Música absoluta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Música absoluta"
 
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 8: Liña 8:


Con todo, os límites entre a música pura e a música programática non son fáciles de determinar. Por exemplo, ''[[As catro estacións]]'' de [[Antonio Vivaldi|Vivaldi]] están constituídas por un ciclo de catro ''concertos'', pero non poden considerarse como música absoluta, dado que conteñen numerosos elementos descritivos.
Con todo, os límites entre a música pura e a música programática non son fáciles de determinar. Por exemplo, ''[[As catro estacións]]'' de [[Antonio Vivaldi|Vivaldi]] están constituídas por un ciclo de catro ''concertos'', pero non poden considerarse como música absoluta, dado que conteñen numerosos elementos descritivos.

{{control de autoridades}}
[[Categoría:Musicoloxía]]
[[Categoría:Musicoloxía]]

Revisión actual feita o 17 de febreiro de 2021 ás 23:38

A música absoluta ou música pura son todas aquelas obras musicais instrumentais que non conteñen ningún elemento extra musical, é dicir, que non conteñen relación con ningún texto. A música absoluta ou pura, é aquela música instrumental, desprovista de toda relación coa poesía, unha acción teatral, unha idea, unha imaxe, etc. Unha sonata, unha sinfonía, un concerto, unha fuga, etc., son entón teoricamente formas de música pura.

O primeiro compositor en utilizar este termo foi Eduard Hanslick.

A calidade da música absoluta virá determinada pola calidade da idea musical e o enxeño á hora de desenvolver ese material temático. Nas obras que conteñen referencias a elementos extramusicais predispoñen ao oínte, mentres que neste caso cada oínte terá unha percepción distinta (poderá imaxinarse situacións diferentes) e daralle o seu propio significado.

Este concepto oponse ao de música programática. A cantata, a canción, o lied, a ópera, o oratorio, a misa, entre outras, son expresións formais necesariamente determinadas por un texto: por tanto xeran significados e ideas fóra da linguaxe musical, toda a música vocal polo tanto é música programática. Da mesma forma, toda a música para a danza ou o teatro — ballet, comedia musical, música para teatro, ópera, etc. — e toda a música descritivapoema sinfónico, entre outras —, están relacionados coa música programática e gramatical.

Con todo, os límites entre a música pura e a música programática non son fáciles de determinar. Por exemplo, As catro estacións de Vivaldi están constituídas por un ciclo de catro concertos, pero non poden considerarse como música absoluta, dado que conteñen numerosos elementos descritivos.