Geo-IK: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Xosema (conversa | contribucións)
m Ligazóns inernas
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:GEO-IK spacecraft - ParkPatriot2015part13-482.jpg|miniatura|256px|Unha maqueta dun satélite Geo-IK.]]
[[Imaxe:GEO-IK spacecraft - ParkPatriot2015part13-482.jpg|miniatura|256px|Unha maqueta dun satélite Geo-IK.]]
'''Geo-IK''', tamén coñecidos como '''Musson''' (índice [[GRAU]] 11F621), foi unha serie de satélites [[Xeodesia|xeodésicos]] [[Unión Soviética|soviéticos]] e logo [[Rusia|rusos]]. Eran os sucesores dos satélites [[Sfera (satélites)|Sfera]].<ref name=astronautix>{{Cita web|url=http://astronautix.com/g/geo-ik.html|título=Geo-IK|dataacceso=25 de abril de 2020|autor=Mark Wade|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=|ano=2020|mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua=inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref><ref name=gunter>{{Cita web|url=https://space.skyrocket.de/doc_sdat/geo-ik.htm|título=Geo-IK (Musson, 11F666)|dataacceso=25 de abril de 2020|autor=Gunter Dirk Krebs|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano=2020|mes= |formato= |obra= |editor=Gunter's Space Page|páxinas= |lingua=inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
'''Geo-IK''', tamén coñecidos como '''Musson''' (índice [[GRAU]] 11F621), foi unha serie de satélites [[Xeodesia|xeodésicos]] [[Unión Soviética|soviéticos]] e logo [[Rusia|rusos]]. Eran os sucesores dos satélites [[Sfera]].<ref name=astronautix>{{Cita web|url=http://astronautix.com/g/geo-ik.html|título=Geo-IK|dataacceso=25 de abril de 2020|autor=Mark Wade|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=|ano=2020|mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua=inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref><ref name=gunter>{{Cita web|url=https://space.skyrocket.de/doc_sdat/geo-ik.htm|título=Geo-IK (Musson, 11F666)|dataacceso=25 de abril de 2020|autor=Gunter Dirk Krebs|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano=2020|mes= |formato= |obra= |editor=Gunter's Space Page|páxinas= |lingua=inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>


== Características ==
== Características ==
Liña 103: Liña 103:
*[[Tsiklon-3]]
*[[Tsiklon-3]]
*[[Geo-IK-2]]
*[[Geo-IK-2]]
*[[Sfera]]


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2021 ás 18:31

Unha maqueta dun satélite Geo-IK.

Geo-IK, tamén coñecidos como Musson (índice GRAU 11F621), foi unha serie de satélites xeodésicos soviéticos e logo rusos. Eran os sucesores dos satélites Sfera.[1][2]

Características

Os satélites Geo-IK eran satélites en órbita baixa lanzados para mellorar a precisión dos mapas da época. Foron lanzados entre 1981 e 1994 usando foguetes Tsiklon-3 e normalmente había entre un e dous satélites operativos en órbita. As súas órbitas típicas eran circulares, de 1500 km de altura e entre 73,6 e 82,6 graos de inclinación orbital. Tiñan unha masa duns 1500 kg e alimentábanse mediante paneis solares. O corpo principal dos satélites estaba formada por un cilindro cun mastro nun dos extremos para estabilizarse mediante gradente gravitatorio e antenas e paneles solares formando unha saia arredor do satélite no outro extremo. Os instrumentos e a carga útil iban nun contedor presurizado e termicamente controlado dentro do cilindro. O tempo de vida de cada satélite era de entre 1 e 2 anos. Foron sucedidos polos satélites Geo-IK-2.[1][2]

Instrumentos

Os Geo-IK dispoñían de varios sistemas para facer as súas medicións:[1][2]

  • Un radar de 9,4 GHz para medir altura sobre a superficie oceánica cunha precisión de entre 3 e 5 metros.
  • Un sistema Doppler de dúas frecuencias (150 e 400 MHz) cunha precisión de entre 1 e 3 cm/s para medir a distancia desde terra cara o satélite.
  • Un transpondedor funcionando a 3,4 ou 5,7 GHz para determinar tamén a distancia ao satélite cunha precisión de entre 3 e 5 m.
  • Reflectores láser na superficie do satélite para medir a distancia cara o satélite cunha precisión de 1,5 m.
  • Un sistema de sinalización por luz de alta intensidade que emite flashes e permitía a observatorios en terra determinar a posición do satélite contra o fondo de estrelas cunha precisión de 1,5 segundos de arco.

Os instrumentos eran operados normalmente durante cinco días á semana, deixando os dous restantes para planificación.[1][2]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Geo-IK 1 (Musson 1, Kosmos 1242) 23 de xaneiro de 1981 Tsiklon-3 Fallo
Geo-IK 2 (Musson 2, Kosmos 1312) 30 de setembro de 1981 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 3 (Musson 3, Kosmos 1410) 24 de setembro de 1982 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 4 (Musson 4, Kosmos 1510) 24 de novembro de 1983 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 5 (Musson 5, Kosmos 1589) 8 de agosto de 1984 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 6 (Musson 6, Kosmos 1660) 14 de xuño de 1985 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 7 (Musson 7, Kosmos 1732) 11 de febreiro de 1986 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 8 (Musson 8, Kosmos 1803) 2 de decembro de 1986 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 9 (Musson 9, Kosmos 1823) 20 de febreiro de 1987 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 10 (Musson 10, Kosmos 1950) 30 de maio de 1988 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 11 (Musson 11, Kosmos 2037) 20 de agosto de 1989 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 12 (Musson 12, Kosmos 2088) 30 de xullo de 1990 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 13 (Musson 13, Kosmos 2226) 22 de decembro de 1992 Tsiklon-3 Éxito
Geo-IK 14 (Musson 14) 29 de novembro de 1994 Tsiklon-3 Éxito

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "Geo-IK" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Geo-IK (Musson, 11F666)" (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos