Ranger 4: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Arranxos
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|15.5|S|130.7|W|globe:Moon|name=Ranger 4|display=title}}
{{Satélite
{{Satélite
| nome = Ranger 4
| nome = Ranger 4

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2021 ás 10:10

Coordenadas: 15°30′S 130°42′O / -15.5, -130.7 (Ranger 4)

Ranger 4
Unha sonda Ranger do Bloque II.
TipoTecnolóxico/científico
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisJPL
Destino actualImpactada contra a Lúa.[1]
Data de lanzamento23 de abril de 1962, 20:50 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas-Agena B[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-12[2][6]
Obxectivo da misiónFotografía e impacto na superficie lunar.[2][6]
NSSDC ID1962-012A
Masa331,1 kg[2]
DimensiónsCono cunha base hexagonal de 1,5 m de diámetro e unha altura de 3,1 m.[5]
Potencia135 vatios[2]
BateríasBaterías de prata e cinc.

Ranger 4 foi a segunda sonda do Bloque II do programa Ranger da NASA pensado para enviar sondas non tripuladas á Lúa e fotografar a súa superficie antes de impactar nela. Foi lanzada mediante un Atlas-Agena B o 23 de abril de 1962 desde a plataforma LC-12 do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características

Ranger 4, ao igual que a súa predecesora Ranger 3, foi enviada a impactar contra a superficie lunar e comenzar a fotografiala dez minutos antes do choque. A bordo levaba unha cápsula que debería ter soportado o impacto e depositado un sismómetro na superficie. A súa misión tamén incluía medir a radiación gamma no espazo interplanetario, estudar a reflectividade do radar na superficie lunar e seguir facendo probas técnicas para desenvolver mellores sondas interplanetarias.[2][3][5][6]

A nave

A sonda foi a segunda cun deseño do denominado Bloque II, unha mellora das Ranger previas do Bloque I. Estaba formada por unha base hexagonal de 1,5 m de diámetro sobre a cal se atopaba unha estrutura cónica de aluminio de 3,1 m de alto coroada por unha esfera de 65 cm de diámetro formada no seu exterior por madeira de balsa e contendo no seu interior un sismómetro que debería quedar pousado na superficie lunar tras o impacto da nave. Ranger 4 levaba tamén un motor para corrección de rumbo e outro para retrofreado. A enerxía eléctrica era proporcionada por dous paneis solares que lle daban á nave unha envergadura de 5,2 m; a enerxía almacenábase nunha batería de prata-cinc de 11,5 kg de peso e 1000 vatios-hora. Acaroada á base atopábase unha antena parabólica de alta ganancia, mentres que o resto de instrumentos repartíanse entre a base e o cono. A bordo atopábase tamén unha antena omnidireccional de media ganancia. As comunicacións corrían a cargo de dous transmisores funcionando a 960 MHz, un cunha potencia de 3 W e outro de 50 mW. O control de actitude era proporcionado por un controlador de estado sólido, por sensores solares e terrestres e por varios por chorros de control. O control térmico era pasivo, mediante recubrimentos dorados, pintura branca e superficies de aluminio pulido.[2][5][6]

Instrumentos

Ranger 4 levaba a bordo varios insrumentos:[2][5][6]

  • Unha cámara Vidicon de televisión.
  • Un espectrómetro de raios gamma montado nun mastro de 1,8 m de lonxitude.
  • Un altímetro radar.
  • Un sismómetro a ser deixado na superficie lunar tras o impacto, alimentado por seis baterías de prata-cadmio e cun transmisor de 50 mW. Debería ter aterrizado na Lúa a entre 130 e 160 km/h tras separarse do resto da nave momentos antes do impacto.

Perfil da misión

Ranger 4 foi inxectada nunha traxectoria de impacto contra a Lúa sen problemas, ao contrario que Ranger 3. De tódolos xeitos, debido a un erro nun temporizador da nave os paneis solares nunca se despregaron. Os instrumentos de a bordo deixaron de funcionar ás dez horas de voo por falta de subministración eléctrica. A nave puido ser seguida polo transmisor de 50 mW da cápsula de impacto. Ranger 4 impactou contra o lado oculto da Lúa a 9600 km/h o 26 de abril de 1962 ás 12:49:53 UT despois de 64 horas de voo.[2][5][6]

Notas

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "RANGER 4" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2016. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (23 de agosto de 2016). "Ranger 4" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 25 May 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-12292). 1 de xuño de 1962: 2. Consultado o 6 de decembro de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Ranger 4" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Ranger 3, 4, 5 (Ranger Block 2)" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "Ranger 3-4-5" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2016.