Tunja: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Liña 44: Liña 44:
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.tunja-boyaca.gov.co/ Páxina oficial] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20190123043919/http://www.tunja-boyaca.gov.co/ |date=23 de xaneiro de 2019 }} {{es}}
* [http://www.tunja-boyaca.gov.co/ Páxina oficial]{{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20190123043919/http://www.tunja-boyaca.gov.co/ |date=23 de xaneiro de 2019 }} {{es}}


{{Concellos do departamento de Boyacá}}
{{Concellos do departamento de Boyacá}}

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2021 ás 22:02

Coordenadas: 5°32′25″N 73°21′41″O / 5.54028, -73.36139 Modelo:Cidade Tunja é un concello colombiano, capital do departamento de Boyacá, que se atopa sobre a cordilleira oriental dos Andes, a 130 km ó nordés de Bogotá. É a cidade capital máis alta do país. Tunja foi construída sobre Hunza, unha das capitais da confederación muisca o 6 de agosto de 1539. Co seu título de cidade outorgado pola coroa española, Tunja chegou a converterse nun fortín para colonos emigrantes de Castela, Estremadura e Andalucía, e un dos maiores centros administrativos, xudiciais, políticos e culturais do país. Durante o axitado período da independencia, constituíuse como capital da República de Tunja o 9 de decembro de 1811.

Tunja alberga un conxunto monumental protexido no seu Centro Histórico e declarado patrimonio da Nación en 1959.[1][2] Ó longo da súa historia, Tunja foi recoñecida como un importante centro literario, científico, cultural e histórico. É considerada como a cidade Universitaria de Colombia, e é a sede de eventos de carácter internacional como o Festival Internacional da Cultura de Boyacá e do Aguinaldo Boyacense.[3][4][5]

Tunja é igualmente a cidade máis segura de Colombia segundo o informe presentado polo Centro Internacional para a Prevención da Criminalidade.[6] En canto á economía segundo o DANE, o desenvolvemento recente de infraestrutura e da industria da construción contribuíron a un aumento do PIB de 4.0% en 2014.[7]

Etimoloxía

O seu nome actual derívase do termo Hunza, ou tamén Junza ou Tchunza[8] Nunca se lle deu oficialmente o nome de Santiago de Tunja. Esta denominación xorde da primeira división en parroquias que tivo a cidade, que a organizou na parroquia da nosa Señora das Neves, ó norte; Santa Bárbara, ó sur, e Santiago de Tunja, no centro. O patrón da cidade de Tunja e da Catedral é o Apóstolo Santiago o Maior. Por iso adquire o nome de Parroquia de Santiago de Tunja.

Notas

  1. Congreso de Colombia (ed.). "Ley de defensa y conservación del patrimonio histórico, artístico y monumentos nacionales" (PDF). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  2. Moreno, Víctor Hugo (8 de xuño de 2000). El Tiempo, ed. "Tunja, para volver al pasado" (en castelán). Boyacá. Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  3. Ocampo López, Javier (5 de maio de 1995). El Tiempo, ed. "Tunja, cidudad universitaria" (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  4. Ministerio de Educación de Colombia (ed.). "Tunja, como ciudad universitaria, honra a Colombia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2018. 
  5. Banco da República de Colombia (ed.). "Tunja, ciudad que emerje" (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  6. Centro Internacional para la prevención de la criminalidad (ed.). "Prevención de la criminalidad y seguridad ciudadana" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  7. "ICER Boyacá 2015" (PDF) (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  8. "Nombre de Santiago de Tunja" (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas