Veigue, Sada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vilachan (conversa | contribucións)
→‎Cultura: Engado sección de patrimonio perdido da parroquia.
Liña 23: Liña 23:


=== Patrimonio perdido ===
=== Patrimonio perdido ===
No [https://www.ahds.es/gl/ Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela] consérvanse testemuños documentais da existencia de dúas capelas, xa desaparecidas, na parroquia de Veigue, sen que haxa constancia da súa localización exacta<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Veiga Ferreira|nome=Xosé María|data=2014|título=Ermidas e capelas desaparecidas na comarca das Mariñas|PMC=|revista=Anuario Brigantino|doi=|ISSN=1130-7625|PMID=|volume=|páxinas=páx. 303|número=37|apelidos2=Sobrino Ceballos|nome2=Juan|data-acceso=5 de febreiro de 2021|url=https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/5356785.pdf}}</ref>.
No [[Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela]] consérvanse testemuños documentais da existencia de dúas capelas, xa desaparecidas, na parroquia de Veigue, sen que haxa constancia da súa localización exacta<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Veiga Ferreira|nome=Xosé María|data=2014|título=Ermidas e capelas desaparecidas na comarca das Mariñas|PMC=|revista=Anuario Brigantino|doi=|ISSN=1130-7625|PMID=|volume=|páxinas=páx. 303|número=37|apelidos2=Sobrino Ceballos|nome2=Juan|data-acceso=5 de febreiro de 2021|url=https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/5356785.pdf}}</ref>.


* '''Ermida de San Pedro''': no libro de visitas da parroquia, en 1637-1640, faise referencia á confraría desta ermida, que carecía de rendas. Foi primeiro dos veciños, pero nos libros de visitas pastorais de 1770-1777 faise mención a un patrón, Vicente Villar de Francos, veciño da parroquia de [[Dorneda, Oleiros|San Martiño de Dorneda]]. El era o encargado de levar os ornamentos para a celebración da misa, que só se facía no mesmo [[29 de xuño|día de San Pedro]]. Nesa altura deuse orde de non a celebrar máis alí mentres non se arranxase a ermida, cuxo estado era semirruinoso, sen máis adorno que a imaxe do santo nunha caixa e coa porta sen pechadura''.''
* '''Ermida de San Pedro''': no libro de visitas da parroquia, en 1637-1640, faise referencia á confraría desta ermida, que carecía de rendas. Foi primeiro dos veciños, pero nos libros de visitas pastorais de 1770-1777 faise mención a un patrón, Vicente Villar de Francos, veciño da parroquia de [[Dorneda, Oleiros|San Martiño de Dorneda]]. El era o encargado de levar os ornamentos para a celebración da misa, que só se facía no mesmo [[29 de xuño|día de San Pedro]]. Nesa altura deuse orde de non a celebrar máis alí mentres non se arranxase a ermida, cuxo estado era semirruinoso, sen máis adorno que a imaxe do santo nunha caixa e coa porta sen pechadura''.''

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2021 ás 21:10

Veigue
Praia de San Pedro.
ConcelloSada[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°22′31″N 8°17′52″O / 43.3754, -8.2979Coordenadas: 43°22′31″N 8°17′52″O / 43.3754, -8.2979
Poboación421 hab. (2013)
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Comba de Veigue é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 421 habitantes (216 homes e 205 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 328 habitantes.

Xeografía

Praias

  • A praia de Cirro, próxima ao porto de Lorbé, Oleiros, é unha praia semiurbana cun grao de ocupación alto. As súas augas son tranquilas e ten 280 m de longo e 57 m de largura media, coa area fina e branca. Non ten paseo marítimo, pero ten acceso para minusválidos[2].
  • A praia de San Pedro, moi próxima á anterior, é de características moi similares (260 m de longo por 50 m de largo). Non ten acceso para minusválidos e ten un cámping a poucos metros da area[3]
Praia de San Pedro, en Veigue. Ao fondo, o porto de Lorbé.

Cultura

Topónimo

Veigue é un topónimo latino, inda que con orixe prerromana, que se refire á unha chaira cultivada e fértil. A súa aparición deuse entre os séculos X e XIII.[4][5]

Patrimonio perdido

No Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela consérvanse testemuños documentais da existencia de dúas capelas, xa desaparecidas, na parroquia de Veigue, sen que haxa constancia da súa localización exacta[6].

  • Ermida de San Pedro: no libro de visitas da parroquia, en 1637-1640, faise referencia á confraría desta ermida, que carecía de rendas. Foi primeiro dos veciños, pero nos libros de visitas pastorais de 1770-1777 faise mención a un patrón, Vicente Villar de Francos, veciño da parroquia de San Martiño de Dorneda. El era o encargado de levar os ornamentos para a celebración da misa, que só se facía no mesmo día de San Pedro. Nesa altura deuse orde de non a celebrar máis alí mentres non se arranxase a ermida, cuxo estado era semirruinoso, sen máis adorno que a imaxe do santo nunha caixa e coa porta sen pechadura.
  • Capela do Viático: aparece mencionada, nunha visita de 1792, como o lugar onde se levaba o viático aos enfermos.

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. www.mma.es
  3. www.mma.es
  4. Piel, J.M (1947). Nomes de lugar referentes ao relevo e ao aspecto geral do solo. Revista portuguesa de filologia. Vol. I, tomo I (Coimbra). pp. 153–197. 
  5. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  6. Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2014). "Ermidas e capelas desaparecidas na comarca das Mariñas" (PDF). Anuario Brigantino (37): páx. 303. ISSN 1130-7625. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 

Lugares e parroquias

Lugares de Veigue

Lugares da parroquia de Veigue no concello de Sada (A Coruña)

A Besta | O Chan da Agra | Chan da Aldea | Cirro | Creba o Carro | O Cruceiro | A Faramenga | A Fraga | Os Lagos | Lapa | A Ortiga | O Quintán | San Pedro | Soutilo | A Valexa

Parroquias de Sada

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sada

Carnoedo (Santo André) | Meirás (San Martiño) | Mondego (San Xián) | Mosteirón (San Nicolao) | Osedo (San Xián) | Sada (Santa María) | Soñeiro (San Xián) | Veigue (Santa Comba)

Véxase tamén

Outros artigos