Xela Arias: Diferenzas entre revisións
m →Recoñecementos: Rúa |
|||
Liña 117: | Liña 117: | ||
En [[febreiro]] de 2018 o [[Culleredo|Concello de Culleredo]] decidiu dedicarlle o nome dunha rúa no lugar de [[Fonteculler, Rutis, Culleredo|Fonteculler]], parroquia de [[Rutis, Culleredo|Rutis]].<ref>"Acta da sesión ordinaria realizada polo pleno municipal en data 22 de febreiro de 2018", pp. 5-6.</ref> Ese mesmo ano a [[Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación]] creou o [[Premio Xela Arias]] que recoñece o seu labor como tradutora.<ref>{{cita web |url=http://www.agpti.org/gl/nova/novo-premio-xela-arias/ |title=Novo premio Xela Arias |date=1/10/2018 |publisher=AGPTI |accessdate=3/10/2018}}</ref> A finais de [[decembro]] do mesmo ano, o pleno do [[Redondela|Concello de Redondela]] acordou denominar a [[biblioteca]] municipal de [[Chapela, Redondela|Chapela]] como "Xela Arias".<ref>{{Cita publicación periódica |título=Redondela nomea a biblioteca de Chapela como "Xela Arias" |url=https://galego.farodevigo.es/comarcas/2018/12/26/redondela-nombra-biblioteca-chapela-xela/2022809.html |xornal=Faro de Vigo |data=26/12/2018 }}</ref> |
En [[febreiro]] de 2018 o [[Culleredo|Concello de Culleredo]] decidiu dedicarlle o nome dunha rúa no lugar de [[Fonteculler, Rutis, Culleredo|Fonteculler]], parroquia de [[Rutis, Culleredo|Rutis]].<ref>"Acta da sesión ordinaria realizada polo pleno municipal en data 22 de febreiro de 2018", pp. 5-6.</ref> Ese mesmo ano a [[Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación]] creou o [[Premio Xela Arias]] que recoñece o seu labor como tradutora.<ref>{{cita web |url=http://www.agpti.org/gl/nova/novo-premio-xela-arias/ |title=Novo premio Xela Arias |date=1/10/2018 |publisher=AGPTI |accessdate=3/10/2018}}</ref> A finais de [[decembro]] do mesmo ano, o pleno do [[Redondela|Concello de Redondela]] acordou denominar a [[biblioteca]] municipal de [[Chapela, Redondela|Chapela]] como "Xela Arias".<ref>{{Cita publicación periódica |título=Redondela nomea a biblioteca de Chapela como "Xela Arias" |url=https://galego.farodevigo.es/comarcas/2018/12/26/redondela-nombra-biblioteca-chapela-xela/2022809.html |xornal=Faro de Vigo |data=26/12/2018 }}</ref> |
||
En 2021 o Concello de [[Sarria]] aprobou dedicarlle unha rúa.<ref>{{Cita novas|título=El pleno de Sarria aprueba que la calle José Antonio pase a denominarse Xela Arias|url=https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/pleno-aprueba-calle-jose-antonio-pase-denominarse-xela-arias/202102261309301488495.html|xornal=El Progreso de Lugo|data=2021-02-26|data-acceso=2021-03-02|lingua=es|nome=Lucía|apelidos=Porto}}</ref> |
|||
=== Día das Letras Galegas === |
=== Día das Letras Galegas === |
Revisión como estaba o 2 de marzo de 2021 ás 12:00
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Xela Arias Castaño 4 de marzo de 1962 Lugo, España |
Morte | 2 de novembro de 2003 (41 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía Hispánica |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | Profesora de ensino secundario |
Período de actividade | 1986-2003 |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá, lingua inglesa e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables Tigres coma cabalos Darío a diario | |
Familia | |
Cónxuxe | Xulio Gil Rodríguez (1992-2002) |
Fillos | Darío Gil Arias (1994) |
Pai | Valentín Arias |
Premios | |
De tradución: Da Sociedade da Língua Portuguesa Ramón Cabanillas Plácido Castro | |
Xela Arias Castaño, nada en Sarria[1][2] o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003[3][4][5][6], foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. A súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.
Tras ser proposta en varias ocasións anteriores, en 2020 a Real Academia Galega anunciou que será a autora homenaxeada nas Letras Galegas de 2021.[7]
Traxectoria
Os seus pais foron Valentín Arias López e Amparo Castaño López. As terras das familias paterna e materna estaban nas parroquias de Maside, Ortoá e Meixente (lugares da Vilerma, Barreiros e Mouzós). Segundo Xaime Félix López Arias, cronista de Sarria, naceu en Lugo, inda que inscribiron o nacemento en Sarria, co nome de María de los Ángeles, que mudou en 1984 polo de María dos Anxos, se ben foi chamada Xela desde os seis anos. Finalmente, en 1995 o xuíz Alejandro Roa Nonide autorizou o cambio de nome polo de Xela.[8]
Criada en galego,[9] estudou na Granxa de Barreiros, no Colexio Fingoi de Lugo, entre os catro e os sete anos. En 1969 a familia mudouse a Vigo, por ser destinado o pai como mestre á escola de Moledo, en Sárdoma[10] (hoxe CEIP Sárdoma-Moledo).[11] En 1976 ingresou no Instituto Castelao do barrio do Calvario. Facendo o COU abandonou os estudos, e comezou a traballar en Edicións Xerais de Galicia, desde o seu nacemento en 1979, canda Xulián Maure Rivas e Roberto Pérez Pardo, primeiro como oficinista, despois en creación e investigación e de 1990 a 1996 como correctora de estilo e editora.[3]
Dende 1980[12] publicou en xornais e revistas coma A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Jornal de Notícias do Porto, Dorna, Tintimán, Carel ou Katarsis, colaborou en publicacións coma Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza ou Boletín Galego de Literatura[13] e formou parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de tradución.
Participou nun recital poético nun acto contra a entrada de España na OTAN en 1982; en 1988 inscribiuse en Greenpeace; en 2002 participou nun recital en solidariedade cos afectados polo desastre do Prestige no MARCO; noutro Contra a Burla Negra, organizado por Pepe Álvarez Cáccamo e máis ela en febreiro de 2003; ese mesmo mes e ao seguinte, leu declaracións en senllas manifestacións contra a Guerra de Iraq.[14]
En 1986 ingresou na Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1991 rexistrou as letras para o grupo musical Desertores[15] e retomou os estudos, iniciando Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, licenciándose en 1996 pola Universidade de Santiago de Compostela,[3][12] e iniciando a especialidade en galego-portugués.
No verán de 1992 casou co fotógrafo e matemático ourensán, residente en Vigo, Xulio Gil Rodríguez (1954), con quen en 1994 tivo o seu único fillo, Darío; separáronse no ano 2002.
No curso 1999-2000 comezou a exercer como profesora substituta de ensino secundario, de lingua e literatura castelá, nos institutos Terra de Xallas (Santa Comba), Paralaia (Moaña), Valle-Inclán (Pontevedra), Xelmirez II (Santiago de Compostela) e Valadares II (Vigo). En anos seguintes foi docente en Chapela (Redondela), A Sangriña (A Guarda) e Álvaro Cunqueiro (Vigo).[7]
Traduciu a Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Jan Terlouw, Bram Stoker e Charles Baudelaire, entre outros.[16]
“ | Tan intensas e punxentes como as súas arelas de liberdade, independencia e xustiza, eran nela o sentido e mais a práctica da solidariedade. | ” |
— Valentín Arias, pai da autora. |
En novembro do ano 2003 Arias finou dun ataque ao corazón nun hospital de Vigo, con corenta e un anos de idade.[17] Foi soterrada no cemiterio vigués de Pereiró.
Obras
Narrativa
- Non te amola!, publicado en marzo de 2021 con ilustracións de Luz Beloso, na colección Libros para Compartir de Galaxia.[18]
“ | Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro. | ” |
— Xela Arias, Non te amola! (Galaxia). |
Poesía
|
- Denuncia do equilibrio (1986), Edicións Xerais de Galicia, ISBN 84-7507-233-X.[19]
- Lili sen pistolas (1986, obra inédita).
- Tigres coma cabalos (1990), Xerais; con fotos de Xulio Gil, ISBN 84-7507-449-9.[20][21]
- Darío a diario (1996), Edicións Xerais de Galicia, ISBN 84-8302-080-7.[22]
- Intempériome (xullo de 2003), Espiral Maior, ISBN 84-95625-70-9.[23][24]
- Maldito lindo (obra inédita).[25]
- Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) (2018), Xerais, ISBN 978-84-9121-428-1.[26]
Traducións
- Do castelán (Cabalum): Caballum, de Carlos Oroza (1983).
- Do portugués (Amor de Perdição): Amor de perdición, de Camilo Castelo Branco (1986, Xerais), ISBN 978-84-7507-236-4, Premio de Tradução Sociedade da Língua Portuguesa.[13]
- Do inglés (Fabled Cities, Princes and Jinn from Arab Myths and Legends): Cidades fantásticas. Príncipes e Xinns da mitoloxía e as lendas árabes, de Khairat Al-Saleh, con Valentín Arias (1986, Xerais), ISBN 84-7507-211-9.
- Do italiano (Favole al telefono): Contos ó teléfono, de Gianni Rodari (1986, Editorial Juventud), ISBN 84-261-2213-2.[27]
- Do portugués (O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá): O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha Historia de Amor, de Jorge Amado (1986, Xerais), ISBN 84-7507-226-7.[28]
- Do castelán (El bosque animado): O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez (1987, Xerais), ISBN 978-84-9914-021-6.[29]
- Do inglés (The Witches): As bruxas, de Roald Dahl (1989, Xerais), ISBN 978-84-9782-499-6.[30]
- Do neerlandés (Belledonne kamer 16: een dagboek uit het verzet) Belledonne, habitación 16, de Anke de Vries (1990, SM), ISBN 978-84-348-0923-9.[31]
- Do castelán (Los corredoiras): Os corredoiras, de Juan Farias (1990, SM), ISBN 84-348-3078-7.
- Do inglés (Dubliners): Dublineses, de James Joyce, con Débora Ramonde e Rafael Ferradás (1990, Xerais).[32][33]
- Do castelán (El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha): O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Cervantes, con Valentín Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín (1990, Xuntanza), ISBN 84-86614-64-3.[34]
- Do neerlandés: Os cómics de Franka, de Henk Kuijpers, con María Xesús Lameiro (1990, Xerais). Incluíndo os cinco títulos: Os dentes do dragón, A caída do dragón, Competencia a morte, A volta do sol do norte e A vinganza do barco fantasma.[35]
- Do portugués (Rosa, Minha Irmã Rosa): Rosa, miña irmá Rosa, de Alice Vieira (1990, SM), ISBN 84-348-3120-1.[36]
- Do portugués (Caminhando sobre as águas): Camiñando sobre as augas, de José Viale Moutinho (1993, Xerais), ISBN 978-84-7507-733-8.[37]
- Do inglés (The Last of the Mohicans: A Narrative of 1757): O derradeiro dos mohicanos, de James Fenimore Cooper (1993, Xerais), ISBN 978-84-7507-768-0. Premio Ramón Cabanillas.[38]
- Do castelán: A cantiga de amor, de Vicenç Beltran Pepió (1995, Xerais), ISBN 84-7507-943-1.[39]
- Do neerlandés (Briefgeheim ): A carta en clave de Jan Terlouw (1995, SM), ISBN 84-348-4538-5.[40]
- Do inglés: Drácula, de Bram Stoker (2000, Xerais), ISBN 978-84-8302-469-0.[41]
- Do inglés (Black Venus): Venus Negra, de Angela Carter (2001, Xerais), ISBN 978-84-8302-702-8.[42]
- Do castelán: Relatos, de Gloria Pampillo (2002, Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego).[43]
- Do francés (Le Spleen de Paris): O Spleen de París[44] de Charles Baudelaire (Bivir), Premio de Tradución Plácido Castro 2004 (póstumo).[45]
- Do inglés (Wide Sargasso Sea): Ancho mar de sargazos, de Jean Rhys, inconclusa.[5]
Colectivas
- "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia" (1974) en Contos dos nenos galegos, premiados nos concursos nacionais de contos infantís convocados pola Agrupación Cultural O Facho, 1968-1983 (1984, Caixa Galicia).[46]
- Escolma de poesía galega (1976-1984) de Xosé Lois García Fernández, ed. (1984, Sotelo Blanco Edicións).
- "Que si, que si" en Contos eróticos. Elas (1990, Edicións Xerais de Galicia).
- Fin de un milenio. Antología de la poesía gallega última de Francisco López Barxas e César Antonio Molina (1991, Libertarias).
- Palabra de muller (1992, Edicións Xerais de Galicia).
- "A de quen comprende non é palabra feliz" en Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas (disco-libro, 1997, Fundación Rosalía de Castro).
- Río de son e vento (1999, Edicións Xerais de Galicia).
- Camelias para elas (1999, Concello de Vigo), canda Luz Pozo Garza, M.ª Xosé Queizán e M.ª do Carme Kruckenberg, con fotos de Alfonso Lubián.
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).[47]
- Elas 2: antoloxía poética (2003, Unión Comarcal de CCOO de Vigo).
- Un futuro para a lingua (2003, Xunta de Galicia).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, (2003, Fundación Araguaney).
- X. Espazo para un signo (2005, Edicións Xerais de Galicia).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
- Pensando nelas (2006, CD, Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco).[48]
Recoñecementos
No ano 1986 foi finalista en dous certames, o Premio Antón Losada Diéguez coa súa primeira obra Denuncia do equilibrio, e o Premio Esquío de poesía con Lili sen pistolas, obra inédita.
Recibiu varios premios de tradución: o da Sociedade da Língua Portuguesa por Amor de perdición de Camilo Castelo Branco (1986, Xerais); o Ramón Cabanillas pol'O derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper (1993, Xerais), e, postumamente, o Plácido Castro 2004 pol'O Spleen de París de Baudelaire.
O 29 de maio de 2004, fíxoselle unha homenaxe en Vigo, organizada pola Asociación Galega de Editores, a Asociación de Tradutores Galegos e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.[49] Ese mesmo ano, Xerais e a AELG, publicaron o libro Xela Arias, quedas en nós, coordinado polo pai da poeta, no que colaboraron, entre outros: Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Araguas, Teresa Barro, Carmen Blanco, Manuel Bragado, Manuel Caamaño Suárez, Marica Campo, Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xoán Xosé Fernández Abella, Víctor Freixanes, Silvia Gaspar, Avelino González, Bernardino Graña, Modesto Hermida, María do Carme Kruckenberg, Aurora López, Manuel María, Paco Martín, Xulián Maure, Méndez Ferrín, Gonzalo Navaza, Carlos Negro, Ramón Nicolás, Antía Otero, Andrés Pociña, Avelino Pousa Antelo, María Xosé Queizán, Xesús Rábade, Román Raña, Claudio Rodríguez Fer, Ana Romaní, Marga do Val, Xosé Vázquez Pintor, Manuel Vidal Villaverde, Helena Villar Janeiro, Pepe Carreiro, Xulio Gil Rodríguez e Siro.[8]
En febreiro de 2018 o Concello de Culleredo decidiu dedicarlle o nome dunha rúa no lugar de Fonteculler, parroquia de Rutis.[50] Ese mesmo ano a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación creou o Premio Xela Arias que recoñece o seu labor como tradutora.[51] A finais de decembro do mesmo ano, o pleno do Concello de Redondela acordou denominar a biblioteca municipal de Chapela como "Xela Arias".[52]
En 2021 o Concello de Sarria aprobou dedicarlle unha rúa.[53]
Día das Letras Galegas
No ano 2014 foi proposta por Ramón Lorenzo, Antón Santamarina e Xosé Fernández Ferreiro como autora a homenaxear no Día das Letras Galegas do ano 2015. Os outros candidatos foron Ricardo Carballo Calero, Celestino Fernández de la Vega, Manuel María e Filgueira Valverde, resultando finalmente elixido este último.[54] O 6 de setembro dese mesmo ano, nun acto na Vilerma, inaugurouse unha placa co texto "Nesta casa viviron a poeta Xela Arias (1962-2003) e o escritor Valentín Arias (1934-2011) que en cada un dos seus actos afirmaron o seu amor á nosa lingua"[55]
Ao ano seguinte, 2015, volveu ser proposta para lle adicar o Día das Letras 2016, canda Carballo Calero e o que sería elixido: Manuel María.[56][57]
O anuncio de que o Día das Letras Galegas 2021 se dedicaba a Xela Arias fíxose en decembro de 2020, o feito de que se fixese en decembro foi valorado como unha pexa para a preparación da celebración.[58]
Día das Galegas nas Letras
En 2019 a plataforma A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras con diversos actos no monte do Castro de Vigo, entre eles un percorrido imaxinario pola súa vida a cargo de Susana Aríns.[59]
Notas
- ↑ Matilde: "Una de homenajes" Atlántico Diario 7/9/2014 (en castelán).
- ↑ "Homenaxe á poeta Xela Arias" Do gran ó pan, 7/9/2014.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Ficha de Xela Arias na páxina de Edicións Xerais de Galicia
- ↑ "A poeta e traductora Xela Arias renovadora da poética galega morre en Vigo..." Culturagalega.org 3/11/2003.
- ↑ 5,0 5,1 EFE: "Xela Arias, poeta y traductora por encima de las normas morales" El Mundo, 4/11/2003 (en castelán).
- ↑ Carbajo, Primitivo: "Xela Arias, poetisa y traductora", El País, 4/11/2003 (en castelán).
- ↑ 7,0 7,1 A RAG dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias, RAG, 22 de decembro de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 Arias López, Valentín, coord. (2004): Xela Arias, quedas en nós, Vigo, Xerais e AELG, ISBN 84-9782-242-0.
- ↑ "A RAG comparte “Xeliña fala galego” e reivindica a transmisión xeracional do idioma no Día da Lingua Materna" RAG, 17/2/2021.
- ↑ "Una niña viguesa gana el concurso de cuentos «O Facho»". Se trata de Xela Arias Castaño..."
- ↑ CEIP Sárdoma-Moledo
- ↑ 12,0 12,1 Araguas, GEG, 2005.
- ↑ 13,0 13,1 Vilavedra, coord., (1995): p. 60.
- ↑ Val, Marga do: "Dez anos sen Xela Arias" Sermos Galiza, 2/11/2013.
- ↑ Biografía de Desertores en Lafonoteca.net (en castelán).
- ↑ Xela Arias na BITRAGA. Observatorio da Tradución en Galicia. Universidade de Vigo.
- ↑ Paneis da exposición Mulleres galegas na historia, Concello de Redondela, maio de 2010.
- ↑ "A Editorial Galaxia publicará en marzo un libro inédito de Xela Arias" 19/2/2021.
- ↑ Denuncia do equilibrio no Proxecto Meiga
- ↑ Palacios, Manuela (2006): "Comtemporary Women's Poetry in Galicia and in Ireland: An Introduction" en Ireland in the Coming Time. New Insights on Irish Literature, ISBN 0-9729892-5-0 (en inglés).
- ↑ "Xela Arias cuelga en la pared los dramas inconfesables..." El Ideal Gallego, 12/8/1990.
- ↑ Imaxe da portada de Darío a diario. Xerais.
- ↑ Bermúdez, Silvia (2003). "Intempériome, Xela Arias". Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, pp. 160-161.
- ↑ Imaxe da portada de Intempériome. Espiral Maior. Poesía
- ↑ Nogueira, Chus (22/2/2019). A poesía non debe, segundo Xela Arias, ser condescendente nin reflectir falsos equilibrios ou visións edulcoradas da realidade. Praza.gal. Entrevista con Dopico, Montse. Consultado o 23/2/2019.
- ↑ Edición, introdución e notas de Chus Nogueira. Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) na páxina web de Xerais.
- ↑ Imaxe da portada de Contos ó teléfono. Juventud. Barcelona
- ↑ O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha Historia de Amor, imaxe da portada
- ↑ Imaxe da portada de O bosque animado. Xerais
- ↑ As bruxas, ficha do libro na páxina de Xerais
- ↑ Belledonne, habitación 16 no Proxecto Meiga
- ↑ Imaxe da portada
- ↑ "Ler a Joyce en galego " Faro de Vigo, 16/6/2013.
- ↑ O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha de Xuntanza Editorial na páxina do Instituto Cervantes.
- ↑ Colección "Franka" de Edicións Xerais (1990) en Tebeosfera
- ↑ Rosa, miña irmá Rosa no Proxecto meiga.
- ↑ "Imaxe da portada de Camiñando sobre as augas. Xerais". Arquivado dende o orixinal o 02/07/2015. Consultado o 01/07/2015.
- ↑ "Portada de O derradeiro dos mohicanos de Fenimore Cooper". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 02 de xullo de 2015.
- ↑ A cantiga de amor de Vicenç Beltran. Xerais en Dialnet.
- ↑ A carta en clave na páxina do Proxecto Meiga
- ↑ Ficha de Drácula na páxina web de Xerais
- ↑ Imaxe da portada de Venus negra, Xerais
- ↑ Relatos en PDF. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego (Bivir).
- ↑ O Spleen de París en PDF. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego.
- ↑ Acta da reunión do xurado do Premio de Tradución Plácido Castro 2004
- ↑ "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia"
- ↑ Alma de beiramar, obra íntegra en PDF.
- ↑ "A secretaria xeral de Política Lingüística acude á presentación do cedé... ABC 11/12/2006.
- ↑ Bragado Rodríguez, Manuel: "Cartografías de Xela Arias" 5/11/2013.
- ↑ "Acta da sesión ordinaria realizada polo pleno municipal en data 22 de febreiro de 2018", pp. 5-6.
- ↑ "Novo premio Xela Arias". AGPTI. 1/10/2018. Consultado o 3/10/2018.
- ↑ "Redondela nomea a biblioteca de Chapela como "Xela Arias"". Faro de Vigo. 26/12/2018.
- ↑ Porto, Lucía (2021-02-26). "El pleno de Sarria aprueba que la calle José Antonio pase a denominarse Xela Arias". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-03-02.
- ↑ "Filgueira Valverde, no olimpo das Letras Galegas" Faro de Vigo, 6/7/2014.
- ↑ Imaxe do acto do 6 de setembro de 2014
- ↑ Pérez Lorenzo, Francisco: "Será 2016 o ano de Xela Arias?" El Correo Gallego, 27/6/2015.
- ↑ "Manuel María, Carballo Calero e Xela Arias, candidatos ás Letras Galegas do 2016" Faro de Vigo, 27/6/2015.
- ↑ Reimóndez, María. "Insuficientes". Nós Diario. Consultado o 2021-01-13.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Vigo: VI Día das Galegas nas Letras, en homenaxe a Xela Arias, o 15 de agosto | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 11 de setembro de 2019.
Véxase tamén
A Galicitas posúe citas sobre: Xela Arias |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xela Arias |
Bibliografía
- "Arias Castaño, Xela". Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 68. ISBN 978-84-7680-665-4.
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 23. ISBN 84-85311-96-5.
- Araguas, Vicente (1990). "O desgarro do tigre, o éxtase do cabalo". Grial (Galaxia) (107): 408–410. ISSN 0017-4181.
- —————— (setembro de 1990). "A forza da poesía". Dorna. Expresión poética galega (16). ISSN 0213-3806.[1]
- —————— (2005). "Arias Castaño, Xela". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Arias López, Valentín, coord. (2004). Xela Arias, quedas en nós. Vigo: Xerais e AELG. ISBN 84-9782-242-0.[2]
- Blanco, Carmen (1991). Literatura galega da muller. Universitaria. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-7507-560-0.
- Expósito Rabadán, Jesús (2005). "Xela Arias: Verso Desnudo". Madrygal (en castelán) (8): 33–41. ISSN 1138-9664.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 496. ISBN 84-7492-465-0.
- González, H. (2008). Palabras extremas: escritoras gallegas e irlandesas de hoy (en castelán). pp. 37–39. ISBN 978-84-9745-198-7.
- Nogueira, M.ª X. (2015). "O equilibrio trastornado. O eu e a súa relación co outro…". Abriu (UB) (4): 29–43. ISSN 2014-8526.
- Noia Campos, María Camino (coord.) (1992). Palabra de muller. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-7507-648-5.
- Panero, C. (1990). "Tigres coma cabalos. Poemas de Xela Arias e fotos de Xulio Xil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (7): 135. ISSN 1139-4854.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 60. ISBN 84-8288-019-5.
- ——————, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. p. 462-463. ISBN 84-8288-365-8.
Gravacións de son | |
---|---|
"Recordamos a obra poética de…" Diario Cultural, 24/12/2018. | |
Vídeos | |
"Xela Arias e a palabra" Consello da Cultura Galega 2014. |
Outros artigos
Ligazóns externas
- "Letras Galegas 2021" Real Academia Galega.
- Ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega UDC e Deputación da Coruña.
- Xela Arias na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Xela Arias na Enciclopedia Historia da Literatura Galega da Asociación Socio-Pedagóxica Galega
- Romaní, A.: "Xela Arias. Precisa e extrema, a súa obra incide na vocación transgresora..." Álbum de Mulleres.