A revolta dos animais: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Etiqueta: Revertida
Liña 65: Liña 65:


=== Significado ===
=== Significado ===
[[Ficheiro:Animal_Farm_Flag_2.svg|200px|miniatura|dereita|Bandeira do [[pezuño]] e o [[corno]].]]
[[Ficheiro:Animalism_flag.svg|200px|miniatura|dereita|Bandeira do [[pezuño]] e o [[corno]].]]


Orwell satiriza o réxime soviético de Stalin representado a través dos animais da granxa. Así, moitos dos personaxes da obra teñen a súa correspondencia en personaxes históricos:
Orwell satiriza o réxime soviético de Stalin representado a través dos animais da granxa. Así, moitos dos personaxes da obra teñen a súa correspondencia en personaxes históricos:

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2021 ás 04:05

A revolta dos animais. Unha historia fantástica
Título orixinalAnimal Farm
Autor/aGeorge Orwell
OrixeInglaterra
Linguainglés
Tema(s)ficción, política
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Positivas (1992)
Data de pub.1945
ISBN978-84-87783-13-9
TraduciónAntón López Dobao
editar datos en Wikidata ]

A revolta dos animais. Unha historia fantástica é unha novela satírica de George Orwell publicada en 1945 co título orixinal en inglés de Animal Farm. Foi traducida ó galego en 1992 por Antón López Dobao, e en 2010 por Fernando Moreiras co título A granxa dos animais.

Circunstancias e temática

Na granxa do señor Jones, os animais non están contentos co seu tipo de vida e planean unha rebelión encabezada polos porcos. Unha noite os animais levántanse en armas e expulsan ós humanos creando un sistema de autogoberno, pero que acaba converténdose nunha tiranía brutal.

A novela foi escrita durante a Segunda guerra mundial e, aínda que foi publicada en 1945, non comezou a ser recoñecida ata finais da década de 1950. Constitúe unha crítica velada da Revolución Rusa e unha sátira sobre a corrupción do socialismo soviético nos tempos de Stalin.

Ademais, a obra constitúe unha análise sinxelo á vez que formidable da corrupción que crea o poder en calquera nivel. Así, a obra posúe un dobre nivel de profundidade, o que fai posible que a mensaxe transcenda o caso particular do réxime soviético, e sexa captado incluso por nenos que nin sequera coñecen a historia da Unión Soviética. Isto conseguiu que o libro sexa utilizado como ferramenta educativa mesmo nos primeiros anos da escolaridade.

Personaxes

Porcos:

  • Major: é un sabio que quería que os animais viviran dignamente.A rebelión dos animais baséase nas súas ideas, e deixas a luz antes de morrer.
  • Napoleón: é ambicioso quere ser o líder dos animais, aínda que os enganaba facéndoos pensar o contrario.
  • Snowball: é tamén ambicioso pero Napoleón encárgase del, e tamén engana aos demais facendo pensar que é un traidor.

Cabalos e o burro

  • Boxer e Clover: cabalo que traballa moito e pensa pouco.
  • Mollie: é unha egua caprichosa á que só lle importan as súas fitas e o azucre.
  • Benjamin: Burro escéptico, amigo de Boxer.

Outros personaxes

  • O Granxeiro Jones: Dono da granxa Manor.
  • Os cans: son malos e convértense nos "soldados" de Napoleón.
  • Moisés o corvo: o preferido de Jones.
  • As pombas: son importantes, xa que levan noticias as outras granxas, e novas ideas. Son un bo promotor.

Argumento

Os animais da granxa Manor, alentados no seu día polo vello porco Major, que antes de morrer explicou a tódolos animais a súa visión, levan a cabo unha revolución na que conseguen expulsar ó señor Jones e crear as súas propias regras, que escriben nunha parede. Ó longo da novela efectúanse certos cambios nos Sete Mandamentos, que "xustifican" as medidas que toma Napoleón. Velaquí se ben as normas orixinais e os cambios introducidos:

  1. Todo o que camiñe sobre dúas pernas é un inimigo. "Catro patas bo, dúas pernas malo."
  2. Todo o que camiñe sobre catro patas ou teña ás é amigo. "Catro patas bo, dúas pernas malo."
  3. Os animais non deben usar roupa.
  4. Ningún animal debe durmir nunha cama con sabas.
  5. Ningún animal beberá alcol en exceso.
  6. Ningún animal matará a outro animal sen causa.
  7. Tódolos animais son iguais (pero algúns animais son máis iguais ca outros).

Ó principio a granxa é máis próspera que cando o señor Jones a administraba, pero co paso do tempo, os porcos, que se autoerixiran como líderes por ser máis intelixentes, empezan a abusar do seu poder e manipulan os mandamentos ó seu favor. Dous destes porcos, Snowball e Napoleón, móstranse como líderes, pero empezan a mostrar diferenzas que acaban cando Napoleón lanza ós cans contra Snowball, que escapa da granxa. A partir dese momento Napoleón se erixe como único líder, mantendo a tódolos animais baixo a súa ditadura mediante a ameaza dos cans, e pouco a pouco os porcos acaban adoptando tódolos defectos do home polos que no seu día iniciaron a revolución, ata que o único mandamento que queda escrito é:

Tódolos animais son iguais, pero algúns son máis iguais ca outros.

Significado

Bandeira do pezuño e o corno.

Orwell satiriza o réxime soviético de Stalin representado a través dos animais da granxa. Así, moitos dos personaxes da obra teñen a súa correspondencia en personaxes históricos:

  • Mayor representaría a Lenin por ser o ideólogo da revolución, pero polo carácter tranquilo e pola idea orixinal que este personaxe posúe, podería corresponder a Karl Marx, tendo en conta ademais que a revolución se produce despois da morte de Mayor.
  • O señor Jones sería Nicolao II de Rusia.
  • Napoleón, coas súas medidas para administrar a granxa (apropiadas de Snowball) que servirán para levar a esta á prosperidade, aínda que esta só mellorará a súa propia situación e a dos demais porcos; e a súa política de restrición de liberdades, representa a Stalin.
  • Snowball sería Trotski, líder militar que posteriormente se ve obrigado a exiliarse da granxa. Unha vez establecido o poder de Napoleón, todo animal considerado perigoso sería executado baixo a acusación de ser seguidor de Snowball.
  • Boxer, o cabalo, sempre convencido de traballar máis, e traizoado a pesar de todo, representaría ó proletariado ou ao mineiro Alekséi Stajánov.
  • As ovellas, analfabetas e acríticas co réxime, personifican ó campesiñado.
  • O corvo Moses representa á Igrexa Ortodoxa, fala do ceo dos animais e recibe trato de favor dos humanos, xa que cumpre unha labor de aborregamento.
  • O burro Benjamin representa á clase intelectual, que é consciente das manipulacións pero non toma partido, limitándose a observar sen intervir.
  • Os cans representan á policía secreta e a súa brutalidade.
  • O porco Mínimus, o poeta, representa a Vladimir Maiakovski.
  • A bandeira do pezuño e o corno é análoga á bandeira soviética da fouce e o martelo.

Tamén mostra dun modo moi cru a relación entre animais e seres humanos, dándolle ós últimos unha personalidade, e poñéndoos ó mesmo nivel intelectual e racional có home, para lograr representar a brutalidade sufrida por eles.

Adaptacións

O título orixinal en inglés é Animal Farm, pero a obra foi traducida de modo non literal ás diversas linguas. Axustáronse ó orixinal a edición alemá (Farm der Tiere), francesa (La ferme des animaux), neerlandesa (Dierenboerderij), italiana (La fattoria degli animali) e sueca (Djurfarmen). En danés Kammerat Napoleon) e noruegués (Kamerat Napoleon) centráronse no personaxe de Napoleón ("O camarada Napoleón").

En castelán é Rebelión en la granja ou granja de los animales. En finés Eläinten vallankumous ("rebelión dos animais"). En portugués traduciuse como O Triunfo dos Porcos en Portugal e como A Revolução dos Bichos no Brasil. En éuscaro, é Abereen Etxaldea. En catalán, La revolta dels animals e La rebel·lió dels animals.

Foi levada ó cine como Animal Farm por Joy Batchelor e John Halas. É fiel ó relato orixinal do libro, pero muda o final, xa que a película termina nunha rebelión en contra dos porcos e principalmente en contra de Napoleón executada por parte do resto dos animais comandados polo burro Benjamin.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Orwell, George: A revolta dos animais. Unha historia fantástica (Edicións Positivas, 1992)
  • Orwell, George: Animal Farm (Harmondsworth: Penguin Books, 1951/1978 39ª impresión)

Ligazóns externas