado nos Estados Unidos. A súa obra máis coñecida e influente é Studies in Iconology,[2] mais as súas monografías sobre Dürer, Tiziano, os artistas flamengos ou a arte funeraria son traballos fundamentais na estética do século XX.[3]

Traxectoria

Foi discípulo de Aby Warburg, ao que coñeceu en 1912 nun congreso en Roma, e de quen se converteu en "seguidor devoto" en Hamburgo. Despois de estudar en Berlín e outras universidades alemás, graduouse en 1914 na Universidade de Friburgo, cunha tese sobre o pintor alemán Albrecht Dürer. En 1916 contraeu matrimonio con Dora Mosse, tamén historiadora da arte.

En 1924 apareceu a primeira das súas grandes obras, "Idea": Ein Beitrag zur Begriffsgeschichte der älteren Kunstheorie, onde examina a historia da teoría neoplatónica da arte. Participou na fundación do Instituto Warburg e recibiu na súa formación unha influencia moi decisiva de Ernst Cassirer en canto á definición de "símbolo", como se aprecia na súa obra Perspective as Symbolic Form.

Entre 1926 e 1933 foi profesor numerario na Universidade de Hamburgo, onde comezara a ensinar en 1921, mais abandonou Alemaña cando os nazis tomaron o poder (era de ascendencia xudía) e instalouse nos Estados Unidos, onde xa viaxara como profesor convidado en 1931. Foi profesor no Instituto de Estudos Avanzados da Universidade de Princeton (1935-1962),[4] mais tamén traballou nas universidades Harvard (1947-1948) e de Nova York (1963-1968).

Para Panofsky a historia da arte é unha ciencia en que se definen tres momentos inseparables do acto interpretativo das obras na súa globalidade:

  • a lectura do sentido fenoménico da imaxe é dicir a iconoloxía;
  • a interpretación do seu significado iconográfico; e
  • a penetración do seu contido esencial como expresión de valores.

A arte medieval e o do Renacemento (que estudou profundamente), quedaron definidos no seu libro Renaissance and Renascences in Western Art.

Do seu traballo cos historiadores Raymond Klibansky e Fritz Saxl, Saturn and Melancholy, despréndese o interese pola tristeza na cultura europea, a partir da necesidade do historiador da arte de indagar e descubrir as analogías instrínsecas entre fenómenos en aparencia tan distintos como a literatura, a filosofía, as artes e os acontecementos políticos e relixiosos. Entre os seus discípulos distinguidos cómpre citar a Millard Meiss.

Ideas clave nas súas obras máis importantes

En "Idea" (1924), establece unha correlación entre pensamento e imaxe. Continuando a tradición que inaugurou Filóstrato sobre como o artista a través da fantasía supera a mímese, é dicir, entre o que se ve e o que non se ve, Panofsky di que a arte, na súa forma máis elevada, pode prescindir totalmente do modelo sensible e emanciparse por completo da impresión do realmente perceptible.

En Perspective as Symbolic Form (1927), segue a mesma liña de traballo de Aby Warburg, expondo a perspectiva dun punto fixo establecida polo Renacemento como un particular xeito de representación espacial que non se deriva de ningunha configuración visual ou perceptiva humana, nin da realidade obxectiva, senón dunha determinada concepción do mundo. Nas súas propias palabras fai fincapé na "perspectiva", á que dá a categoría de "feliz termo cuñado por Cassirer" (non se trata da perspectiva nun cadro, nin da perspectiva pictórica e mesmo escultórica redescuberta no Renacemento senón da forma predominante de mirada que se ten das cousas en cada época); por isto a perspectiva ou calquera outra configuración espacial serve para determinar o particular contido "espiritual" (cultural, intelectual) dun momento dado. Isto enlaza co relativismo cultural da Escola de Viena: non hai estruturas visuais obxectivas nin percepcións universais senón particulares construcións realizadas por cada cultura en función da súa visión do mundo (Cosmovisión ou Weltanschauung de tipo hegeliano).

En Gothic Architecture and Scholasticism (1951), estuda as relacións entre a arte gótica clásica e o pensamento da escolástica: ambos responden ao mesmo “hábito mental”, é dicir, responden a unhas ideas reitoras da cultura que impregnan todas as súas manifestacións. Lémbrese que durante a alta Idade Media, a escolástica latina transformou radicalmente a cosmovisión naturalista grega da que era debedora. Os escolásticos representan o universo como unha entidade de carácter divino evidente en si mesma e polo tanto inalterable e absoluta. Os filósofos escolásticos non pretenderon construír novas teorías sobre a natureza das cousas a partir da investigación ou de coñecementos acumulados, senón explicar as nocións aceptadas pola física da época (sobre todo de Platón e Aristóteles) dende a óptica da tradición relixiosa, considerada como valor absoluto). Na práctica da arquitectura levou a sublimar os seus aspectos teóricos. Non interesa o coñecemento técnico senón as leis absolutas (divinas) nas que este debe conformarse. Por iso o construtor medieval, do mesmo xeito que o filósofo non pretendía crear formas novas nin ser orixinal. As analoxías entre a arquitectura e a escolástica son: claridade, totalidade, homologación das partes, aceptación e reconciliación de posibilidades contraditorias e principios retóricos. Da manifestatio á transparencia, da concordantia á reconciliación entre o contraditorio e a diferenza razón-fe a espazo exterior-volume interior.

Especial importancia merecen os seus artigos. No seu artigo "A Historia da arte en canto a disciplina humanística", aborda a iconoloxía dende o punto de vista metodolóxico. Partindo do relativismo cultural, di que todo feito está inscrito nunhas coordenadas espaciais e temporais. O papel do espectador, do mesmo xeito que do historiador, nunca é “inxenuo”, senón que se enfronta á obra cuns orzamentos culturais para poder alcanzar o seu “significado”. En canto ao artigo "Iconografía e Iconoloxía: introdución ao estudo da arte do renacemento", nel desenvolve teoricamente o método iconográfico-iconolóxico, é dicir, como o historiador da arte alcanza o significado dunha obra de arte. Trátao en tres pasos:[5]

  • Descrición preiconográfica: O historiador da arte consigna aqueles datos que posúe a obra, fácticos e expresivos. Alcanzado pola nosa percepción. Iso si, ás veces necesítase apelar a maiores coñecementos como o tempo e a cultura dadas na realización da obra.
  • Análise iconográfico: Identificación de imaxes, historias e alegorías. A análise iconográfica implica un método descritivo e non interpretativo e ocúpase da identificación, descrición e clasificación das imaxes.
  • Análise iconolóxica: Verdadeiro obxectivo da análise da obra de arte, dilucidar a significación intrínseca ou contido. Débese prestar atención aos procedementos técnicos, aos trazos de estilo e ás estruturas de composición tanto como aos temas iconográficos.

Obras

  • Idea: A Concept in Art Theory (1924)[6]
  • Perspective as Symbolic Form (1927)[7]
  • Studies in Iconology (1939)[8]
  • The Life and Art of Albrecht Dürer (1943)[9]
  • Gothic Architecture and Scholasticism (1951)[10]
  • Early Netherlandish Painting: Its Origins and Character (1953).[11]
  • Meaning in the Visual Arts (1955)[12]
  • Pandora's Box: the Changing Aspects of a Mythical Symbol (1956) (con Dora Panofsky)[13]
  • Renaissance and Renascences in Western Art (1960)[14]
  • Tomb Sculpture: Four Lectures on Its Changing Aspects from Ancient Egypt to Bernini (1964)[15]
  • Saturn and Melancholy: Studies in the History of Natural Philosophy, Religion, and Art (1964) (con Raymond Klibansky e Fritz Saxl)[16]
  • Problems in Titian, mostly iconographic (1969)[17]
  • Three Essays on Style (1995; edición de Irving Lavin):[18] "What Is Baroque?", "Style and Medium in the Motion Pictures", "The Ideological Antecedents of the Rolls-Royce Radiator". Introdución de Irving Lavin.
  • The Mouse That Michelangelo Failed to Carve[19]
  • Carmina Latina (2018; edición de Gereon Becht-Jördens)[20]

Notas

  1. "Erwin Panofsky - Dictionary of Art Historians". arthistorians.info. Consultado o 2016-03-25. 
  2. Shone, Richard and Stonard, John-Paul, eds. The Books that Shaped Art History, chapter 7. London: Thames & Hudson, 2013.
  3. Chartier, Roger. Cultural History, páx. 23-24 (de "Intellectual History and the History of Mentalités"). Ithaca: Cornell University Press, 1988
  4. "Erwin Panofsky" (PDF). Institute for Advanced Study. Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  5. Panofsky, Erwin. Studies in Iconology: Humanistic Themes in the Art of the Renaissance. New York: Harper & Row, 1972. pp. 5–9.
  6. Panofsky, Erwin (1968). Idea: A Concept in Art Theory (en inglés). Harper & Row. ISBN 9780064300490. 
  7. Panofsky, Erwin (1991). Perspective as Symbolic Form (en inglés). Zone Books. ISBN 9780942299526. 
  8. Panofsky, Erwin (1972). Studies In Iconology: Humanistic Themes In The Art Of The Renaissance (en inglés). Harper & Row. ISBN 9780786741885. 
  9. Panofsky, Erwin; Smith, Jeffrey Chipps (2005). The Life and Art of Albrecht Dürer (en inglés). Princeton University Press. ISBN 9780691122762. 
  10. Panofsky, Erwin (1976). Gothic architecture and scholasticism (en inglés). New American Library. 
  11. Panofsky, Erwin (1953). Early Netherlandish Painting, Its Origins and Character: Text (en inglés). Harvard University Press. 
  12. Panofsky, Erwin (1955-01-01). Meaning in the Visual Arts (en inglés). Doubleday. ISBN 9780226645513. 
  13. Panofsky, Dora; Panofsky, Erwin (1956-01-01). Pandora's Box: The Changing Aspects of a Mythical Symbol (en inglés). Pantheon Books. 
  14. Panofsky, Erwin (1969). Renaissance and Renascences in Western Art (en inglés). Westview Press. ISBN 0064300269. 
  15. Panofsky, Erwin; Janson, Horst Woldemar (1992). Tomb sculpture: four lectures on its changing aspects from ancient Egypt to Bernini (en inglés). H.N. Abrams. 
  16. Klinbansky, Raymond; Panofsky, Erwin; Saxl, Fritz (1964-01-01). Saturn and Melancholy: Studies in the History of Natural Philosophy, Religion, and Art (en inglés). Thomas Nelson and Sons. 
  17. Panofsky, Erwin (1969-01-01). Problems in Titian, mostly iconographic (en inglés). New York University Press. 
  18. Panofsky, Erwin; Heckscher, William S. (1997). Three Essays on Style (en inglés). MIT Press. ISBN 9780262661034. 
  19. "The Mouse That Michelangelo Failed to Carve" (PDF) (Essays In Memory of Karl Lehmann ed.). Nova York. 1964. 
  20. In: Gereon Becht-Jördens (Ed.): Ewig die Liebe allein. Erwin Panofskys, der sich auch Pan nennt, Lateinische Gedichte gesammelt, revidiert, berichtigt und mit einigen knappen Anmerkungen versehen. Mit Einleitung in lateinischer und deutscher Sprache sowie deutschen Versübertragungen Königshausn & Neumann, ISBN 978-3-8260-6260-5

Véxase tamén

Bibliografía

  • Holly, Michael Ann, Panofsky and the Foundations of Art History, Ithaca, Cornell University Press, (1985)
  • Ferretti, Sylvia, Cassirer, Panofsky, Warburg: Symbol, Art, and History, New Haven, Yale University Press, (1989)
  • Lavin, Irving, editor, Meaning in the Visual Arts: View from the Outside. A Centennial Commemoration of Erwin Panofsky (1892–1968), Princeton, Institute for Advanced Study, (1995)
  • Panofsky, Erwin, & Lavin, Irving (Ed.), Three essays on style, Cambridge, MA, MIT Press, (1995)
  • Panofsky, Erwin. in the Dictionary of Art Historians, Lee Sorensen, ed.
  • Wuttke, Dieter (Ed.), Erwin Panofsky. Korrespondenz, Wiesbanden, Harrassowitz, (2001–2011)

Ligazóns externas