Nemesio Barxa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
datiño que chega ata min de casualidade
Liña 4: Liña 4:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Seus pais eran mestres, viviu en Viana ata os sete anos, cando se trasladaron a [[Ourense]].<ref>{{Cita web|url=http://historiadegalicia.gal/2018/06/un-particular-dona-7-000-libros-o-concello-de-viana/|data=2018-06-07|páxina-web=Historia de Galicia|título=Un particular doa 7.000 libros ó Concello de Viana|data-acceso=2019-01-23|lingua=gl-ES}}</ref>
Seus pais eran mestres, viviu en Viana ata os seis anos, cando o pai, Nemesio Barja González, foi nomeado xefe do departamento provincial de Misiones de Cultura<ref>{{Cita publicación periódica|data=25 de agosto de 1941|título=Voz de la Falange|revista=Hoja del Lunes de Orense}}</ref>, e a familia trasladouse a [[Ourense]].<ref>{{Cita web|url=http://historiadegalicia.gal/2018/06/un-particular-dona-7-000-libros-o-concello-de-viana/|data=2018-06-07|páxina-web=Historia de Galicia|título=Un particular doa 7.000 libros ó Concello de Viana|data-acceso=2019-01-23|lingua=gl-ES}}</ref>


Licenciado en [[Dereito]] pola [[Universidade de Salamanca]] e como Graduado Social na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Comezou a traballar como [[avogado]] en [[1959]], con despacho en Ourense, [[Vigo]] e [[Porto, Portugal|Porto]].<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2010/07/17/nemesio-barxa-posibles-recambios-constitucional/0003_8615074.htm|data=2010-07-17|páxina-web=La Voz de Galicia|título=Nemesio Barxa, entre los posibles recambios del Constitucional|data-acceso=2019-01-23|lingua=es}}</ref> En [[1968]] foi o avogado dos labregos de [[Castrelo de Miño]] afectados polo encoro de [[Fenosa]].<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/castrelo-de-mino/2018/11/21/span-langglpresentacion-galiza-1968-cafe-auriensespan/0003_201811O21C79912.htm|data=2018-11-21|páxina-web=La Voz de Galicia|título=Presentación de «Galiza 1968» no café Auriense|data-acceso=2019-01-23|lingua=es}}</ref> Tamén exerceu como avogado en temas de montes veciñais, cota empresarial agraria, industrias contaminantes, asolagamento de terras, liberdades cidadáns, dereitos humanos, procesos xudiciais contra nacionalistas e contra o nacionalismo.<ref>{{Cita web|url=http://galegos.galiciadigital.com/gl/nemesio-barxa-alvarez|páxina-web=galegos.galiciadigital.com|título=Nemésio Barxa Álvarez|data-acceso=2019-01-23|lingua=gl}}</ref> Participou con relatorios en moitos Congresos (V Avogacía Española, I e II de Dereito Galego, I da Avogacía Galega, Iº Encontro Dereito Europeo e Comunitario, I Encontro Galaico-Minhoto de Xuristas, VII Asemblea de Xuristas Americanos, I a V Congreso Internacional de Lingua galego-portuguesa na Galiza).
Licenciouse en [[Dereito]] pola [[Universidade de Salamanca]] e como Graduado Social na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Comezou a traballar como [[avogado]] en [[1959]], con despacho en Ourense, [[Vigo]] e [[Porto, Portugal|Porto]].<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2010/07/17/nemesio-barxa-posibles-recambios-constitucional/0003_8615074.htm|data=2010-07-17|páxina-web=La Voz de Galicia|título=Nemesio Barxa, entre los posibles recambios del Constitucional|data-acceso=2019-01-23|lingua=es}}</ref> En [[1968]] foi o avogado dos labregos de [[Castrelo de Miño]] afectados polo encoro de [[Fenosa]].<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/castrelo-de-mino/2018/11/21/span-langglpresentacion-galiza-1968-cafe-auriensespan/0003_201811O21C79912.htm|data=2018-11-21|páxina-web=La Voz de Galicia|título=Presentación de «Galiza 1968» no café Auriense|data-acceso=2019-01-23|lingua=es}}</ref> Tamén exerceu como avogado en temas de montes veciñais, cota empresarial agraria, industrias contaminantes, asolagamento de terras, liberdades cidadáns, dereitos humanos, procesos xudiciais contra nacionalistas e contra o nacionalismo.<ref>{{Cita web|url=http://galegos.galiciadigital.com/gl/nemesio-barxa-alvarez|páxina-web=galegos.galiciadigital.com|título=Nemésio Barxa Álvarez|data-acceso=2019-01-23|lingua=gl}}</ref> Participou con relatorios en moitos Congresos (V Avogacía Española, I e II de Dereito Galego, I da Avogacía Galega, Iº Encontro Dereito Europeo e Comunitario, I Encontro Galaico-Minhoto de Xuristas, VII Asemblea de Xuristas Americanos, I a V Congreso Internacional de Lingua galego-portuguesa na Galiza).


Membro fundador do [[Consello da Avogacía Galega]], tamén pertenceu á [[Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación]]. Foi cofundador da Agrupación Cultural Auriense (1968) e presidente da Asociación Cultural de Vigo (1974) e presidente da Irmandade dos Vinhos Galegos. Foi Presidente da Asociación xurídica “Esculca Xustiza”, Vicepresidente da Federación Europea ADE (Avogados Demócratas Europeos), e colaborador de varias revistas xurídicas.<ref>{{Cita web|url=http://www.nuevaeconomiaforum.org/fr/ponentes/nemesio-barxa-alvarez|páxina-web=www.nuevaeconomiaforum.org|título=Nemésio Barxa Álvarez|data-acceso=2019-01-23}}</ref> Ademais foi colaborador e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.<ref>{{Cita web|url=https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/avogado-nemesio-barxa-doa-7000-libros-da-sua-biblioteca-viana-do-bolo/20171114120640063319.html|apelidos=|nome=|páxina-web=Sermos Galiza|título=O avogado Nemésio Barxa doa os 7.000 libros da súa biblioteca a Viana do Bolo|data-acceso=2019-01-23|lingua=}}</ref>
Membro fundador do [[Consello da Avogacía Galega]], tamén pertenceu á [[Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación]]. Foi cofundador da Agrupación Cultural Auriense (1968) e presidente da Asociación Cultural de Vigo (1974) e presidente da Irmandade dos Vinhos Galegos. Foi Presidente da Asociación xurídica “Esculca Xustiza”, Vicepresidente da Federación Europea ADE (Avogados Demócratas Europeos), e colaborador de varias revistas xurídicas.<ref>{{Cita web|url=http://www.nuevaeconomiaforum.org/fr/ponentes/nemesio-barxa-alvarez|páxina-web=www.nuevaeconomiaforum.org|título=Nemésio Barxa Álvarez|data-acceso=2019-01-23}}</ref> Ademais foi colaborador e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.<ref>{{Cita web|url=https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/avogado-nemesio-barxa-doa-7000-libros-da-sua-biblioteca-viana-do-bolo/20171114120640063319.html|apelidos=|nome=|páxina-web=Sermos Galiza|título=O avogado Nemésio Barxa doa os 7.000 libros da súa biblioteca a Viana do Bolo|data-acceso=2019-01-23|lingua=}}</ref>

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2021 ás 06:30

Infotaula de personaNemesio Barxa
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1935 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Caldesiños, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xurista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1950888


Nemesio Barxa Álvarez, tamén escrito Nemésio Barxa, nado en Caldesiños (Viana do Bolo) o 16 de febreiro de 1935, é un xurista e político galego.

Traxectoria

Seus pais eran mestres, viviu en Viana ata os seis anos, cando o pai, Nemesio Barja González, foi nomeado xefe do departamento provincial de Misiones de Cultura[1], e a familia trasladouse a Ourense.[2]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Salamanca e como Graduado Social na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a traballar como avogado en 1959, con despacho en Ourense, Vigo e Porto.[3] En 1968 foi o avogado dos labregos de Castrelo de Miño afectados polo encoro de Fenosa.[4] Tamén exerceu como avogado en temas de montes veciñais, cota empresarial agraria, industrias contaminantes, asolagamento de terras, liberdades cidadáns, dereitos humanos, procesos xudiciais contra nacionalistas e contra o nacionalismo.[5] Participou con relatorios en moitos Congresos (V Avogacía Española, I e II de Dereito Galego, I da Avogacía Galega, Iº Encontro Dereito Europeo e Comunitario, I Encontro Galaico-Minhoto de Xuristas, VII Asemblea de Xuristas Americanos, I a V Congreso Internacional de Lingua galego-portuguesa na Galiza).

Membro fundador do Consello da Avogacía Galega, tamén pertenceu á Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Foi cofundador da Agrupación Cultural Auriense (1968) e presidente da Asociación Cultural de Vigo (1974) e presidente da Irmandade dos Vinhos Galegos. Foi Presidente da Asociación xurídica “Esculca Xustiza”, Vicepresidente da Federación Europea ADE (Avogados Demócratas Europeos), e colaborador de varias revistas xurídicas.[6] Ademais foi colaborador e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.[7]

Vinculado ao nacionalismo, foi candidato do BNG ao Congreso dos Deputados en Eleccións Xerais 2000 en España pola circunscrición de Ourense, e ao Parlamento Europeo en 2004 entre outras. Posteriormente, foi escollido como candidato ao Tribunal Constitucional polo Parlamento Galego en 2008, grazas a un pacto entre PSdeG-PSOE e BNG, se ben non foi finalmente elixido para o cargo polo Senado. En 2011 o BNG volveu presentalo como candidato nun grupo de catro xuristas a proposta desa formación, Iniciativa per Catalunya, Izquierda Unida e ERC.

En 2017 doou a súa biblioteca persoal, de máis de 7000 volumes, ao concello de Viana do Bolo[8].

Defensor das teses reintegracionistas na escrita e do uso do galego, foi fundador da AGAL.[9]

Publicacións

  • "Castelao e o dereiro galego" en VV. AA. Castelao hoxe e sempre: homenaxe no seu 25 cabodano (1975). Vigo. Libro de Oro. p. 26
  • Na revista Análise empresarial: revista trimestral de información económica (ISSN 0214-4646) publicou estudos sobre o dereito civil de Galiza, os pactos sucesorios no dereito galego, os dereitos comunais ameazados na Gallaecia, o galego-portugués nas relacións comerciais na Gallaecia etc.[10]
  • Na revista Agalia tratou: "Contributos para a análise da situaçom legal do galego em sentenças do Tribunal Superior de Justiça da Galiza e na praxe, Reflexoes em torno a umha exposiçom de cartazes sobre o plesbicito para o Estatuto de Autonomia galego de 1936, Cooperaçom transfronteiriça no mundo do Direito. Relaçons comerciais na "Gallaecia".[10]

Publicacións colectivas

  • Os montes veciñais en réxime de propiedade xermánica na Galiza e no norte de Portugal.
  • A contaminación na Galiza (1975). Ed. do Rueiro
  • Galiza 1968. A consciencia avivada (2018). Sermos Galiza.[11]

Notas

  1. "Voz de la Falange". Hoja del Lunes de Orense. 25 de agosto de 1941. 
  2. "Un particular doa 7.000 libros ó Concello de Viana". Historia de Galicia. 2018-06-07. Consultado o 2019-01-23. 
  3. "Nemesio Barxa, entre los posibles recambios del Constitucional". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-07-17. Consultado o 2019-01-23. 
  4. "Presentación de «Galiza 1968» no café Auriense". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-11-21. Consultado o 2019-01-23. 
  5. "Nemésio Barxa Álvarez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-01-23. 
  6. "Nemésio Barxa Álvarez". www.nuevaeconomiaforum.org. Consultado o 2019-01-23. 
  7. "O avogado Nemésio Barxa doa os 7.000 libros da súa biblioteca a Viana do Bolo". Sermos Galiza. Consultado o 2019-01-23. 
  8. "O avogado Nemésio Barxa doa os 7.000 libros da súa biblioteca a Viana do Bolo", artigo de Daniel Salgado en Sermos Galiza, 14 de novembro de 2017.
  9. "Nemésio Barxa proposto como candidato galego para o Tribunal Constitucional". www.pglingua.org. Consultado o 2019-01-23. 
  10. 10,0 10,1 "Nemesio Barxa Alvarez". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-01-23. 
  11. Barxa Álvarez, Nemesio / Campo Freire, Xaquín / García Negro, María do Carme / Nogueira Román, Camilo / Harguindey Banet, Henrique / Romero Labarta, Manuel / Allegue Aguete, Pilar / Araguas Álva. Galiza 1968. A Consciencia Avivada. www.todostuslibros.com. ISBN 978-84-09-06057-3. 

Véxase tamén

Bibliografía