Batalla do Vimeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Consecuencias: +control autoridades using AWB
Maria zaos (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 24: Liña 24:

== Desenvolvemento da batalla ==
== Desenvolvemento da batalla ==
Preto de Torres Vedras estaba apostado o groso do exército francés, (uns 12.000 homes baixo o comando do xeneral Junot), e deuse novo choque, xunto ao [[Vimeiro (Lourinhã)|Vimeiro]] no dia [[21 de agosto]], tamén con saldo favorábel aos anglo-portugueses.
Preto de Torres Vedras estaba apostado o groso do exército francés, (uns 12.000 homes baixo o comando do xeneral Junot), e deuse novo choque, xunto ao [[Vimeiro (Lourinhã)|Vimeiro]] no día [[21 de agosto]], tamén con saldo favorábel aos anglo-portugueses.
Vimeiro comezou como unha batalla de movementos. Os franceses tentaron situarse sobre o flanco esquerdo luso-británico, mais Wellesley soubo repregar o seu exército a fin de facer fronte ao asalto inimigo. Durante ese movemento, Junot lanzou dúas columnas contra o centro aliado, mais foron obrigadas a retirarse sob as continuas das tropas anglo-británicas despregadas en liña. Pouco tempo despois, os ataques de flanco eran rexeitados e Junot bateuse en retirada cara Torres Vedras logo de perder uns 2000 homes e 13 canóns, mentres os aliados perderon uns 700 homes. Non se emprendeu ningunha persecución dos retirados por non tomar esa decisión o mando por pexas dos xenerais [[Hew Dalrymple]] e [[Harry Burrard]] (o segundo chegara no transcurso da batalla e o primeiro pouco despois). Fora Burrard quen realmente impediu a Wellesley perseguir a Junot.

Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2021 ás 02:00

Parte de Guerra da Independencia española
Data
Lugar
Coordenadas
Resultado

A batalla do Vimeiro foi trabada durante a guerra peninsular, o 21 de agosto de 1808, entre as tropas francesas de Jean-Andoche Junot e as tropas luso-británicas do futuro duque de Wellington, con resultado desfavorábel para as primeiras.

Antecedentes

Logo de derrotaren as forzas francesas sob o mando do xeneral Delaborde na batalla de Roliça, apenas dous días antes, o 19 de agosto, as tropas luso-británicas (cerca de 14.000 homes) mandadas polo xeneral Arthur Wellesley, proseguiran cara Lisboa. A eses efectivos se axuntaran máis 4000 británicos, desembarcados no Porto Novo, en Maceira (Torres Vedras).

Desenvolvemento da batalla

Preto de Torres Vedras estaba apostado o groso do exército francés, (uns 12.000 homes baixo o comando do xeneral Junot), e deuse novo choque, xunto ao Vimeiro no día 21 de agosto, tamén con saldo favorábel aos anglo-portugueses. Vimeiro comezou como unha batalla de movementos. Os franceses tentaron situarse sobre o flanco esquerdo luso-británico, mais Wellesley soubo repregar o seu exército a fin de facer fronte ao asalto inimigo. Durante ese movemento, Junot lanzou dúas columnas contra o centro aliado, mais foron obrigadas a retirarse sob as continuas das tropas anglo-británicas despregadas en liña. Pouco tempo despois, os ataques de flanco eran rexeitados e Junot bateuse en retirada cara Torres Vedras logo de perder uns 2000 homes e 13 canóns, mentres os aliados perderon uns 700 homes. Non se emprendeu ningunha persecución dos retirados por non tomar esa decisión o mando por pexas dos xenerais Hew Dalrymple e Harry Burrard (o segundo chegara no transcurso da batalla e o primeiro pouco despois). Fora Burrard quen realmente impediu a Wellesley perseguir a Junot.

Consecuencias

A batalla do Vimeiro abriu camiño para as negociacións que culminaron na Convención de Sintra, que permitiu ás tropas francesas a retirada de Portugal, en navíos británicos, con toda a súa impedimenta e bens logrados por pillaxe.

"O escándalo foi tanto que os tres xenerais británicos (Wellesley, Sir Harry Burrard e o Sir Hew Dalrymple, que tiña chegado na mañá do dia 21 de agosto e foi quen acabou por determinar as intencións británicas) tiveran que xustificar todo o proceso en tribunal."