Joan Margarit: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
falecemento
Liña 106: Liña 106:
[[Categoría:Poetas de Cataluña]]
[[Categoría:Poetas de Cataluña]]
[[Categoría:Premio Cervantes]]
[[Categoría:Premio Cervantes]]
[[Categoría:Finados en 2021]]

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2021 ás 15:52

Infotaula de personaJoan Margarit

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1938 Editar o valor em Wikidata
Sanaüja, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Sant Just Desvern, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Linfoma Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaSant Just Desvern (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, poesía, arquitectura e tradución Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Cataluña Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , tradutor , poeta , escritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Politécnica de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de xuño de 2002Manifesto Against the Death of the Spirit and the Earth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMónica Margarit Ribalta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJoan Margarit i Serradell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjoanmargarit.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1989971 Editar o valor em Wikidata

Joan Margarit i Consarnau, nado en Sanaüja (Lleida) o 11 de maio de 1938 e finado en San Just Desvern o 16 de febreiro de 2021, foi un poeta, arquitecto e catedrático catalán xubilado da Universidade Politécnica de Cataluña na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. Escribe tanto en catalán como en español.

Biografía

Joan Margarit naceu en Sanaüja, na comarca da Segarra, durante a guerra civil española cando a fronte de Aragón xa estaba cerca daquelas terras, fillo de Joan Margarit i Serradell, arquitecto, de Barcelona, e Trinitat Consarnau i Sabaté, mestra, de L'Ametlla de Mar.

Os seus pais casaron en xullo de 1936 en Barcelona, pero a Guerra Civil obrigounos a retirarse a Sanaüja, á casa da avoa paterna, onde naceu o poeta.

Acabada a guerra e até 1948, a familia cambiou varias veces de domicilio: Rubí, Figueres e Xirona. De retorno a Barcelona, a familia viviu diante do Turó Parc e Joan Margarit estudou bacharelato no Instituto Ausiàs March que daquela estaba na rúa de Muntaner.

En 1954 a familia trasladouse ás illas Canarias e, desde 1956, Margarit pasa os cursos académicos en Barcelona para estudar arquitectura, no Colexio Maior Sant Jordi, onde residirá até 1961. En 1962 coñece a Mariona Ribalta con quen casa ao ano seguinte, e coa que tivo tres fillas, Mònica, Anna e Joana, e un fillo, Carles.

Margarit dérase a coñecer como poeta en castelán en 1963 e en 1965. Despois dunha longa paréntese de dez anos, escribiu Crónica publicado polo seu amigo Joaquim Marco, director da colección “Ocnos”, de Barral Editores. A partir de 1980, iniciou a súa obra poética en catalán.

Desde 1975, Margarit e a súa familia viven en Sant Just Desvern, onde tamén ten o estudio de arquitectura que comparte con Carles Buxadé, amigo e socio, desde 1980. Desde 1968, Margarit é catedrático, xubilado actualmente, de Cálculo de estruturas da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona.[1]

Defínese como poeta bilingüe en castelán e catalán. Por outro lado, desdeña as correntes poéticas e considera que, fóra da poesía, o home atópase á intemperie, valorando o poeta como "o ser máis realista, o máis pragmático, porque bebe da realidade. O que non é pragmático é a economía".[1]

En 1987, con motivo do milenario de Sant Just Desvern, o Orfeón Enric Morera estrea a súa Cantata de Sant Just.

En xuño de 2008 foi galardoado co Premio Nacional de Literatura concedido pola Generalitat de Cataluña pola súa obra Casa de Misericòrdia'.'[2] En outubro do mesmo ano, pola mesma obra, recibiu o Premio Nacional de Poesía.[1]

En 2008 foi Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[3]

No 2010 foi o encargado de facer o pregón da festa maior de Barcelona, onda falou de revisar as relacións de Cataluña con España.[4][5] Tamén foi o encargado de inaugurar o curso académico 2010-2011 da Universidade Pompeu Fabra (UPF).[6]

En 2019 foi galardoado co Premio Cervantes.[7]

Obra

Arquitectura

Libros de ensaio

  • Nuevas cartas a un joven poeta. Barril & Barral, 2009.

Libros de poesía

  • Cantos para la coral de un hombre solo. Barcelona: Editorial Vicens Vives. 1963. (Con prólogo de Camilo José Cela e ilustracións de Josep Maria Subirachs).
  • Crónica. Barcelona: Barral Editores. Col. Ocnos. 1975.
  • Predicación para un bárbaro. Barcelona: Editorial Prometeo. 1979.
  • L'ombra de l'altre mar. Barcelona: Edicions 62, 1981.
  • Vell malentès. Valencia: Eliseu Climent/3i4, 1981 (Premio Vicent Andrés Estellés de poesía).
  • El passat i la joia. Vic: Eumo, 1982.
  • Cants d'Hekatònim de Tifundis. Barcelona: La Gaia Ciència, 1982.
  • Raquel: la fosca melangia de Robinson Crusoe. Barcelona: Edicions 62, 1983.
  • L'ordre del temps. Barcelona: Edicions 62, 1985.
  • Mar d'hivern. Barcelona: Proa, 1986.
  • Cantata de Sant Just. Alacant: Institut d'Estudis Juan Gil-Albert, 1987.
  • La dona del navegant. Barcelona: La Magrana, 1987.
  • Llum de plua. Barcelona: Península, 1987.
  • Poema per a un fris. Barcelona: Escola d'Arquitectes de Barcelona, 1987.
  • Edat roja. Barcelona: Columna, 1990.
  • Els motius del llop. Barcelona: Columna, 1993.
  • Aiguaforts. Barcelona: Columna, 1995.
  • Remolcadors entre la boira. Argentona: L'Aixernador, 1995.
  • Estació de França. Madrid: Hiperión, 1999.
  • Poesía amorosa completa (1980-2000). Barcelona: Proa, 2001.
  • Joana. Barcelona: Proa, 2002.
  • El primer frío. Poesía 1975-1995. Madrid: Visor, 2004.
  • Cálculo de estructuras. Madrid: Visor, 2005. Tradución castelá.
  • Arquitecturas de la memoria. Ediciones Cátedra, 2006. Edición castelá.
  • Casa de misericordia. Madrid: Visor, 2007. Edición bilingüe castelán-catalán (Premio Nacional de Poesía 2008).
  • Barcelona amor final. Barcelona: Proa, 2007.
  • Misteriosamente feliz. Madrid: Visor, 2009.
  • Intemperie. Antología. Madrid: Ediciones Rilke, 2010. Edición bilingüe castelán-catalán.

Obra poética traducida

  • Ao inglés: Tugs in the fog , versións de Anna Crowe (Bloodaxe Books, 2006)
  • Ao ruso: Llums dels instants (Universidade de San Petersburg, 2003)
  • Ao hebreo: Mai no m’he tingut per grec, versións de Shlomo Avayou (Keshev Publishing House, Tel Aviv, 2004)
  • Ao alemán: "Joana und andere Gedichte", tradución de Juana e Tobias Burghardt (Delta, Stuttgard, 2007)
  • Ao portugués: Casa da Misericórdia, tradución de Rita Custódio e Àlex Tarradellas (OVNI, Entroncamento, 2009)

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Joan Margarit gana el premio Nacional de Poesía, El País, 7 de outubro de 2008. Consultado o 18 de xuño de 2012.
  2. lamalla.cat, ed. (30 de xuño de 2008). "El poeta Joan Margarit, Premi Nacional de Literatura" (en catalán). Consultado o 18 de xuño de 2012. [Ligazón morta]
  3. "O reitor da USC preside o acto de entrega dos Premios Rosalía de Castro 2008 do PEN Club Galicia". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-01-10. 
  4. "Pregó de Joan Margarit" (PDF) (en catalán). 23 de setembro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  5. BTV Notícies, ed. (23 de setembro de 2010). "El pregó de Joan Margarit crida a revisar les relacions amb Espanya" (en catalán). Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  6. UPF, ed. (27 de setembro de 2010). "Joan Margarit inaugura el curs acadèmic 2010-2011" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  7. "Joan Margarit, Premio Cervantes 2019". El País (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas