Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Xabaril de Erimanto»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Folo deu de comer a Heracles (carne asada para este e carne crúa para el) pero Heracles pediulle [[viño]]. Folo tiña unha cántara de viño pero era propiedade común de tódolos centauros e non quería abrila por medo a que aparecesen. Heracles tranquilizouno e insistiu, e Folo cedeu e abriu a cántara. Efectivamente, ó recendo do viño chegaron axiña numerosos centauros, e Heracles axotounos primeiro botando tizóns acesos contra eles, e logo xa perseguiunos lanzándolles frechas. Os centauros refuxiáronse xunto a [[Quirón]] con tan mala sorte que unha das frechas de Heracles feriu a un deles, [[Élato]], e foi dar no xeonllo de Quirón.
 
Aínda que Heracles lle sacou a frecha inmediatamente e botoulle unha untura que lle dera o propio Quirón <ref>Quirón tiña grandes coñecementos de medicina, farmacia e botánica, segundo recoñece [[Plinio o Vello]].</ref>, el sabía que as feridas provocadas polas frechas de Heracles eran incurables, pois estaban impregnadas co sangue da [[Hidra de Lerna]]. Retirouse para morir ó interior da cova, pero Quirón era inmortal, pois era fillo de [[Cronos]] e de [[Filira]] (unha filla de [[Océano (mitoloxía)|Océano]], así que [[Prometeo]] ofreceuse a Zeus para ser el inmortal no lugar de Quirón, e asiasí este puido morrer.
 
E non só foi que morrera Quirón senón que mentres Heracles perseguía ós outros centauros, Folo sacoulle unha frecha a un dos cadáveres, asombrado de que puidera matar a centauros tan grandes sendo unha cousa tan pequena. Ó manipulala caeulle das mans e foi caerlle nun pé, morrendo de socate.
57.946

edicións