Arenito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios + cda
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Arenita como pedra de gra ou areísca foron propostas de diversos dicionarios e vocabularios especializados que quedaron obsóletos (agás referencia na contra) cando o DRAG escolleu arenito, Paso a referencia formas propostas.
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:LionHeadSandstone.jpg|miniatura|dereita|180px|Modelaxe natural dunha rocha de arenito en [[Namibia]].]]
[[Ficheiro:LionHeadSandstone.jpg|miniatura|dereita|180px|Modelaxe natural dunha rocha de arenito en [[Namibia]].]]
Os '''arenitos'''<ref>{{DRAG|arenito}}</ref> ou '''arenitas'''<ref name="DCiencias">Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000.</ref><ref>[https://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/uip/arquivo/numero_20.html Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca], Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da [[Universidade de Santiago de Compostela]] - Canalciencia.com, número 20</ref> son [[rochas sedimentarias]] de tipo detrítico constituídas por [[area]]s aglutinadas por un [[Cemento (xeoloxía)|cemento]] natural que xeralmente caracteriza a [[rocha]]. Despois da [[lulita]], é a rocha sedimentaria máis importante.
Os '''arenitos'''<ref>{{DRAG|arenito}}</ref> <ref>tamén se propuxeron as formas '''arenita''': ''Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C)''. A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; [https://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/uip/arquivo/numero_20.html Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca], Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da [[Universidade de Santiago de Compostela]] - Canalciencia.com, número 20; '''pedra de gra''': CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996). ''Léxico de xeografía'' e '''areísca''': ''Vocabulario das Ciencias Naturais'' (Santiago, Xunta de Galicia, 1990)</ref> son [[rochas sedimentarias]] de tipo detrítico constituídas por [[area]]s aglutinadas por un [[Cemento (xeoloxía)|cemento]] natural que xeralmente caracteriza a [[rocha]]. Despois da [[lulita]], é a rocha sedimentaria máis importante.


== Aspecto ==
== Aspecto ==

Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2021 ás 12:29

Modelaxe natural dunha rocha de arenito en Namibia.

Os arenitos[1] [2] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante.

Aspecto

Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda o dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos e óxidos) e fragmentos de rochas.

Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitos os de cuarciarenitas (arenitas de cuarzo), as arcosas (arenitos de feldespatos), grauvacas (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arenito.
  2. tamén se propuxeron as formas arenita: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 20; pedra de gra: CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996). Léxico de xeografía e areísca: Vocabulario das Ciencias Naturais (Santiago, Xunta de Galicia, 1990)