Ruth Crawford Seeger: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Antropoloxía mediante HotCat
Liña 34: Liña 34:
[[Categoría:Nados en 1901]]
[[Categoría:Nados en 1901]]
[[Categoría:Finados en 1953]]
[[Categoría:Finados en 1953]]
[[Categoría:Antropoloxía]]

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2021 ás 13:47

Infotaula de personaRuth Crawford Seeger

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ruth Porter Crawford Editar o valor em Wikidata
3 de xullo de 1901 Editar o valor em Wikidata
East Liverpool, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Chevy Chase, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSpringfield Cemetery (en) Traducir, Althea Path North 344 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAmerican Conservatory of Music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica moderna Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCharles Seeger (pt) Traducir, Adolf Weidig (en) Traducir, Djane Lavoie-Herz (en) Traducir, Bertha Foster (en) Traducir e Heniot Levy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeCharles Seeger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosPeggy Seeger (en) Traducir, Mike Seeger Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: bd108522-8856-4eba-8747-f38860a51818 Discogs: 1504444 IMSLP: Category:Crawford_Seeger,_Ruth WikiTree: Crawford-13339 Find a Grave: 8518891 Editar o valor em Wikidata

Ruth Crawford Seeger, de solteira Ruth Porter Crawford, nada en East Liverpool, Ohio, o 3 de xullo de 1901 e finada en Chevy Chase, Maryland, o 18 de novembro de 1953, foi unha compositora e etnomusicóloga estadounidense.

Traxectoria

Filla dun ministro metodista intinerante, Ruth Crawford criouse e estudou en Florida ata que se trasladou ao Conservatorio de Chicago, onde estudou composición e teoría musical con Adolf Weidig, quen a animou a dar a coñecer os seus primeiros Preludios para piano, de 1924, nos que xa se manifesta o seu estilo "ultramoderno", como na Sonata para violín e piano, de 1926.[1]

Recoñecida especialista na música folclórica e popular norteamericana, colaborou con Alan Lomax en dúas antoloxías importantes durante a década de 1940 (Our Singing Country, 1941, e Folk Song: USA, 1947) e editou outras en solitario até a súa morte. Antes disto dedicouse principalmente á composición.

Participou activamente na difusión da música contemporánea e foi un dos fundadores da Sociedade Internacional pola Música Contemporánea. Unha bolsa concedida pola fundación Gugenheim, en 1930, permitiulle pasar unha frutífera tempada en Europa, onde entrou en contacto cos compositores máis relevantes da época, tales como Béla Bartók, Arnold Schönberg ou Alban Berg, e ademais conseguiu que a súa propia música fose coñecida fóra de América.

A súa actividade creativa pode dividirse en dúas etapas: de 1924 a 1929, na que, influída pola obra de Aleksandr Skriabin, experimentou coa atonalidade e os ritmos irregulares, e de 1930 a 1933, en que participou da música serial. A súa obra máis difundida, nunha produción moi curta, é o Cuarteto de corda, de 1931, no que "ordenacións de altura, ritmo, duracións e dinámica anticipan a música vangardista da posguerra mundial".[2]

En 1932 Ruth Crawford contraeu matrimonio co compositor, musicólogo e teórico Charles Seeger, cuxas ideas musicais influíron tanto nas súas composicións coma na súa posterior dedicación exclusiva ao folclore.[2] O matrimonio tivo catro fillos, dous deles, Peggy e Mike Seeger, dedicados tamén á música folk. Charles Seeger achegou á unión o fillo do seu primeiro matrimonio, entón de trece anos de idade, que máis tarde sería o famoso cantante e músico Pete Seeger.

Desde 1933, Crawford-Seeger abandonou practicamente a composición, coa soa excepción de Rissolty Rossolty, unha autodenominada "fantasía americana para orquestra", baseada en melodías populares e composta para un programa educativo da radio CBS. Con todo, na década do cincuenta pareceu recobrar o interese por compor de novo de acordo coa súa formación vangardista, completando en 1952 unha Suite para quinteto de vento; mais o cancro acabou con ela no ano seguinte. En opinión de Alex Ross, que a considera "unha das poucas grandes compositoras da primeira parte do século XX",[2]

Esta muller concienciuda e propensa a infravalorarse acabaría escribindo algunhas das pezas musicais máis incríbelmente complexas do seu tempo[2]

Notas

  1. David Lewis, loc. cit. supra en Ligazóns externas.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Alex Ross, The rest is noise: Listening to the Twentieth Century, New York, Farrar, Straus & Giroux, 2007).
  • Tom núm. 1 pax.153 de Auditorium, Cinco Siglos de Música Inmortal de editorial Planeta.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas