Vimara Pérez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5696142 de 85.152.128.29 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 39: Liña 39:
Atribúeselle tamén a fundación dun pequeno burgo fortificado nas proximidades de [[Braga]], ''Vimaranis'', co nome derivado do seu propio nome e que, co correr do tempo, por evolución fonética, transformouse no moderno [[Guimarães]].
Atribúeselle tamén a fundación dun pequeno burgo fortificado nas proximidades de [[Braga]], ''Vimaranis'', co nome derivado do seu propio nome e que, co correr do tempo, por evolución fonética, transformouse no moderno [[Guimarães]].


Os [[Reino de Asturias|reis de Asturias]] dirixiran a reorganización do territorio da antiga [[Imperio romano|provincia romana]] de [[Gallaecia]] no [[Comarca do Baixo Miño|Baixo Miño]] e no [[Bierzo]], pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaecendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear.{{Cómpre referencia}}
Os [[Reino de Asturias|reis de Asturias]] dirixiran a reorganización do territorio da antiga [[Imperio romano|provincia romana]] de [[Gallaecia]] no [[Comarca do Baixo Miño|Baixo Miño]] e no [[Bierzo]], pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaecendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear.


Amparándose nunha teórica autorización do rei [[Afonso III o Magno]], fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala.
Amparándose nunha teórica autorización do rei [[Afonso III o Magno]], fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala.

Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2021 ás 13:07

Vimara Pérez
Estatua de Vimara Peres na cidade de Porto. Obra de Salvador Barata Feyo, en 1968.

Nacementoc. 820
A Coruña, Reino de Asturias
Falecemento873
Bama, Reino de Asturias
ProxenitoresPedro Theon

Vimara Pérez, Vímara Peres ou Guímara Peres (orixinalmente Uimara Petri), nado na Coruña[1] contra o 820 e finado en Bama[2] no 873, foi un nobre galego, conde da Coruña, e fundador do Condado de Portugal en 868.

Traxectoria

Con importantes posesións no interior da Galicia actual, dirixiu o gran salto repoboador ata a liña do río Douro, sendo un dos responsábeis da repoboación da liña entre o Miño e o Douro e, auxiliado por cabaleiros da rexión, da acción de presura do burgo de Portucale (Porto), que foi así definitivamente conquistado aos musulmáns no ano de 868. Nese mesmo ano, converteuse no primeiro conde de Portucale, fundando o xermolo dun estado feudal ao redor da cidade do Porto.

Atribúeselle tamén a fundación dun pequeno burgo fortificado nas proximidades de Braga, Vimaranis, co nome derivado do seu propio nome e que, co correr do tempo, por evolución fonética, transformouse no moderno Guimarães.

Os reis de Asturias dirixiran a reorganización do territorio da antiga provincia romana de Gallaecia no Baixo Miño e no Bierzo, pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaecendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear.

Amparándose nunha teórica autorización do rei Afonso III o Magno, fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala.

Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o repartimento de terras, restaurou as institucións da Igrexa e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe.

Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego Hermexildo Guterrez. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na terra de Amaía, e amplas zonas lucenses. Os monarcas do Reino de Asturias e de León cada vez serán máis dependentes deles.

Vimara faleceu en Bama en 873. O seu fillo, Lucidio Vimaranis (etimoloxicamente, "fillo de Vimara"), sucedeuno á fronte dos destinos do condado, instituíndose así unha dinastía condal que gobernaría a rexión até 1071.

Unha maxestosa estatua érguese a carón da catedral do Porto.

Vimara Pérez
Nacemento: ca. 820 Falecemento: 873


Aristocracia galega
Precedido por
Novo Título


Conde de Portucale
868 – 873
Sucedido  por
Lucidio Vimaranis

Notas

Véxase tamén

Outros artigos