Glauco (fillo de Sísifo): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 17: Liña 17:


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Homes na mitoloxía grega]]

Revisión como estaba o 19 de febreiro de 2021 ás 20:35

Glauco era, na mitoloxía grega, o fillo de Sísifo e Mérope, filla de Atlas. Sucedeu a Sísifo no trono da cidade de Éfira, hoxe Corinto.

Casou coa filla de Niso, Eurímede [1] ou Eurínome [2], e tivo un fillo, o heroe Belerofonte, que as tradicións consideran realmente fillo de Poseidón con Eurínome. De feito, Poseidón preotexía a Belerofonte: cando este volvía de matar a Quimera para presentarse a Ióbates, este tendeulle unha trampa con intención de matalo, e para protexelo, Poseidón mandou grandes ondas que avanzaban tras el e asolagaron a chaira fronte ó palacio.

A sona de Glauco corresponde co momento e a forma da súa morte. Glauco fora vencido nuns xogos fúnebres en honor a Pelias por Iolao, fillo de Íficles. Trala carreira, as eguas volvéronse rabiosas, ben Glauco abeberou as eguas nunha fonte que resultou ser máxica, ben porque Afrodita as enfureceu como castigo a Glauco porque non as permitía aparearse, para que así fosen máis veloces. O caso é que nese estado, as eguas devorárono.

Corre outra lenda en torno a Glauco. Despois de beber nunha bonte cuxa auga confería a inmortalidade, ninguén o quixo crer por máis que el teimaba en dicirllo. Para demostralo botouse ó mar, e alí converteuse nun deus mariño que agoiraba a próxima morte a calquera mariñeiro co que se atopara.

Véxase tamén

Bibliografía

  1. Segundo Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 9, 3.
  2. Segundo Hixino: Fábulas 157.