Seasat: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Xosema (conversa | contribucións)
m Arranxo referencia
 
Liña 17: Liña 17:
| foguete portador = [[Atlas F/Agena D]]<ref name=NSSDC/><ref name=gunter>{{Cita web|url= http://space.skyrocket.de/doc_sdat/seasat.htm|título= Seasat|dataacceso=4 de xuño de 2017|autor= Gunter Dirk Krebs|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2017|mes= |formato= |obra= |editor= Gunter's Space Page|páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
| foguete portador = [[Atlas F/Agena D]]<ref name=NSSDC/><ref name=gunter>{{Cita web|url= http://space.skyrocket.de/doc_sdat/seasat.htm|título= Seasat|dataacceso=4 de xuño de 2017|autor= Gunter Dirk Krebs|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2017|mes= |formato= |obra= |editor= Gunter's Space Page|páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
| número de voo =
| número de voo =
| sitio de lanzamento = [[Base Vandenberg da Forza Aérea]], SLC-3W<ref name=NSSDC>{{Cita web|url=https://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1978-064A|título=Seasat 1|dataacceso=4 de xuño de 2017|autor=NASA|apelidos=|nome=|ligazónautor=|coautores=|data=21 de marzo de 2017|ano=|mes=|formato=|obra=|editor=|páxinas=|lingua=inglés|doi=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170718062330/https://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1978-064A|dataarquivo=18 de xullo de 2017|urlmorta=yes}}</ref><ref name=astronautix/>
| sitio de lanzamento = [[Base Vandenberg da Forza Aérea]], SLC-3W<ref name=NSSDC>{{Cita web|url=https://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraft/display.action?id=1978-064A|título=Seasat 1|dataacceso=4 de xuño de 2017|autor=NASA|apelidos=|nome=|ligazónautor=|coautores=|data=21 de marzo de 2017|ano=|mes=|formato=|obra=|editor=|páxinas=|lingua=inglés|doi=|urlarquivo=|dataarquivo=|urlmorta=}}</ref><ref name=astronautix/>
| duración da misión =
| duración da misión =
| obxectivo da misión = Observación e estudo de diferentes propiedades dos océanos terrestres.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix>{{Cita web|url= http://astronautix.com/s/seasat.html|título= Seasat|dataacceso=4 de xuño de 2017|autor= Mark Wade|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=|ano= 2017|mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
| obxectivo da misión = Observación e estudo de diferentes propiedades dos océanos terrestres.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix>{{Cita web|url= http://astronautix.com/s/seasat.html|título= Seasat|dataacceso=4 de xuño de 2017|autor= Mark Wade|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=|ano= 2017|mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>

Revisión actual feita o 20 de febreiro de 2021 ás 15:00

Seasat
Representación de Seasat en órbita.
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento27 de xuño de 1978, 1:12 GMT[1][2]
Foguete portadorAtlas F/Agena D[2][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea, SLC-3W[2][4]
Obxectivo da misiónObservación e estudo de diferentes propiedades dos océanos terrestres.[2][4]
NSSDC ID1978-064A
Masa1800,0 kg[2][3][4]
Datos orbitais
Semieixo maior7124 km[1]
Inclinación108,0 graos[1]
Apoapse755,5 km[1]
Periapse751,7 km[1]

Seasat, tamén coñecido como Seasat 1, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 27 de xuño de 1978 mediante un foguete Atlas F/Agena D desde a Base Vandenberg da Forza Aérea, en California.[2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Seasat foi o primeiro satélite que usou radar de apertura sintética (SAR) para estudar os océanos terrestres. A súa misión foi medir os ventos de superficie, a altura das ondas, as ondas internas, o contido de auga líquida na atmosfera, as características do xeo, a topografía oceánica e o xeoide mariño. O satélite proporcionaba unha cobertura do 95% dos océanos cada 36 horas.[2][3]

A nave utilizou a etapa superior do seu lanzador Atlas F/Agena D como bus que proporcionaba enerxía, telemetría en banda S, control de actitude e funcións de mando e control. Estabilizábase nos tres eixos usando volantes de inercia e sensores de horizonte. A precisión que acadou nas súas medicións foron de 10 cm na medición de alturas, 2 m/s na medición da velocidade dos ventos e 1 °C na medición da temperatura.[2][3]

O satélite funcionou sen problemas durante 105 días, ata o 10 de outubro de 1980 en que un curtocircuíto o deixou fóra de servizo.[2][3]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Seasat levaba cinco instrumentos a bordo:[2][3]

  • Un altímetro radar de pulsos en banda X cunha precisión de 10 cm.
  • Un radar de apertura sintética (SAR polo seu acrónimo en inglés) funcionando en banda L (1,275 GHz cubrindo bandas de 100 km de superficie e 25 m de resolución vertical. A antena tiña unhas dimensións de 2,2 x 10,7 m.
  • Un dispersómetro para medir a velocidade e dirección do vento funcionando en banda L e cunha precisión de 2 m/s.
  • Un radiómetro de microondas multicanal para medir o vento en superficie e a temperatura da auga, así como o contido de auga na atmosfera, a taxa de choiva e a cobertura de xeo.
  • Un radiómetro para lonxitudes de onda visible e infravermellas para identificar características nubosas, terrestres e acuáticas e producir imaxes térmicas do océano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SEASAT 1" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (21 de marzo de 2017). "Seasat 1" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Seasat" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2017). "Seasat" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]