Elena Colmeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lugar de falecemento
Etiquetas: Reversión manual Edición visual
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Outros homónimos|Colmeiro}}
{{Outros homónimos|Colmeiro}}
{{Biografía}}
{{Biografía}}
'''Elena Colmeiro González''', nada en [[Costela, Margaride, Silleda|Costela]] ([[Margaride, Silleda|Margaride]], [[Silleda]]) en [[1932]] e finada en Madrid en febreiro de 2021<ref>{{cita novas|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/falece-artista-elena-colmeiro/20210226102508116634.html|título=Falece a escultora Elena Colmeiro|data=26 de febreiro de 2021|xornal=Nós Diario}}</ref>, é unha escultora [[Galiza|galega]].
'''Elena Colmeiro González''', nada en [[Costela, Margaride, Silleda|Costela]] ([[Margaride, Silleda|Margaride]], [[Silleda]]) en [[1932]] e finada en Madrid o [[24 de febreiro]] de 2021<ref>{{cita novas|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/falece-artista-elena-colmeiro/20210226102508116634.html|título=Falece a escultora Elena Colmeiro|data=26 de febreiro de 2021|xornal=Nós Diario}}</ref><ref>{{Cita web|título=Falleció Elena Colmeiro en Madrid a los 89 años|url=https://www.atlantico.net/articulo/vigo/fallecio-elena-colmeiro-madrid-89-anos/20210225230419823904.html|páxina-web=Atlántico|data=2021-02-25|data-acceso=2021-02-26|lingua=es|apelidos=Atlántico}}</ref>, foi unha escultora [[Galiza|galega]].


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2021 ás 14:24

Infotaula de personaElena Colmeiro
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor em Wikidata
Costela, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEuropean Ceramics Work Center (en) Traducir (1991–1992) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , ceramista Editar o valor em Wikidata
MovementoArte abstracta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Colmeiro Guimarás Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5006901

Elena Colmeiro González, nada en Costela (Margaride, Silleda) en 1932 e finada en Madrid o 24 de febreiro de 2021[1][2], foi unha escultora galega.

Traxectoria

Filla do pintor Manuel Colmeiro, trasladouse coa súa familia a Buenos Aires cando contaba nove anos. A partir de 1948 realizou, durante cinco anos, estudos técnicos e de pedagoxía para ao obtención do título de profesorado. Comezou a expor moi nova e obtivo o seu primeiro galardón, entre estudantes, en 1952. A inicial mostra persoal da súa peculiar arte de ceramista eminentemente creadora, en formas e texturas, efectuouna en 1954, na capital arxentina. Regresou a España en 1955 e ao ano seguinte expuxo en Vigo, na desaparecida Sala Velázquez que funcionaba en dependencias do teatro Fraga.

Leva a súa obra a Madrid, onde sorprende a súa inventiva e modernidade, e en 1964 é bolseira pola Fundación March. A partir deses anos as súas creacións percorren o mundo en colectivas organizadas por institucións oficiais españolas. En 1966 obtivo o primeiro premio na Bienal de Uruguai, ao ano seguinte a medalla de ouro en Faenza, Italia, cidade emblemática da cerámica, e bolsa de estudos para Estados Unidos, novamente da man da fundación March.

As súas exposicións, persoais ou colectivas, sucédense por España e medio mundo. Realiza un mural cerámico para o aeroporto da Lavacolla, en Santiago, en 1980, e ao final desa década, unha escultura que se sitúa na autoestrada de Compostela á Coruña.

Entre as súas grandes mostras persoais está a trixésima de "Grandes Artistas Galegos" no Centro Cultural Caixavigo, en 1994; a do quiosco Alfonso, na Coruña, e a da fundación Caixa Galicia, na mesma cidade.

Está representada en numerosos museos de España, Europa e América, entre eles o de Castrelos, en Vigo, así como en coleccións institucionais e particulares.

Elena Colmeiro non é exactamente e só, ao modo convencional, unha ceramista, senón realmente unha escultora; unha creadora de formas no espazo, de concepción moi abstractiva, con síntese nas que as referencias se estilizan, modifícanse, renóvanse, para absorber unha longa tradición na que está toda a escultura do século XX. As súas curvaturas en espiral, con oquedades que se integran no volume resultante, son extraordinariamente atractivas, e ditas coma se caprichosamente fosen manifestacións violentas da natureza logo dun cataclismo, que o artista acariñou, dominado, modificado ao seu gusto.

Ás veces, as súas obras semellan vagos recordos arqueolóxicos emparentables co mundo grego arcaico, e outras son fragmentos de construcións imposibles que o capricho mantivo milagrosamente en pé. A súa enorme inventiva colocou a Elena Colmeiro nun lugar destacado da vangarda do ceramismo escultórico, con recoñecemento internacional.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Areán, Carlos (1967): Artes aplicadas en España del siglo XX. Madrid.
  • Campoy, A. M. (1973): Diccionario crítico del Arte Español Contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic.
  • Colmeiro, Elena (1994): Grandes Artistas Galegos. Vigo, Caixavigo.
  • Diego; Sobrino; Sarmiento (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Auditorio de Galicia. 
  • Gaya Nuño, J. A.: Arte del siglo XX. Madrid, Edit. Plus Ultra.
  • Pablos, Francisco (1981): Plástica galega. Vigo, Caixavigo.
  • Sterr-Brtiz, H. (1980): Contemporany Internacional Ceramics 1980. Köln, Du Mont Bucheralag.
  • VV.AA. (1980): II Bienal de artistas galegas. Concello de Vigo.

Ligazóns externas

  1. "Falece a escultora Elena Colmeiro". Nós Diario. 26 de febreiro de 2021. 
  2. Atlántico (2021-02-25). "Falleció Elena Colmeiro en Madrid a los 89 años". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-02-26.