Jenaro Castro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
estilos, correccións de comas e puntos, ampliacións pequenas, modificcación do lugar de nacemento
Liña 30: Liña 30:
[[Categoría:Nados en 1961]]
[[Categoría:Nados en 1961]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid]]
[[Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia]]

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2021 ás 14:51

Infotaula de personaJenaro Castro

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jenaro Castro Muiña Editar o valor em Wikidata
2 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Pol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Información - xornalismo (1979–1984) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Torrespaña (RTVE)
Estudios de Prado del Rey Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , locutor , presentador de televisión , presentador de novas Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorRTVE (1990–)
Ábside Media (pt) Traducir (1987–1989)
Grupo PRISA (1985–1987) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm4388852 Editar o valor em Wikidata

Jenaro Castro Muíña, nado o 2 de febreiro de 1961 en Pol, é un xornalista galego.

Traxectoria

É licenciado en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo, pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar en 1985 na Cadena SER, onde realizou labores de redacción no programa informativo vespertino Hora 25 e o informativo Matinal. Traballou con Iñaki Gabilondo e Carlos Herrera, entroutros. Despois pasou á Cadena COPE, onde foi director de informativos da fin de semana, onde colaborou no programa de Luis del Olmo e onde foi subdirector do programa matinal con Manuel Antonio Rico.

Despois destes anos de xornalismo radiofónico, na década dos noventa deu o salto á televisión. En 1990 debutou en TVE, no programa Por la Mañana, que dirixía o veterano xornalista Jesús Hermida. Cando rematou o programa regresou á radio durante un tempo, ata que volveu a TVE cando se puso en marcha Diario Noche. Dende ese momento estivo ininterrompidamente en informativos, onde foi editor adxunto de Diario Noche, fixo os avances informativos da mañá, foi nomeado editor asistente do informativo Telediario Primera Edición, e finalmente se responsabilizou de presentar o avance da unha da tarde.

En 1997 fíxose cargo durante varios meses da edición e presentación do telexornal Telediario Fin de Semana e foi editor e presentador do telexornal matinal entre xaneiro de 1999 e setembro do 2000. Dende mediados de 2000, foi o editor de Telediario Segunda Edición espazo de noticias que dirixía Alfredo Urdaci. En 2004, coincidindo co cambio de goberno, pasou á segunda fila informativa no Canal 24 Horas. Oito anos despois, logo da vitoria do Partido Popular, volveu á primeir afila, e foi nomeado director de informativos non diarios de TVE e asemade dirixía e presentaba o veterano programa informativo Informe Semanal. Todo este traballo estivo salpicado de moitos especiais informativos con motivo de grandes acontecementos nacionais e internacionais.

Seguiu durante anos vinculado a programas de reportaxes informativos, entre eles no programa Documentos TV. En febreiro de 2021 foi elixido para ocupar unha cadeira no consello de administración de RTVE[1], a proposta do Partido Popular.

Recoñecementos e galardóns

En setembro de 2009, Castro foi recoñecido unha Antena de Ouro pola súa traxectoria[2]. xornalística.

En 2020 obtivo o Premio Andalucía de Periodismo por unha reportaxe titulada “Marta, la Niña de Sevilla”, que abordaba a desaparición dunha moza andaluza, Marta del Castillo.

Notas

  1. Elvira, Rosario G. Gómez, Álvaro P. Ruiz de (2021-02-25). "Quién es quién en el nuevo consejo de RTVE". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2021-02-25. 
  2. Castro recibe a Antena de Ouro Nova en El Progreso, 15 de setembro de 2009]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Jenaro Castro na páxina de TVE (en castelán)